A Deputación de Pontevedra anima a agasallar xoguetes sen desigualdades de xénero
O ente provincial lanza a campaña “Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero”, animando a “cambiar as regras” para que as novas xeracións se desenvolvan “de forma igualitaria"
De Jaione Camborda a Eloy Enciso: o Novos Cinemas de Pontevedra pon o foco na creación galega
Este martes comeza a cuarta edición do Festival Internacional de Cinema de Pontevedra. Camborda será a gran protagonista da primeira xornada, coa proxección de Arima, a súa primeira longametraxe. O certame pecharase o vindeiro domingo 15 de decembro con Longa Noite
- Con vídeo Pola sanidade pública
- Movementos sociais Ourense
Verín vólvese botar á rúa contra o peche do paridoiro e o PPdeG encadra o rexeitamento político na "demagoxia"
Unha semana despois da histórica manifestación para rexeitaren o peche da sala de partos, a veciñanza botouse á rúa nun velorio simbólico na defensa do hospital e o seu servizo de pediatría. O PPdeG esgrime unha nota do presidente da Sociedade Galega de Pediatría, que non ve "xustificada" a continuidade da sala de partos do hospital de Verín
Voces galegas no clamor global contra a emerxencia climática
O Movemento Galego polo Clima, do que participan as principais organizacións ecoloxistas do país, sumouse á mobilización que abre o Cumio Social, o encontro de organizacións ambientalistas internacionais que transcorre paralelo á COP 25
Feijóo insiste na gran coalición para evitar un goberno "letal para España"
Feijóo volve chamar á gran coalición e á unión dos "constitucionalistas" na celebración do 41º aniversario da Carta Magna, xornada na que o BNG reivindica a autodeterminación cunha cadea humana.
Un recurso e unha denuncia ante a Fiscalía levan o peche do paridoiro de Verín aos tribunais
A CIG presenta un recurso contencioso administrativo contra a orde que pecha o paridoiro e o sindicato de enfermería Satse denuncia ante a Fiscalía a polémica decisión do Sergas.
Nicanor Acosta, premiado pola súa traxectoria como activista e a súa loita pola xustiza social
Acosta recolle a vindeira semana o Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade, outorgado polo Foro Cívico. De 78 anos de idade, leva décadas participando en múltiples colectivos, sempre en primeira liña da actividade de movementos coma Stop Desafiuzamentos ou o propio 15M
A estrea de 'Longa noite' prolonga o bo momento do cinema galego
O filme de Eloy Enciso proxéctase dende este xoves en salas da Coruña, Compostela, Vigo, Lugo e Ferrol. O que arde entra na súa novena semana en cartel e aínda se pode ver en catro cidades galegas.
A mobilización contra o peche da sala de partos de Verín espállase por Galicia da man do movemento feminista
O chamamento da Marcha Mundial das Mulleres contra a fin da atención aos partos no hospital de Verín espallouse por ata catorce localidades galegas. "Esquecen tamén a vulnerabilidade das familias que non posúen medio de transporte ou que a rede viaria desta provincia é deficiente e os transportes públicos, limitadísimos"
A gala de aRi[t]mar reúne un ano máis o mellor da música e a poesía galega e portuguesa
Tanxugueiras, Os Azeitonas, Susana Aríns e Marta Chaves foron as gañadoras das catro categorías do certame, que concedeu o premio especial do xurado “Embaixada da Amizade galego-lusófona” a Uxía. A entrega dos galardóns terá lugar este mércores do Auditorio de Galicia, en Compostela.
O 'Blue Star' queda baleiro de combustible tras máis dunha semana de traballos e o susto dunha vertedura
A ruptura dunha mangueira na recta final da extracción provocou a vertedura duns 10 metros cúbicos de combustible, parte das cales caeron á auga, onde o carburante foi tratado con esponxas. Tras a retirada das 110 toneladas de combustible e 14 de aceites, a empresa contratada pola armadora debe continuar os traballos para desencallar o Blue Star
Concienciadas: o cambio climático existe e aféctanos
Cadrando co inicio do Cumio do Clima, o cuarto episodio de Concienciadas explícanos en que consiste o cambio climático, que parte se debe a causas naturais e que sucedeu para que teña tamén por tras a man do ser humano