A mobilización pola "Atención Primaria digna" conflúe en Vigo cunha masiva manifestación
"Queremos instar a Consellería de Sanidade a implantar de forma inmediata unha atención primaria digna, con profesionais suficientes para atender con tempo os pacientes, así como unha atención hospitalaria con capacidade para atender o 100% da cidadanía sen insoportábeis listas de espera", resume a plataforma SOS Sanidade Pública
Un dominio .gal de balde durante un ano por facéreste de Praza
Entre o 17 e o 31 de maio, se te fas socio ou socia de Praza.gal recibirás de balde un dominio .gal durante un ano e o aloxamento dese dominio durante doce meses, grazas ao acordo acadado entre a Asociación de Medios en Galego, Dinahosting e a Asociación Puntogal. Ademais, podes recibir unha devolución do 80% da túa achega na declaración da renda.
Unha Ascensión de sete estalos: Tanxugueiras, Kae Tempest e Dios ke te crew encabezan o programa das festas máis compostelás
As festas comezarán o 25 de maio e rematarán o día 29. Haberá concertos todos os días, ademais de actividades para crianzas, dende monicreques ata a habitual comparsa de cabezudos. Ademais, despois de dous anos de ausencia pola pandemia, recupéranse a tradicional Festa dos Maiores e a Festa Cabalar.
Repsol di que o informe sobre o accidente mortal na refinería aclara que se incumpriron normas e permisos de traballo
A empresa di que as conclusións da investigación determinan que houbo "unha apertura non autorizada dunha tubaxe" cando o permiso de traballo só permitía o engraxado. A CIG decide non asinar o documento.
Galicia compite no 'Eurovision das linguas minorizadas' da man de Carolina Rubirosa
A cantautora participa este venres en Dinamarca no Liet International, un festival nacido no 2002 co obxectivo de potenciar os idiomas do continente, especialmente entre a mocidade. É a oitava vez que o galego está presente na cita, pola que pasaron Uxía, Narf, Familia Caamagno ou a propia Rubirosa, que repite.
🔊 Fálase | Sen marisco na ría e con Rueda na Xunta
No novo episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, achegámonos ás causas da profunda crise no marisqueo da ría de Arousa, con caídas de ata un 70%, e repasamos o máis destacado do discurso de investidura de Alfonso Rueda como candidato á presidencia da Xunta e das reaccións de BNG e PSdeG
Un petróglifo en Baroña sofre un acto vandálico que buscaba que o gravado prehistórico "se vise mellor"
A Comunidade de Montes, que denunciou os feitos ante Patrimonio, especula con que a persoa que riscou os sucos cun obxecto punxente, fíxoo "máis por ignorancia", buscando contemplar a imaxe de forma máis clara
Os sete festivais musicais do 'Rías Baixas Fest' preparan un verán para “recuperar os sorrisos e o gran formato”
A Deputación de Pontevedra presentou as citas musicais para os vindeiros meses: PortAmérica, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal, Sonrías Baixas, O Marisquiño e Revenidas, que se desevolverán entre xuño e setembro cun completo retorno á normalidade tras a pandemia
O sindicalismo galego loita polo indulto a Pintos: recollida de sinaturas e manifestación contra a 'lei mordaza'
CIG, CCOO, UGT e CGT continúan a recoller firmas tras a coinfirmación da condena de seis meses ao sindicalista polo indulto e convocan unha marcha o 31 de maio en Ferrol.
Formoso di que a intervención de Rueda foi "retro" e "falta de ilusión, dunha mensaxe de futuro"
O líder do PSdeG pide “que o modelo económico de Galicia teña algo máis que o Camiño de Santiago”
Pontón critica un discurso "autocompracente" de Rueda co que dá por iniciada "a conta atrás para o cambio galego"
A portavoz nacionalista di que o BNG presentará “as propostas de goberno que teríamos para sacar adiante Galiza”
Só o Supremo pode evitar que Louzán deixe de presidir o fútbol galego
A Audiencia de Pontevedra confirmou a súa inhabilitacion nun ditame que é recorrible ante o alto tribunal. Os estatutos da Federación Galega de Fútbol requiren aos membros dos seus órganos de goberno "non estar inhabilitados para desempeñar cargos públicos".