Marín, Moaña, Cangas, o Condado e Baixo Miño: o deterioro da Atención Primaria multiplica as mobilizacións no sur do país
Este domingo estaban convocadas manifestacións simultáneas en Marín, Moaña e Cangas para alertar da falta de persoal sanitario, aínda que finalmente a chuvia obrigou a aprazalas. A de Marín terá lugar o vindeiro domingo 20. Estas mobilizacións únense ás que dende comezos de ano se veñen realizando no Rosal, Tomiño, Tui, A Guarda ou Ponteareas, nunha área sanitaria de Vigo que sofre os maiores problemas.
A animación galega volve amosar o seu potencial cos Goya a mellores longa e curtametraxe
Chelo Loureiro obtén o galardón por Valentina, o seu filme sobre unha nena con síndrome de Down
Suba das pensións mínimas e revalorización co IPC, demandas do movemento pensionista, que se manifesta en Ribadeo e Cangas
As marchas, convocadas por MODEPEN, apostan por blindar o seu carácter público, piden que non haxa pensións por debaixo do limiar da pobreza, eliminando a fenda de xénero e aumentanto a mínima ata equipararse ao SMI, e reclaman que se revaloricen "en función do incremento do IPC Medio"
Pontón pide revisar a prohibición de visitas a persoas hospitalizadas coa COVID para evitar "dor engadida" a doentes e familias
A portavoz nacional do BNG recibe no Parlamento a Manuel Iglesias, que decidiu facer público o caso da súa nai, falecida por complicacións do cancro que padecía no hospital de Vigo tras "pasar os últimos días consciente pedindo que estivésemos con ela", pero que tivo que permanecer soa por dar positivo na COVID ao ingresar
Fálase | Bancos pechados e o exemplo vital de Rafael Pillado
O segundo episodio de Fálase céntrase nos datos que acreditan que Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974 e repasa as orixes de parte do problema, coa fusión das desaparecidas grandes caixas galegas. Tamén escoitamos as reflexións de Rafael Pillado, veterano traballador e sindicalista do naval ferrolán que vén de revelar que padece un cancro provocado polos anos en que tivo que manipular amianto.
'Cuñados' encabeza con 16 finalistas as candidaturas dos Mestre Mateo, por diante de 'Jacinto', 'Malencolía' e 'Hierro'
Os premios, que chegan á súa vixésima edición, entregaranse o vindeiro 19 de marzo na Coruña. Este xoves a Academia Galega do Audiovisual anunciou a selección de producións, nas que 'Tres' opta tamén ao premio á mellor longametraxe e 'A lei de Santos', 'Auga Seca' e 'Método Criminal' ao galardón á mellor serie
1 de cada 10 adolescentes de Galicia recibiu presións para enviar imaxes de contido sexual a través da rede
Unicef presentou este martes o informe Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia en Galicia. Relacións, Riscos e Oportunidades, que alerta de que unha cuarta parte dos mozos e mozas fan un uso "problemático" das redes. Un 20% podería estar sufrindo ciberacoso e uns 3.000 estudantes de ESO galegos apostaron en liña algunha vez.
- Vídeos
- Cultura
'Loitar saben': historias de mulleres en primeira persoa "para rachar eufemismos e tópicos que falsean a realidade histórica"
A cooperativa Mazarelos lanza este proxecto documental con dous primeiros capítulos que amosan a historia das xogadoras que en 1989 conformaron o equipo de fútbol de Loiba (Ortigueira), pioneiro no fútbol feminino galego, e mais un retrato da vida cotiá de traballo das mulleres de Fisterra.
O PSdeG promove unha reforma sanitaria para impedir demorar a cita en Atención Primaria máis de dous días
O texto rexistrado polos socialistas contempla declarar como "prioritario de reforzo do persoal" a cada centro de saúde que non dea atendido as citas en dous días. A Xunta, advirte Formoso, non debe estar "unicamente para poñer deberes" ao Goberno de España
Pontón advirte un "efecto chamada para pechar oficinas" na subvención da Xunta a caixeiros de Abanca
"É moi triste ver como o sistema bancario maltrata as persoas maiores", sinala a portavoz nacional do BNG, quen advirte de que "o abuso non vai parar regalando cartos ás entidades", reclama unha fronte política e social para "recuperar oficinas pechadas e servizos" e subliña a reivindicación dunha banca pública
- Entrevista | Marcos Nine
- Cultura
“Aurora Rodríguez é unha muller a reivindicar, independentemente da brutalidade dos seus actos”
Marcos Nine tece con fragmentos de filmes da época, ilustracións e entrevistas o documental 'A virxe roxa', un retrato psicolóxico e histórico de Aurora e Hildegart Rodríguez, a nai que mata á súa filla concebida para ser perfecta pero que se rebelara
O cancro fai (máis) pobres: “Máis de 1.500 persoas en Galicia atópanse en situación laboral de risco”
No día mundial contra a doenza a Asociación Española contra o Cancro presenta un informe sobre a inequidade que supón padecela e cifra en máis de 10.000 euros o custo que supón para catro de cada dez familias