Dime en que diocese vives e direiche como te apelidas
Unha tese presentada na USC acha en Galicia cinco grandes rexións con características moi definidas en canto aos apelidos máis comúns e que se corresponden de forma relevante coas divisións eclesiásticas. As rexións descubertas son consecuencia de “relacións estreitas e duradeiras no tempo entre os poboadores que habitaban estas áreas”, destaca María José Ginzo Villamayor.
A rebelión na Medicina Interna insiste na "sobrecarga", na escaseza de persoal e na "precariedade" no Sergas
Internistas piden unha reunión coa Xunta e advirten de mobilizacións e mesmo folga tras rexeitar o acordo que a Consellería anunciou cos xefes de servizo e os contratos con mobilidade. "Fan falta máis profesionais", aseguran.
'Cigarreiras', de Cándido Pazó, triunfa nuns Premios María Casares moi repartidos
O espectáculo de Contraproducións e Teatre Romea faise con tres galardóns (espectáculo, dirección e escenografía), mentres que Belén Constenla e Eduardo R. Cunha ‘Tatán’ levan os premios ás interpretacións protagonistas por Terceiro acto, do CDG. Hugo, de Os Náufragos Teatro, foi o mellor espectáculo infantil e A parábola do angazo, de Talía Teatro, foi recoñecida como o mellor texto orixinal.
Pontón e Formoso reclaman un modelo eólico con participación pública fronte á "especulación" privada
A líder do BNG defende que non só a Xunta senón tamén os concello poidan impulsar proxectos e o do PSdeG propón que unha axencia pública lidere as iniciativas enerxéticas estratéxicas
Galicia participa no AI Song Contest, o 'festival de Eurovisión' das cancións escritas a través de intelixencia artificial
A melodía de 'AI-LALELO' está feita a partir da copla popular A Costureira, a partir da cal o propio ordenador xerou diferentes liñas melódicas. O equipo traballou durante catro meses para chegar ao resultado final, comezando por lograr que a computadora aprendese a falar galego e a compoñer a partir dunha achega de 400 cantigas do arquivo dixital Volai-vai.
🔊 Fálase | Sen médicos no centro de saúde e olladas á Coruña queer
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos as causas e consecuencias da falta de persoal médico en Atención Primaria e con VINTE achegámonos ás historias da mocidade LGBTIQ+ no comezo do mes do Orgullo
A primeira declaración de bens de Feijóo en Madrid reflicte que é accionista de Inditex e investidor con Abanca
O ex-presidente informa o Senado de que posúe 2.500 accións de Inditex por valor de 51.050 euros e dun fondo de investimento en Abanca por 481.500 euros. Declara vivendas en Vigo e Madrid e, ao contrario que en 2020, xa non inclúe unha vivenda en Moaña nin un préstamo inmobiliario pendente de pagamento
Volve 'Youtubeiras': seis anos ampliando o espazo para a creación en galego na rede
O lema desta sexta edición é "Para rede, a nosa", que simboliza "o orgullo de termos unha rede de creadoras e creadores que xeran contidos en Youtube e noutras plataformas". Entre as novidades, un catálogo de youtubeiras e youtubeiros para propiciar unha comunidade máis consolidada e ofrecerlle ao público un lugar de referencia na procura de contigo dixital en galego
'As mulleres que opinan son perigosas' celebra cinco anos creando "redes de mulleres que reclaman o seu espazo"
A quinta edición do encontro terá lugar en Pontevedra os días 10 e 11 de xuño. O foro racha a súa norma de non repetir participantes e entre as 18 convidadas están cinco xornalistas que xa estiveron na primeira edición e que farán balance do camiño percorrido. Ademais, estarán Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Ángeles Caballero, Marta García Aller ou Luz Sánchez Mellado
A salvo os 11 tripulantes dun pesqueiro de Marín á deriva no Gran Sol
Salvamento Marítimo sinala que rexistrou unha vía de auga a 64 millas de Irlanda
A Festa da Carballeira volve a Zas "con máis forza ca nunca" despois de dous anos sen foliadas pola pandemia
A Asociación Cultural Castro-Meda recupera a Festa da Carballeira de Zas despois de dous anos sen celebracións pola pandemia. Todo preparado para a fin de semana do 12 e o 13 de agosto
A Universidade de Vigo instala dispensadores de tampóns e compresas de balde nas súas facultades
A institución convértese en pioneira coa colocación nos centros dos seus tres campus de 25 máquinas que expenden produtos de xestión menstrual, unha medida adoptada en Escocia nos últimos anos e que se incluirá na futura Lei de Dereitos Sexuais e Reprodutivos.