Os premios Manuel Beiras destacaron as vantaxes da lingua galega para as empresas para distinguirse nun mundo globalizado
Dinahosting, a Revista Pincha e a zapataría Moksín foron as gañadoras dos premios Manuel Beiras na 21ª edición dos galardóns, convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio para recoñecer o uso do galego no ámbito empresarial
A Audiencia Nacional absolve as 12 integrantes de Causa Galiza e Ceivar e di que o independentismo merece "protección constitucional"
A sentenza nega que as dúas organizacións teñan como finalidade o enaltecemento de Resistencia Galega ou a xustificación das accións levadas a cabo por este grupo ou por algún dos seus membros. Ademais, rexeita a súa disolución, como pedía a Fiscalía, deixando sen efecto todas as medidas cautelares impostas contra ambas.
O persoal de Gamesa mantén as mobilizacións ante a incerteza polo futuro da planta das Somozas e corta a autovía AG-64
A pesar do contexto favorable no sector eólico, o comité de empresa denuncia que "a día de hoxe non hai confirmación de novos pedidos. Na actualidade 240 persoas traballan na fábrica, despois da destrución de 59 postos de traballo hai unhas semanas
Erimsa solicita extraer cuarzo doutras 1.160 hectáreas de uso agrícola en Frades tras autorizarlle a Xunta 200 en Mesía hai un ano
A empresa di que só actuará previo acordo cos propietarios, aos que alugará ou mercará as terras, e a un ritmo co que ocupará 39 hectáreas cada ano durante 30 anos
María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020
A editorial fixo públicos este venres os seus galardóns de novela, literatura xuvenil e obra infantil.
O Museo de Pontevedra faise coa propiedade do 'Álbum Nós' de Castelao
A emblemática obra pasa a formar parte dos fondos da institución provincial en propiedade logo de dispoñer delas en depósito os últimos cinco anos, tras un acordo cos propietarios, dos que non se farán públicos os nomes.
O Sergas designa nova responsable de Epidemioloxía meses despois da xubilación prevista do anterior
Raquel Zubizarreta, ata agora responsable dos programas de cribado de doenzas, substitúe a Xurxo Hervada, que levaba no cargo dúas décadas
Salvemos O Iribio espera que a sentenza que anula o parque eólico sente "precedente xurídico" na defensa de espazos naturais
A plataforma, da que forman parte ADEGA, Fundación Oso Pardo, Petón do Lobo, Sociedade Galega de Ornitoloxía ou Verdegaia, sinala que o ditame podería condicionar a aprobación de novas instalacións proxectadas en espazos da Rede Natura
- Vídeo
- Cultura
De Verónica Boquete a Baiuca ou Andrés Goteira, vídeos que amosan as "novas voces para a lingua"
A Real Academia Galega e a Universidade de Santiago impulsan un proxecto audiovisual protagonizado por mozos e mozas que son exemplo da Galicia con máis talento e que empregan o galego en todos os contextos da vida, da creación e do desenvolvemento profesional
O Goberno central aproba á fin o estatuto para a industria electrointensiva e a Xunta di que "chega tarde"
O documento prevé bonificar a industria de elevado consumo eléctrico ata o 85% dos cargos da factura eléctrica. O Executivo galego critica a tardanza na aprobación e que se fixese "sen consenso".
De 'Lúa Vermella' aos encontros con cineastas: unha ducia de razóns para achegarse a Novos Cinemas
Este martes comeza en Pontevedra unha nova edición do festival Novos Cinemas, que se desenvolverá de forma simultánea no Teatro Principal e o Museo Provincial e online a través de Filmin. Velaquí algunhas das citas máis destacadas do certame, que ata o domingo proxectará 25 filmes e ofrecerá 20 títulos a través da rede
Das paisaxes d'O que arde ao castelo de Doiras: en bici polos tesouros da Montaña lucense
A Deputación de Lugo promove dez rutas de montaña por Navia de Suarna, A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais e Cervantes