- Gráficos Galegas 2020
- Política
O PSdeG divulga unha enquisa que deixaría o PP sen maioría absoluta
“O electorado progresista vai ir activándose de forma crecente e a derrota do PP vai ser contundente”, asegura Gonzalo Caballero
Día de Rosalía: homenaxes con sabor a caldo e á "valentía de quen camiña"
Este luns 24 de febreiro, cidades e vilas de todo o país acollen actos de homenaxe á poeta, no aniversario do seu nacemento. A Fundación que leva o seu nome convida a lembrala cun "caldo de gloria" e a AELG lembra no seu manifesto, elaborado por Daniel Asorey, que "grazas a Rosalía, sabemos que as errantes tamén somos nós"
A Fiscalía mexicana sinala o ex-directivo de Pemex que negociou coa Xunta como "símbolo" da corrupción
O fiscal xeral de México define a Emilio Lozoya como "a expresión de toda unha forma de conducirse dunha administración e dun executivo", en referencia ao goberno de Peña Nieto, e asegura que defraudou, como mínimo, 280 millóns de dólares á petroleira.
O BNG insta a CRTVG a organizar un debate "plural e a dobre volta" en horario de máxima audiencia
O Bloque aposta por un formato coas forzas políticas representativas de Galicia na TVG e reta a Feijóo a "saír da súa zona de confort do Telexornal a maior gloria da súa figura".
O persoal de Alcoa e Aluibérica reclama condicións específicas para as plantas no estatuto electrointensivo
Os comités das empresas e CCOO ven "claramente insuficiente" o proxecto do Goberno central e piden que se recoñeza a figura de consumidor hiperelectrointensivo para ambas factorías: "Non dá solución a quen realmente acredita unha elevada intensidade de consumo".
A programación do Ano Carvalho Calero afondará na "universalidade" do galego sen "obviar o debate"
Xunta, RAG, CCG ou AGAL presentaron as actividades do Día das Letras ao redor da figura do autor ferrolán. Víctor Freixanes salienta que Carvalho promove "un debate que non debemos obviar", o das "posibilidades da proxección da nosa lingua alén das fronteiras administrativas e a súa relación coa comunidade irmá lusobrasileira e africana”.
Só dous centros galegos ofrecen FP en portugués e o profesorado anima a que sexan máis
A asociación de Docentes de Portugués anima os institutos a acollerse á convocatoria realizada pola Consellería de Educación, algo que na actualidade só fan o IES San Clemente de Compostela e o CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo. Permite ao alumnado obter o certificado B1 de portugués e realizar estadías e prácticas laborais no país luso
- Con vídeo Pola sanidade pública
- Movementos sociais Ferrol
Cedeira bótase á rúa para esixir que o Sergas cubra a baixa da súa pediatra
Medran as protestas por falta de pediatras na contorna de Ferrolterra. A plataforma das familias afectadas en Cedeira explica que a falta de cobertura da baixa deixou sen atención pediátrica na vila a arredor dun milleiro de menores
Pontón: "Comprométome a trasladar á acción do Goberno o clamor feminista do 8M"
Na mesa de traballo coordinada por Carme Adán, Pontón subliña o compromiso de "destinar o 1% do Orzamento da Xunta a recursos contra a violencia machista" e avanza que o BNG levará no seu programa "incluír o ensino infantil no sistema público educativo" e a gratuidade destas escolas
A plataforma pola Intermodal de Ourense acusa a Xunta de ser "incapaz de escoitar as lexítimas demandas da cidadanía"
Tren Digno Ourense reuniuse este mércores con Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, que manifestou a súa negativa a reconsiderar o actual proxecto para a estación de autobuses. O vindeiro martes 18 está convocada unha nova manifestación, que reclamará un "Pacto de Cidade" a Xunta, ADIF e Concello
Colexios galegos e portugueses celebran o 'Día da Radio' con emisións en directo e programas sobre diversidade
A celebración chega a un mes da gran festa de celebración do 25 aniversario de Ponte…nas Ondas!, que terá a radio como elemento central, coa realización dunha maratón que terá escenarios nunha e noutra beira do Miño
Aberto o prazo para solicitar o voto por correo nas eleccións galegas ata o 26 de marzo
A convocatoria oficial das eleccións ao Parlamento do vindeiro 5A pon en marcha todos os prazos dos comicios. Un dos primeiros, o do voto postal.