O vínculo da veciñanza do lado portugués da raia co seu patrimonio móstrase no documental 'A festa do emigrante'
A relación entre o patrimonio e as persoas que o habitan centra o proxecto documental 'A festa do emigrante', dirixido por Sara Traba a partir dos traballos de investigación dun grupo de arqueólogos da Universidade de Santiago liderados por Rebeca Blanco-Rotea
A calidade do aire é "mala" na meirande parte de Galicia este xoves e venres pola chegada de po do Sáhara
O fenómeno comezará a percibirse este mércores no sur e no leste, nun contexto meteorolóxico marcado polo vento do sur, a calor e a posibilidade de treboadas no interior.
🔊Fálase | Os millóns perdidos nas caixas e novas xeracións para a música galega
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, escoitamos o que nos contaron as autoridades sobre o rescate bancario hai agora dez anos e lembramos o impacto que tivo nas caixas galegas, falando tamén con Noa Presas (BNG) e Pablo Arangüena (PSdeG), membros da paralizada comisión de investigación sobre a desaparición de Caixanova e Caixa Galicia. Ademais, con VINTE, escoitamos moitas músicas que arrecenden a verán, anotamos varias festas na axenda e coñecemos a historia de dúas mozas ucraínas acabadas de chegar á Coruña
A patronal eólica advirte da perda de 1.600 empregos e ve "inaudito" mobilizarse contra o sector
A Asociación Eólica de Galicia alerta dunha "parada" e crise eólica en Galicia que "non lle preocupa a ninguén" e rexeita as protestas contra a proliferación de parques, "máis no actual contexto de absoluta dependencia enerxética".
O cine fantástico e os videoxogos únense no FanCine da Ribeira Sacra
O evento presentou este martes a programación da súa oitava edición, que se celebrará do 6 ao 10 de xullo en diversos espazos de Monforte de Lemos, Sober e A Pobra do Brollón. O festival celebrará o 20 aniversario da película Resident Evil e o 40 aniversario de Tron.
O PP impide tramitar as leis propostas por BNG e PSdeG en igualdade e coidado dos maiores
A proposta de lei de residencias de maiores do BNG e a proposición do PSdeG para asegurar a participación equilibrada de mulleres e homes na Administración foron bloquedas pola maioría absoluta do PP no Parlamento
As minas de San Finx ou o Estuario da Foz, en Nigrán, sinalados con 'bandeira negra' por contaminación
Ecoloxistas en Acción advirte nun novo informe sobre a mala situación de varias zonas do litoral galego.
O Centro de Atención a Maiores construído durante a pandemia en Becerreá acollerá unhas 90 persoas
O edificio foi concibido con vistas á contorna natural e combina a área residencial con terrazas exteriores, cubertas e zonas axardinadas
As denuncias por violencia machista aumentaron un 18% en Galicia no primeiro trimestre de 2022
Os xulgados galegos recibiron case 1.700 denuncias por violencia de xénero fronte ás 1.434 do primeiro trimestre de 2021.
A iniciativa 'Toponimízate' redobra o esforzo nos concellos onde os nomes de lugar corren maior risco de se perder
A acción de divulgación da toponimia galega impulsada por RAG e Xunta presentou as súas actividades para este ano, que chegarán a 17 localidades, nomeadamente nos seus centros de ensino. Dende o 2019 a participación da cidadanía a través da plataforma 'Galicia Nomeada' permitiu recuperar 43.000 topónimos.
'Galeusca pola diversidade linguística e cultural': Semente, Ikastolen Elkartea e La Bressola reclaman a fin das restricións das linguas no ensino
As entidades educativas Semente (Galicia), Ikastolen Elkartea (Euskal-Herria) e La Bressola (Catalunya Nord) asinan unha declaración que recupera o "pacto solidario trinacional" de 1923 para reclamar unha "soberanía educativa plena" e o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
Carlos Callón publica o 'libro negro' do galego, que evidencia os 500 anos de represión contra a lingua
O historiador e filósofo analiza na súa última obra multitude de documentos ata agora descoñecidos sobre as forrmas de represión contra o idioma. "O sorprendente é que despois deste tempo está vivo", di.