- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra un diagnóstico de coronavirus nas últimas 24 horas, e só 22 nas últimas dúas semanas
Este sábado non se rexistraron novos falecementos. O Sergas contabiliza 351 casos activos; deles, 343 están en seguimento nos seus domicilios e os outros oito corresponden aos pacientes ingresados nos hospitais.
Caballero reivindícase como "o cambio con garantías" e di que “os que recortaron servizos públicos non poden pilotar a reconstrución”
Na presentación das candidaturas do PSdeG-PSOE, o candidato socialista promete que un goberno progresista “esclarecerá todo o ocorrido nas residencias de maiores” de Galicia, onde faleceron 132 persoas sen hospitalización
Pontón acusa a Feijóo de "poñer medallas" pola fin do estado de alarma, “que é froito do traballo da sociedade galega”
O BNG celebrou este domingo en Compostela un acto de reencontro coa súa militancia que serviu tamén en certa forma para dar inicio á súa precampaña de cara ás eleccións do 12 de xullo
A Mariña volve manifestarse de forma masiva en defensa dos postos de traballo de Alcoa
Máis de dez mil persoas mobilizáronse este domingo en Foz, segundo a Policía Local, baixo o lema de "A Mariña sálvase loitando". A marcha foi acompañada dende o mar por varias embarcacións, que fixeron soar as súas buguinas e que tamén amosaron faixas de apoio.
Marea Galeguista presenta a súa candidatura reclamando unha nova normalidade "máis xusta e sostible"
A coalición ten a Pancho Casal como número 1 pola provincia da Coruña. Peque González é a número 1 por Pontevedra, Iván R. Lombardero encabeza a lista por Lugo e Milagros Corral lidera a lista por Ourense. Casal amosouse convencido de que a Marea Galeguista vai ser “decisiva para un goberno de transición a una nova normalidade máis xusta e sostible”
Os concellos pídenlle á Xunta "directrices concretas" para a organización das festas de verán
A Fegamp reclama instrucións precisas para que as feiras e verbenas se poidan celebrar con seguridade. Os gobernos locais están xa a traballar na organización de eventos espallados e nos que se eviten grandes aglomeracións.
A Feira do Libro de Santiago convértese no primeiro grande evento cultural que regresa despois do impacto da pandemia
Celebrarase na Alameda entre este sábado 13 e o domingo 21 de xuño. Na feira, que contará con importantes medidas de seguridade para evitar a posibilidade de contaxios, participan cinco librarías e unha editorial e por ela pasarán ao redor de 40 autores e autoras para asinar obras.
'As Mulleres que Opinan' mantén a súa edición 2020: "non era o momento de renunciar a facer este encontro"
O foro, que conta co apoio da Deputación e do Concello de Pontevedra, desenvolverase de forma telemática o 26 e 27 de xuño. Oito relatoras amosarán a súa visión sobre a situación das mulleres nos medios de comunicación. Xornalistas Galegas presentarán o estudo 'As mulleres na opinión: un elefante rosa no medio das redaccións'
Unha praga de pulgas obriga a desaloxar unha área do Hospital Álvaro Cunqueiro
Os pacientes dunha zona da segunda planta do complexo tiveron que ser trasladados tras descubrirse a presenza destes insectos o pasado sábado.
Alcoa insiste na inviabilidade da planta de aluminio pero o comité confía nas propostas de Xunta e Estado
A multinacional teima en que o problema da factoría da Mariña é "permanente" e irreversible e négase mesmo a valorar unha venda. O persoal considera positiva a actitude dos gobernos central e autonómico: "Se cumpren, salvámola".
A Xunta inxecta un millón de euros en varios medios a través de Turismo para publicitar accións sobre o coronavirus ata xullo
Os vinte e dous convenios, asinados pola Axencia Turismo de Galicia o pasado maio con outras tantas empresas editoras de medios de comunicación, suman 1,1 millóns de euros procedentes da partida "promoción e difusión do turismo". Estes convenios foron rubricados e están en vigor á marxe doutras accións de comunicación e publicidade institucional sobre o coronavirus, caso dun contrato de 394.000 euros da Secretaría Xeral de Medios
A Mariña volve saír en masa á rúa en defensa do emprego en Alcoa
Viveiro acolle unha multitudinaria marcha tras a celebrada o sábado en Xove