O xuíz pide xulgar o dono de Monbús, outras sete persoas e dúas empresas por delitos fiscais, de falsidade e branqueo
O instrutor do caso Cóndor acusa a Raúl López e o resto de imputados de cobrar en 'B' as excursións turísticas organizadas por Viaxes Interrías mediante autobuses dunha empresa do grupo Monbús e sinala cantidades defraudadas constitutivas de delito por arredor de 1,5 millóns de euros
O TSXG ordena á Axencia Tributaria garantir o uso do galego nas súas comunicacións
Nunha sentenza que A Mesa cualifica de "histórica", o Superior reprocha á AEAT que eludise a vontade dun cidadán a que se dirixisen a el na súa lingua e ordenou a suspensión dos prazos das comunicacións emitidas nunha lingua diferente.
'Individuas de dudosa moral' para analizar dende Pontevedra a represión da sexualidade feminina na ditadura
A "negación da sexualidade" a través da 'Sección Femenina' da Falange, a represión do 'Patronato de Protección a la Mujer', o roubo de bebés ou a persecución das mulleres lesbianas centran a xornada organizada pola área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para este 8 de abril
A Academia estrea a serie 'Florencio Delgado Gurriarán. O soño da Galicia infinda' para achegar o homenaxeado nas Letras aos nosos días
A guionista da serie documental, María Yáñez, explica que fai "un percorrido pola traxectoria de Florencio Delgado Gurriarán deténdose nos diversos aspectos que compoñen o seu perfil, marcado polas inquedanzas literarias, lingüísticas e políticas"
🔊Fálase | Entrevista con Formoso e dez anos do incendio nas fragas do Eume
No décimo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, escoitamos o máis destacado da entrevista que nos concedeu o secretario xeral do PSdeG e regresamos ás fragas do Eume dez anos despois do incendio para escoitar as voces da veciñanza e dos movementos ecoloxistas e analizar carencias que aínda persisten nel, a comezar pola ausencia do plan reitor ao que obriga a lei
O BNG reclama que a Xunta interveña para evitar que a 'Santa' de Asorey acabe en mans privadas
A peza forma parte do patrimonio cultural da Casa de Galicia de Montevideo, en proceso de liquidación. Os bens culturais, iso si, quedan fóra da poxa e pasan a ser xestionados pola asociación A Casa de Galicia centro histórico-cultural, que vén de crearse
A Audiencia Nacional envía a Marín a causa sobre o 'Villa de Pitanxo' e ve indicios de 21 delitos de homicidio
O xuíz concorda coa posición da Fiscalía, que considera que o tribunal competente é o da localidade orixe do buque naufragado.
As persoas refuxiadas pola guerra da Ucraína xa son case o duplo que toda a poboación galega
Incluíndo os desprazamentos internos, as persoas que tiveron que abandonar os seus fogares roldan os 10 millóns, segundo ACNUR. "A escalada de hostilidades é especialmente aterradora para a infancia atrapada no conflito", advirte Unicef
Porque foron, somos: arquivos sonoros e creación musical contemporánea a debate en Compostela
A partir do 12 de maio Santiago acolle as xornadas O que non se escribe, que achegarán palestras, obradoiros e oito concertos en distintos escenarios. Ademais, unha serie de 'paseos sonoros' convidarán a quen o desexe a descubrir "tesouros" musicais agochados por varios lugares da cidade.
Comeza a construción en Ferrol das fragatas F-110 que foran paralizadas polo PP e que xerarán 7.000 empregos en dez anos
Pedro Sánchez presidirá este mércores a cerimonia do 'corte de chapa'. No 2018 coñeceuse que o Goberno de Rajoy bloqueara o encargo ao estaleiro ferrolán para favorecer á empresa do ex-ministro Morenés. O 2022 será un ano de moitos contratos para o sector naval da comarca, pero os sindicatos reclaman investimentos para manter a carga de traballo
A suba dos prezos obrigou un 30% das familias galegas a recortar gastos básicos nos últimos tres meses
Un terzo dos fogares reduciu o seu gasto de roupa e calzado, transporte, gas ou electricidade. É a porcentaxe máis elevada dende o ano 2013, cando aínda se vivían os peores momentos da gran recesión. Con todo, o resto de indicadores da Enquisa Conxuntural do IGE non revelan unha mala situación económica.
Así foron as derradeiras horas da Casa de Galicia de Montevideo: o hospital da colectividade galega pecha despois de 104 anos
O pasado xoves completouse a liquidación da entidade. Centos de persoas socias e traballadores achegáronse ao centro para despedirse da institución. O edificio venderase por un mínimo de 20 millóns de dólares, pero segue sen coñecerse o futuro do seu patrimonio cultural.