Sanidade defende a resposta dos servizos de emerxencias no caso do falecido en Lalín e a oposición pide máis medios
Almuiña destaca que o home foi atendido por "un equipo completo" no PAC. O PSdeG pídelle explicacións a Feijóo, BNG e Podemos poñen o foco en que non é o primeiro caso semellante e a asociación Defensor del Paciente reclama unha investigación da Fiscalía
- Enquisa Galegas 2020
- Política
O PP, ao bordo de perder a maioría absoluta a un mes das eleccións galegas
A enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es sitúa o PP ao límite da maioría, con entre 36 e 38 escanos, e sen socios pola dereita con representación no Parlamento que lle permitisen completala. O PSdeG recuperaría a segunda posición ao medrar entre 6 e 8 escanos e o BNG tamén lograría unha pronunciada suba, mentres que Galicia en Común descendería notablemente con relación a En Marea
Unha nova manifestación pola sanidade pública percorrerá Vigo en vésperas da campaña electoral
A plataforma SOS Sanidade Pública considera que non se está producindo "ningunha reforma sustancial" pese ás protestas
TEMAS 2 | Verín non pechou (porque non lle deixaron)
Repasamos a loita social e as vertentes política e sanitaria do contra o peche do paridoiro de Verín no segundo número de TEMAS, os monográficos para socias e socios de Praza.gal
Casado e Rajoy arroupan a Feijóo, o candidato que di non ser "refén" do seu partido
Os líderes do PP celebran en Ourense o 11 aniversario da primeira maioría absoluta do actual presidente da Xunta, que se reafirma nas "diferenzas" da política galega. Baltar pide tomar as eleccións "como unhas municipais, porque imos elixir ao alcalde de Galicia"
Gonzalo Caballero creará unha Consellería de Igualdade se chega á Presidencia da Xunta o 5A
O PSdeG celebrou unha nova xornada do seu laboratorio de ideas, centrado nesta ocasión nas mulleres. Acompañado por Cristina Narbona, Carmela Silva, Inés Rey ou Lara Méndez, o candidato socialista cargou contra o PP: "Quere parecer moderado, ten pel de cordeiro en Galicia, pero dentro ten o mesmo lobo daqueles que loitan contra o feminismo".
O BNG presenta as súas candidaturas, que incorporan representantes de movementos sociais
O Consello Nacional da formación aprobou tamén o programa electoral, que Ana Pontón cualifica como "un auténtico programa de Goberno". Ex-altos cargos e dirixentes como Alfredo Suárez Canal, Lois Pérez Castrillo ou Suso Seixo pechan as listas.
Catro mulleres acompañan a Feijóo á fronte das listas do PP para as eleccións galegas do 5A
Ánxeles Vázquez encabeza a candidatura pola Coruña, Elena Candia a de Lugo, Marisol Díaz a de Ourense e Corina Porro é a número dous por Pontevedra, detrás do propio presidente da Xunta. O luns anunciaranse a totalidade das listas dos populares para os comicios do 5 de abril
Regresan os Premios Martín Códax para "facer rendible o potencial da música galega"
Este xoves presentouse a edición 2020, que inclúe varias novidades, sobre todo nas votacións: un xurado profesional escollerá os proxectos finalistas e as socias e socios de Músicas ao Vivo decidirán os gañadores e gañadoras. A gala final celebrarase o 6 de maio en Pontevedra
Sanidade recomenda aos centros educativos evitar viaxes e intercambios con zonas afectadas polo coronavirus
Pide a quen regrese dunha rexión de risco que manteña a actividade normal e preste atención a posibles síntomas
Caballero, Pablo Arangüena, Patricia Otero e Marina Ortega encabezarán as listas do PSdeG
A dirección socialista confirma as cabezas de cada candidatura, que este venres serán ratificadas por Ferraz
Rodil, Bará e Presas recuncan con Pontón á fronte das listas do BNG
"Apostamos por aquilo que funciona, por persoas capaces e formadas que lle deron voz aos grandes problemas da sociedade galega", afirma Ana Pontón