As esperanzas galegas na investigación contra o coronavirus: das vacinas ao tratamento
Varios equipos da USC traballan na prevención, na mellora da diagnose e en novos fármacos contra a Covid-19. O investigador Martínez Costas obtivo xa financiamento do Instituto de Saúde Carlos III para desenvolver unha vacina.
O Congreso aproba a segunda prórroga da alarma polo virus e o Goberno central ultima a renda mínima provisional
"A normalidade só será plena cunha vacina eficaz", advirte Pedro Sánchez, quen reitera que solicitará novas prórrogas do estado de alarma durante as cales "cada avance semanal" dos datos da pandemia "fará posible o levantamento de restricións. Mentres, Iglesias confirma que o Executivo prevé aprobar un "ingreso vital ponte" que "entre en vigor de forma urxente" mentres "se desenvolve un ingreso mínimo vital definitivo"
A RAG traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro polo coronavirus
O plenario dedicado a Ricardo Carvalho Calero terá lugar o sábado 31 de outubro, cadrando cos 110 anos do seu nacemento.
Os ERTE polo virus en Galicia afectan xa 203.000 persoas e PSA propón un de 90 días ata final de ano en Vigo
A dirección da empresa negocia un ERTE en dúas fases e prevé un descenso do 30% nas vendas este ano.
Dezaseis medios independentes piden ao Goberno central que protexa a pluralidade e a calidade informativa na crise do coronavirus
Diante das noticias que afirman que o Goberno está a estudar medidas para apoiar os medios de comunicación tralas peticións de varias asociacións de editores e xornalistas, as publicacións de prensa independente, que nos sostemos grazas ás achegas das e dos lectores, queremos transmitir a nosa inquedanza e solicitamos ao Goberno que tome as seguintes medidas, destinadas a protexer a pluralidade e a calidade da información así como a sustentabilidade dos medios que dependen dos seus lectores
Gonzalo Caballero apoia a paralización da actividade fronte á "irresponsabilidade" dalgúns partidos
O líder do PSdeG cre que o Executivo central "practica un exercicio de responsabilidade" fronte a formacións que buscan o seu derrubamento.
Galicia en Común advirte de que un posible colapso nos hospitais será "consecuencia dos recortes de Feijóo"
A formación esixe á Xunta esixen “a utilización de todos os recursos sanitarios privados e públicos que garanten as medidas de hixiene e salubridade antes de enviar as persoas doentes a hospitais de campaña”.
O BNG propón 2.000 euros de axuda directa para os autónomos e suprimir as cotas tres meses polo virus
"A ingresos cero, cotizacións cero", di Ana Pontón, que propón tamén a eliminación do pagamento do alugueiro ou da hipoteca durante o período non traballado por este colectivo.
Vivenda, emprego, auga, luz: o plan social do Estado que procura paliar o impacto do coronavirus
O BOE deste 1 de abril concretará as medidas aprobadas polo Consello de Ministros, que abranguen accións como adiamentos de cotas de autónomos, suspensión do corte de subministros básicos ou moratorias no pago do alugueiro para persoas afectadas polos efectos económicos da pandemia da covid-19
A oposición galega pon o foco na importancia dos servizos públicos para afrontar o coronavirus e pide reforzar o Sergas
O PSdeG defende que o estado do benestar é “unha garantía”, o BNG reclama máis materiais de protección para quen está “en primeira liña” e Galicia en Común-Anova Mareas pide “non deixar a ninguén atrás” como aconteceu depois da crise de 2008
Librarías, editoriais, audiovisual e profesionais da cultura reclaman o apoio da Xunta ante o bloqueo total da actividade
Unha vintena de entidades do mundo da cultura elaboran propostas e demandan medidas que axuden o sector a sobrevivir á crise provocada polo coronavirus. O sector da cultura representa o 2% do PIB galego
Os Premios Martín Códax da Música Galega resisten ao coronavirus, con case 600 inscricións
Os galardóns, que se deben entregar o vindeiro 6 de maio en Pontevedra, van "tentar respectar o calendario previsto", pero a festa de finalistas prevista para o vindeiro 15 de abril verá modificada a súa estrutura. As 581 candidaturas presentadas superan en 139 as da pasada edición