España volve deixar o pobo saharauí nas mans de Marrocos en plena mudanza do taboleiro internacional
A nova postura supón a renuncia á autodeterminación do Sáhara Occidental, avalada pola ONU, e a Fronte Polisario censura que o Goberno español ceda "á chantaxe" do réxime marroquí. O pacto con Marrocos suscita o rexeitamento en UP e en boa parte dos grupos que facilitaron a investidura de Pedro Sánchez. O Executivo mantén que Alxeria, clave no fornecemento de gas, coñecía o acordo
O persoal das residencias privadas acusa a Xunta de impedir a folga e de permitir un "xenocidio laboral"
CIG, CCOO e UGT anuncian que recorrerán uns servizos mínimos que consideran "abusivos" e piden ao Goberno galego que "poña firme á patronal para que aborde un proceso de negociación coas traballadoras".
Mobilizacións en Ponteareas, Moaña e Marín chaman a "recuperar a sanidade pública" e a "normalizar" o funcionamento dos centros de saúde
As convocatorias no sur da provincia de Pontevedra manteñen a súa intensidade, como anticipo á concentracións convocadas en toda Galicia por SOS Sanidade Pública para o vindeiro 21 de abril
🔊Fálase | Regreso ao futuro de Feijóo e melodías distópicas
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, analizamos a sorpresa que causa nalgúns eidos o ton de Feijóo como candidato ao liderado do PP e tiramos fíos que nos levan á primeira campaña electoral na que optou á presidencia da Xunta, no ano 2009. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE, dende o Festival da Canção a unha manchea de novidades musicais e ás interioridades dun libro a piques de ver a luz
A RAG homenaxea no seu cabodano a Xosé Ramón Barreiro, "construtor da identidade da Galicia do presente"
O historiador, finado na Coruña hai un ano, foi lembrado por compañeiros, amizades e discípulos, nun acto no que interviron Ramón Villares, Xosé Manuel Núñez Seixas, Emilio Grandío, Ana Romero Masiá ou José Ramón Rodríguez Lago, ademais de Víctor Freixanes e do reitor da USC, Antonio López.
Lonxas a medio gas, temor no sector gandeiro e desabastecemento nalgún produto fresco polo paro do transporte
O paro convocado por unha plataforma minoritaria non impide que afecte xa á distribución de peixe, froitas ou hortalizas e que preocupe nas explotacións gandeiras pola falta de penso para os animais ou a paralización da industria láctea.
Netflix sumará o galego a uns 70 títulos internacionais do seu catálogo neste 2022
A plataforma disponse a incorporar unhas 200 horas de contido subtitulado ao galego e outras 20 de dobraxe para filmes e series "para público infantil e familiar". A Mesa aplaude o anuncio de Netflix e da Secretaría Xeral de Política Lingüística e agarda que a futura lei audiovisual do Estado "camiñe no mesmo sentido"
BNG e PSdeG propoñen senllos plans para paliar as subas de prezos e lamentan que Feijóo se centre na súa xira polo PP
Axudas directas ao sector agrogandeiro e a profesionais autónomos, rebaixas tributarias ou reforzar prestacións como a Risga, entre as accións que reclaman os grupos da oposición galega
A RAG homenaxea os versos mariñeiros de Bernardino Graña no Día da Poesía
Nigrán acolle este venres o acto, no que outros autores, autoras e amizades, como Ramón Lorenzo, Ana Romaní, Xosé María Álvarez Cáccamo, Alexandre Ripoll, Lucía Novas, Alexandre Nerium, Marta Dacosta, Elvira Ribeiro, Héitor Mera e Miro Villar lerán textos do autor nacido en Cangas
Cesteiros, pastores e a memoria de Vilagarcía, nos filmes galegos que encabezan a Mostra de Cinema Etnográfico
A 17ª edición da MICE celebrarase no Museo do Pobo Galego entre o 28 de marzo e o 2 de abril, no que tres longametraxes galegas competirán na sección oficial. Ademais, as directoras do leste de Europa protagonizan a sección Impropias. A Mostra recupera a presencialidade pero terá tamén programación específica para a rede
"Se empezas a tocar fiddle, xa non o soltas nunca"
Hai xa dez anos naceu a asociación cultural Galicia Fiddle para fomentar o violín na música tradicional. Impulsouno o mestre Alfonso Franco, que conseguiu implicar profesorado e alumnado da Escola Municipal de Música Tradicional de Vigo. O proxecto celebra agora a súa primeira década de andaina cun disco, Acanteira, que mostra o que rapaces e rapazas de entre 13 e 24 anos poden facer coas músicas populares cun violín e sen depender dunha partitura
O veterinario pioneiro que axudou a evitar o esnaquizamento da Muralla de Lugo, científico galego do ano
A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea neste 2022 a Juan Rof Codina, catalán de nacemento e lucense de adopción autor de múltiples avances no coidado do gando. Os argumentos culturais e técnicos de Rof Codina contribuíron a que as autoridades do Lugo de hai un século desbotasen a idea de derrubar a Muralla para "favorecer o crecemento da cidade" despois de que mesmo se valorase utilizar a súa pedra para obras como as dos portos da Coruña e Ferrol