Un escenario do Son do Camiño derrúbase durante a montaxe e fere seis operarios
A Xunta confirma media ducia de traballadores feridos, dous deles graves, ao caer a estrutura que estaban a montar no compostelán Monte do Gozo, onde se desprazou un amplo dispositivo de emerxencias
Da Muralla ao circo: a guía para percorrer Lugo no regreso ao grande do Arde Lucus
O groso das arredor de 400 actividades do Arde Lucus 2022 concéntranse no recinto amurallado e a súa contorna, con especial protagonismo para as asociacións que recrean o pasado romano e castrexo da cidade. Consulta aquí o mapa e o programa enteiro para non perder nada
Fálase | O autogoberno que nos prometeran e familias que acollen
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos as promesas en materia de autogoberno coas que Feijóo e Rueda chegaran á Xunta ao fío da reactivación do debate polas competencias sobre o litoral. Ademais, ao fío do Día do Acollemento Familiar, atendemos ás voces de familias de acollida e das asociacións e profesionais que as apoian
- 📺
- Acontece
Transportes apunta como causa da caída da ponte na A-6 a posibles eivas ocultas
O director xeral de Estradas do ministerio di que o sucedido "non ten antecedentes" e o delegado do Goberno de España en Galicia pide “paciencia e prudencia” ante o desvío do tráfico pola N-VI en Pedrafita, que “levará tempo”
Javier Cercas, Manuela Carmena ou Manuel Jabois, na 'Cidade de libro' de Vilagarcía, que lembrará a Domingo Villar
Unha das citas obrigadas desta feira, que se celebrará do 13 ao 19 de xuño, son as 'Conversas ao Solpor'. Ao redor dunha temática central varios autores e autoras debaterán coa moderación da xornalista Susana Pedreira. A primeira estará centrada na "xestión emocional" e nela participarán Marcos Lorenzo e Ángel Martín
'Lugo quere tren': a campaña pola mellora dos servizos ferroviarios pon o foco na conexión directa con Santiago
O BNG entregou este martes no Ministerio de Transportes as sinaturas recollidas na campaña 'Lugo quere tren' , que reclama a posta en marcha da variante de Parga, a conexión coa zona norte da provincia e a conexión directa por ferrocarril entre Lugo e Compostela
A inmersión no periplo dos refuxiados do cineasta Alejandro González Iñárritu chega á Cidade da Cultura
A instalación inmersiva de realidade virtual sobre as migracións contemporáneas 'Carne y Arena', creada polo cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu, pódese experimentar no Museo Centro Gaiás do 1 de xullo ao 18 de setembro por quendas de tres persoas
Liberadas tres mulleres e detidas 14 persoas nunha operación contra a explotación sexual na provincia de Pontevedra
A rede criminal captaba mulleres con dificultades económicas no Brasil para logo explotalas en pisos de citas e clubs de alterne en varias localidades pontevedresas.
Bota andar o Foro Identidade e Disidencias Sexuais no Consello da Cultura para ″actualizar″ as necesidades das persoas LGBTIQ
O foro, coordinado por Carme Adán desde o Consello da Cultura, nace co obxectivo de acadar un informe ″onde plasmar a situación da poboación LGBTIQ" en relación coa "participación pública, educación, seguridade, eido laboral, territorio, servizos sociais, pensamento, cultura, memoria, diversidade social e violencias″
A Xunta é condenada por prohibir ás farmacias de Pontevedra vender medicamentos hospitalarios para uso en animais
O Goberno galego leva unha década sen desenvolver un decreto estatal que o regule e agora é condenada a facelo en seis meses polo prexuízo que a súa inacción está a ter no benestar dos animais e nos dereitos das persoas afectadas
A SELIC volve encher Compostela de libros con nove días de actividades e unha homenaxe a Domingo Villar
O Festival da Lectura da capital de Galicia, que chega á súa sexta edición, comezará o 10 de xuño e ata o día 19 incluirá presentacións, roteiros e mesmo música da man de Santiago Auserón. Así mesmo, levarase a cabo unha lectura aberta dalgunhas das obras de Villar, recentemente falecido
- Galería Sector eólico
- Movementos sociais
Douscentos colectivos de toda Galicia maniféstanse en Santiago por unha alternativa ao desenvolvemento “caótico” da enerxía eólica
Reclaman un modelo enerxético que teña en conta ás comunidades locais e a preservación da natureza e non só ás grandes empresas