Paro e demanda de máis seguridade: a morte do operario na refinería de Repsol indigna o persoal das auxiliares
Traballadores das contratas din que non volverán ao traballo se a empresa non recibe xa a comisión de representantes que nomearon para demandar melloras na formación ou nos salarios.
O Goberno central aproba que os supermercados poidan limitar o número de produtos por cliente para evitar desabastecemento
Unha modificación da lei do comercio minorista incluída no decreto aprobado para paliar a crise de prezos permite poñer límite á compra en situacións excepcionais.
Condenado a nove anos de cadea un home por maltratar e violar a súa parella durante o matrimonio
A sentenza da Audiencia de Pontevedra destaca que o comportamento do condenado “foi consciente e directamente dirixido a minguar o libre desenvolvemento da vida e da persoa” de quen era a súa dona.
- Vídeos
- Ciencia e tecnoloxía
'Explícoche matemáticas': vídeos que demostran que todas as materias se poden impartir en galego
Dende hai dez anos a USC organiza un concurso de vídeos didácticos que busca promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas, malia a prohibición establecida no Decreto de Bilingüísmo. A edición 2022 está en marcha, con premios para alumnado universitario e de secundaria.
Pontón reclama que o plan contra a crise de prezos inclúa máis impostos ás eléctricas e a "excepción galega" no recibo da luz
O BNG subliña que na manifestación convocada para o día 3 tamén reclama medidas ao Goberno galego, se ben augura que Feijóo se vai "despedir de Galiza con propaganda e fume"
O Sergas trata pacientes con fármacos para a COVID pouco máis de dous anos despois de detectar o primeiro caso
Sanidade recibiu 677 doses de Paxlovid, que esta semana se administrará a persoas con infección activa de risco, e recibirá 1.772 de Evusheld, para xente con resposta insuficiente tras a vacina.
"Ondiñas veñen e van": o estudantado de Rianxo recupera o rico cancioneiro popular da vila
Pódense consultar xa na rede os dous primeiros volumes desta iniciatuva, impulsada polo CEP Brea Segade de Taragoña co apoio do Concello. O obxectivo é "recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila" para que sexa coñecido e continuado polas seguintes xeracións.
Dos 20 céntimos por litro de combustible ao tope do 2% aos alugueiros: o plan do Estado para a crise de prezos
Pedro Sánchez avanza que o Consello de Ministros aproba este martes un plan ata o 30 de xuño que cifra en 16.000 millóns de euros, entre "axudas directas e rebaixas de impostos" e mais créditos do ICO. Un incremento puntual do Ingreso Mínimo Vital e achegas ao sector agrogandeiro, entre as accións anunciadas
- Reportaxe Memoria antifranquista
- Cultura
‘O péndulo’ ou a memoria sandadora
Catro homes executados polos golpistas no ano 1936 por seren socialistas. A única alcaldesa de Galicia na II República, María Gómez, que libra da morte no último momento e sobrevive varios anos nun dos peores cárceres para mulleres do franquismo. Había poderosas razóns para que Marta Pérez decidise levar á escena unha historia que, a partir do persoal e do local, conta o groso da represión franquista do 1936 en Galicia.
O paro mantense malia o acordo entre Goberno e transportistas que inclúe axudas e rebaixas no carburante
O Executivo central pecha un pacto con axudas de máis de 1.000 millóns de euros para o sector e unha rebaixa de 20 céntimos por litro de gasóleo. A plataforma rexeita as medidas que considera "migallas" e mantén a protesta.
Pontón salienta a potencialidade que para o sistema urbano galego ten a conexión co Porto fronte ás grandes cidades e o centralismo
A portavoz do BNG participa en Madrid na presentación do libro 'Unha nova Olanda', de Antón Baamonde, no que se analizan as vantaxes da configuración territorial galega
As celebracións das Letras ao redor de Florencio Delgado Gurriarán botan a andar con Valdeorras e o exilio mexicano como centro
O colexio de Vilamartín de Valdeorras, onde naceu o poeta, acolleu esta semana a presentación do proxecto Primavera das Letras, que achega a figura do homenaxeado á comunidade educativa. Ademais, Galaxia completa cunha 'Antoloxía Poética' as súas publicacións sobre o autor.