A Filmoteca de Galicia reabre as portas despois dun ano de peche por obras e aínda sen dirección
O antigo CGAI recupera a súa actividade expositiva tras a reforma que serviu para modernizar a cabina de proxección e a sala José Sellier, unhas obras previstas para dous meses que se alongaron ata case un ano. Porén, segue sen cubrir a praza de director ou directora, tres anos despois da xubilación do seu último responsable, Guillermo Escrigas
A Noite Galega das Persoas Investigadoras: 70 actividades nas sete cidades para "conectar a cultura científica coa sociedade"
Este venres celebrarase a segunda edición desta iniciativa europea, que levará á rúa a 400 investigadores e investigadoras das universidades galegas, que realizarán obradoiros, charlas, visitas guiadas e experimentos en mais de 30 localizacións
Sexta remuda na presidencia de RTVE mentres o director da CRTVG segue con mandato indefinido desde 2009
José Manuel Pérez Tornero dimitiu este luns como máximo dirixente da Corporación dos medios públicos en España. Sánchez Izquierdo leva máis de trece anos á fronte da CRTVG.
Compañías de Arxentina, Uruguai, Ecuador, Perú ou Italia traen as súas montaxes ao Festival Galicreques
Formacións internacionais traerán as súas montaxes ao Galicreques do 8 ao 16 de outubro, que estreará unha obra da galega Cinema Sticado xunto á turca Tiyatro Eksen, en coprodución co Centro Dramático Galego
A ultradereita obtén unha ampla maioría nas eleccións italianas coa abstención máis elevada das últimas décadas
Giorgia Meloni, líder de Fratelli d'Italia foi a gran triunfadora, con máis do 26% dos votos, e xunto á Lega e a Forza Italia disporá de maioría absoluta nas dúas cámaras. O Partito Democrático ficou por debaixo do 20% e o Movimento 5 Stelle, malia a súa leve recuperación na campaña electoral, caeu ata o 15%.
A Deputación de Lugo celebra o 110 aniversario da primeira interpretación do himno en Galicia cun caderno coa súa historia
A Vicepresidencia do ente provincial distribuirá un caderno coa historia e versión orixinal da peza, que soou por primeira vez en territorio galego o 17 de setembro de 1912 en Mondoñedo, coincidindo coa traslación dos restos mortais de Pascual Veiga á súa vila natal.
Caravana reivindicativa na AP-9 para reclamar un servizo de transporte público "digno" na comarca de Ferrol
A plataforma Transporte Digno para Ferrol e Comarca reclama “máis frecuencias, mellores horarios e máis prazas” nos autobuses metropolitanos
Fuxan os Ventos, galardoado co premio honorífico dos Martín Códax no 50 aniversario do grupo
O recoñecemento entregarase na gala que se celebrará o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde tamén se proxectará un vídeo con entrevista e homenaxe á banda. Ademais, dende o 22 de outubro o Vello Cárcere de Lugo acollerá unha exposición que percorre as cinco décadas de historia da formación
Rueda anuncia nun foro de La Voz e Abanca que duplica a rebaixa de impostos á poboación máis rica
🔊Fálase | A conciliación é mentira e historias da mocidade de Lugo
No primeiro episodio da segunda temporada do podcast informativo de Praza.gal achegámonos aos malabares das familias para conciliar no inicio do primeiro curso 'normal' tras a COVID, escoitando varios testemuños e conversando con Sabela Losada, politóloga experta en igualdade e en políticas de coidado con enfoque de xénero. Con VINTE coñecemos o que se está a mover en Lugo a través de moitas historias da súa xente moza
Gandeiros irlandeses aprenden sobre o desenvolvemento do sector nas cooperativas agroalimentarias galegas
A delegación da Sociedade Irlandesa de Organizacións Cooperativas veu para coñecer as prácticas que as cooperativas galegas empregan para incentivar a incorporación de persoas mozas e de mulleres
O Maré congrega músicas de raíz en diferentes linguas no comezo do outono en Compostela
O festival de músicas e artes atlánticas aposta pola creación feminina e da mocidade, a experimentación, as novas linguaxes artísticas e a diversidade cultural con 35 propostas do 21 ao 25 de setembro en Santiago