Verín sae á rúa contra a Xunta por suprimir a atención aos partos no sueste da provincia
Desde as oito da mañá deste domingo todas as mulleres deberán trasladarse a Ourense e o luns o persoal do hospital comarcal inicia un peche indefinido
Comeza o transvasamento do fuel do ‘Blue Star’ unha semana despois de encallar
Aínda sen data para reflotar o barco, a retirada do combustible pode durar días xa que só se realiza con boas condicións de luz e climatolóxicas
O xurado declara culpable ao asasino de Diana Quer pero non ve probada a violación
O caso non será contabilizado como violencia machista por non existir relación previa entre vítima e agresor
O alcalde de Vilagarcía asume a presidencia da Fegamp reclamando ecuanimidade nas axudas aos concellos
Tras as municipais de maio os socialistas revalidaron o control da asemblea de concellos e provincias, que ata agora encabezaba o rexedor do Barco de Valdeorras, Alfredo García
O Culturgal chega á súa primeira ducia convidando a "darlle unha volta" á industria cultural do país
Praza.gal presenta no Culturgal 2019 a súa nova campaña de socias e socios e, o domingo ás 17:00, o novo episodio de Concienciadas. As proxeccións de Eroski Paraíso e O que arde ou o concerto de Marful con Sabela Ramil, entre as citas máís agardadas da duodécima edición da feira
A antiga cúpula de Caixanova, absolta pola polémica operación inmobiliaria de 40 millóns en Madrid
A Xustiza entende que os directivos cumpriron "coa función que lles era propia no cargo que ostentaban" nunha das varias operacións ruinosas que foron clave na quebra de Novacaixagalicia e no seu posterior rescate.
O persoal mobilizado dá dúas semanas ao Sergas para que inicie a mellora na Atención Primaria
A Asemblea de Áreas Sanitarias asegura que se mantén na segunda xornada o seguimento da folga, que Sanidade reduce a menos do 15%. Os convocantes e outros profesionais e entidades advirten de que as conclusións da Consellería dos traballos nas comisións técnicas determinarán a continuidade ou non das mobilizacións.
O combustible do 'Blue Star' acumúlase xa en cuberta para ser extraído este venres
O operativo para iniciar o bombeo das 100 toneladas de gasóleo queda listo á espera de que empecen a ser extraídas cara a terra este venres "se as condicións meteorolóxicas o permiten".
Endesa pon data á fin do carbón nas Pontes: antes de 2022
A compañía advirte da fin inmediata da queima deste combustible fósil na súa instalación pontesa e confirma a aceleración do peche que anunciara hai uns meses.
O xuíz arquiva a causa contra os cargos da Xunta acusados de homicidio por atrasar fármacos contra a Hepatite C
O instrutor non considera probado máis de tres anos e medio despois de iniciarse o caso que “o falecemento dos doentes lles sexa imputable causalmente aos investigados
Outro 25N de lila e negro en Galicia contra todas as violencias machistas
Unha trintena de localidades galegas acolleron mobilizacións contra a violencia machista, secundadas por milleiros de persoas, tras unha xornada de actos contra as agresións de xénero por todo o país
15 anos da Declaración de Compostela que axudou a avanzar cara a un xornalismo menos machista
O Colexio de Xornalistas fai balance da aplicación deste documento, redactado en outubro de 2004. Destaca os "pasos adiante" e o "maior compromiso" das redaccións, pero alerta dunha "perigosa tendencia á espectacularización destas informacións".