As Pontes castiga o PSdeG e premia a PP e BNG no marco da súa crise industrial
O PSdeG-PSOE seguiu a ser a forza máis votada, cun 30,1% dos apoios pero caeu dende o 41,1% de abril. Un descenso de 11 puntos que contrasta cos fortes ascensos que rexistran o PP (+8) e BNG (+7). Cervo, Cee, Cerceda ou Narón non rexistraron grandes movementos de voto a pesar dos problemas que atravesan algunhas destacadas empresas nestas localidades.
- Política Ao vivo
10N | En marcha o escrutinio co PSOE en cabeza e a dereita á alza
O electorado volve acudir ás urnas para votar a composición das Cortes Xerais medio ano despois de facelo por última vez, agora nun clima máis tenso, máis incerto e, no caso galego, tamén coa vista posta nos comicios de 2020
A loita do estudantado de Medicina logra un acordo coa USC que pon fin á folga
Decanato, alumnado e Universidade asinan un documento marco tras case nove horas de reunión e catro días de folga. O reitor comprométese a unha "rolda de contactos" coa comunidade universitaria tras xurdir protestas noutras facultades.
O profesorado fará folga o 12 de nadal para recuperar os horarios lectivos e mellorar as condicións de traballo
Todas as organizacións sindicais con representación no ensino público convocan ás mobilizacións, que inclúen unha marcha-concentración arredor de San Caetano o mércores, 13 de novembro e concentracións en todas as cidades galegas o xoves 21.
Denantes mortas que caladas: os programas de radio galegos en Euskadi unen as súas voces
Catro programas das radios comunitarias vascas participan nun encontro no que compartirán as súas experiencias como radiofonistas en galego fóra do país. Forma parte da programación de actos para celebrar o 35 aniversario da Zintzilik Irratia de Renteria.
Jácome e Baltar valoran facer en Ourense "o maior rañaceos de España" con 80 andares
Concello e Deputación estudan converter os 6 edificios de 16 pisos permitidos nunha parcela da institución provincial nun só bloque de 80 alturas
Novos Cinemas, Clavi e Festival dos Eidos no Courel, candidaturas ao Premio do Público do Culturgal
Dende este martes e ata o vindeiro 19 de novembro xa se pode votar online. O galardón do público entregarase no marco da 12ª edición do festival, que se desenvolve dende o venres 29 de novembro ata o domingo 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O Goberno central amplía por decreto as razóns para poder pechar sitios web sen orde xudicial
Dende este 6 de novembro o Goberno central pode pechar sen audiencia previa calquera servizo de comunicación dixital público ou privado no caso do que define como "ameaza grave e inmediata para a orde pública", entre outros motivos
María Vázquez, Rita Azevedo e Emma Suárez recollerán os premios Cineuropa
O festival, que comeza o 7 de novembro, presentou este xoves a súa programación, composta por 200 películas das que 19 son estreas a nivel estatal. O cinema galego terá tamén un espazo destacado, con 17 títulos e a programación paralela lembrará cineastas como Agnès Varda, Chantal Akerman, Jessica Hausne, ou Jonas Mekas
O número de nacementos por trimestre baixa de 4.000 por primeira vez dende que hai datos
En Galicia finan máis de dúas persoas por cada nacemento, unha situación que é extrema nas provincias orientais. En Lugo houbo no primeiro trimestre 3,2 mortes por cada nacenza e en Ourense esta relación foi de 4,1 defuncións por cada novo rexistro.
Concienciadas: como funcionan as vacinas?
Na terceira entrega de Concienciadas, Iria Veiga e Javier Balea explícannos como as vacinas axudan o noso organismo a protexerse dos microorganismos que o poidan atacar e a súa importancia para a saúde individual, pero tamén para protexer a sociedade no seu conxunto, especialmente aos seus membros máis vulnerables
Ferrol maniféstase contra a "represión sindical" ás portas do xuízo contra López Pintos
O ex-secretario comarcal da CIG sufriu feridas nunha dura carga policial en 2012 contra unha protesta dos traballadores de Navantia. Porén, foi acusado de agredir a un axente. CIG, CC.OO., UGT e CGT convocan unha mobilización apoiada por 35 comités de empresa