Aforro enerxético ou loita contra as pandemias, entre os problemas aos que busca solucións un encontro internacional sobre software libre en Vigo
O Congreso esLibre inclúe tamén debates e conferencias sobre a situación actual do movemento do software libre en Galicia
'El Correo Gallego' pide a súa liquidación tras o que o Colexio de Xornalistas considera unha "nefasta xestión empresarial"
Un xulgado inicia o concurso de acredores da empresa editora do xornal, a Editorial Compostela, e di que a sociedade presentou unha “proposta escrita vinculante de adquisición” por parte doutra empresa, mentres que o CPXG reclama que se priorice ao persoal no cobro das débedas
'Estación Visual A Coruña': recrear e amosar como era hai milleiros de anos o espazo da actual cidade
O proxecto de reconstrución virtual do pasado da actual urbe herculina inicia unha campaña de microfinanciamento para completar a web na que amosarán os cambios xeolóxicos da península coruñesa a través do tempo, e tamén as súas edificacións en 3D en diferentes épocas, desde o Paleolítico inferior ata o final do período romano
Tanxugueiras, reivindicacións sanitarias e chuvia nun San Xoán no que se prega respectar as praias
Será un día con ceos nubrados e precipitacións máis intensas pola tarde no leste de Galicia; xa contra a noite, estas chuvias afectarán máis ao litoral occidental. Nesta xornada de celebración varios colectivos demandan á poboación civismo e respecto ao medio natural, especialmente nas praias. Ademais, o trío de pandeireteiras publicarán esta medianoite unha nova canción.
🔊 Fálase | O viaduto
Neste episodio do Fálase poñemos contexto á derruba no viaduto da A-6 ás portas de Pedrafita para tentar entendelo mellor e tirar fíos sobre o que pode acontecer. Ademais, co enxeñeiro e profesor Manuel Herrador coñecemos máis sobre este tipo de viaduto, os seus problemas máis habituais e a importancia da transparencia nas pescudas como as que agora se inician na A-6
Pontón sinala a residencia de maiores de Ribadeo como modelo do BNG fronte "un goberno do PP que mira a outro lado"
No marco dunha ampla axenda en clave local, centrada nestes días na provincia de Lugo, a portavoz nacional do BNG sinala que a residencia da vila mariñá, impulsada polo Concello coa Deputación lucense, supuxo "unha declaración de principios de como se poden poñer os dereitos das persoas maiores por diante do negocio"
Todos os libros editados pola RAG dende 1906, dispoñibles xa na rede: 37 mil páxinas encabezadas polo seu primeiro dicionario
A Real Academia Galega anuncia que completou a dixitalización da totalidade de obras editadas pola institución dende a súa fundación. Son 177 títulos que se poden descargar libremente, entre os que destaca o Diccionario gallego-castellano elaborado por César Vaamonde Lores e que foi publicado en fascículos
O Surfing the Lérez regresa con máis de trinta actuacións ao vivo na romaría urbana de Pontevedra
O Surfing the Lérez regresa á Illa do Covo de Pontevedra despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia. Do 23 ao 25 de xuño haberá música en directo, actividades para as crianzas e postos gastronómicos nesta romaría urbana
A Xustiza da UE conclúe que a condena española á aseguradora do Prestige non pode ser bloqueada por unha arbitraxe no Reino Unido
O tribunal comunitario foi consultado por outro británico, que agora deberá resolver sobre a execución da condena por 900 millóns de euros que vén reclamando España
O PP acada a maioría absoluta en Andalucía
Os populares gañan en todas as provincias, obteñen 58 escanos e poderán gobernar en solitario. O PSOE perde tres representantes e os partidos á esquerda dos socialistas caen de 17 a 7. Vox gaña dous e Ciudadanos desaparece do Parlamento.
A primeira marcha tras a anulación da prórroga de ENCE declara a "morte" da pasteira na ría: "Xa é pasado"
Máis dun milleiro de persoas marchan "en defensa da ría" nunha mobilización "especial" e "optimista" na que instan a "loitar polo futuro", convencidas de que a marcha da factoría será un feito axiña.
Formoso pide ao BNG "non facer política" co viaduto caído e Pontón denuncia o "pacto de silencio PP-PSOE"
O líder do PSdeG reclama "rigorosidade" ao Bloque porque "non todo vale". A portavoz nacional da formación nacionalista acusa a socialistas e populares de "protexer intereses partidistas e empresarias".