Baltar ratifica que o PP manterá o bipartito con Jácome en Ourense
O presidente do PP ourensán e da Deputación ampara o rexedor do que a oposición pide a súa marcha logo de agredir unha sindicalista e di que sería "mil veces mellor" que Rafa Villarino, líder do PSdeG e da oposición no Concello.
O Burela suma outro título e xa é pentampión da Copa da Raíña
O equipo mariñao suma doce dos últimos trece títulos disputados logo de vencer nos penaltis o Futsi Atlético en Ourense.
Feijóo ocupará un escano galego no Senado para facer oposición a Pedro Sánchez
Ocupará o posto que deixará o senador Juan Serrano este luns na Cámara Alta, onde entrará tamén Miguel Tellado en lugar de Elena Muñoz.
Os Premios da Cultura Galega recoñecen o mosteiro de San Pedro de Rocas, cuxas obras son investigadas pola Fiscalía
Bernardino Graña, Zaza Ceballos ou o programa 'Dígocho Eu!', galardoados tamén na gala celebrada en Santiago.
Pontón dá por iniciada a "conta atrás" para o cambio en Galicia e Formoso abre as portas a todos os progresistas
A portavoz nacional do Bloque advirte de que o vindeiro Debate de Investidura será un "cara a cara entre o pasado e o futuro". O líder do PSdeG propón a Rueda acordos en materia económica, para a mellora da Atención Primaria e en políticas sociais.
Unha guía didáctica achega os montes veciñais aos centros de ensino: "o que non se coñece non se pode defender"
O obxectivo principal da guía é que o alumnado de ESO e Bacharelato "coñeza, comprenda e avalíe a importancia da propiedade colectiva que representan os Montes Veciñais en Man Común", destaca a ORGACCMM, que subliña que "o que se descoñece non se pode apreciar e valorar, polo tanto, moito menos defender".
O PP de Ourense abstense e prospera a petición de dimisión de Jácome tras o seu empurrón a unha sindicalista
Flora Moure (PP) cualificou de "lamentable" o empurrón do alcalde pero lamentou o "oportunismo" do PSdeG por presentar a moción.
O Tribunal Superior confirma os 32 anos e medio de cadea a un salesiano dun colexio de Vigo por abuso de menores
Para o tribunal a tese de que puidera cometer os delitos outra persoa que defendeu a defensa do condenado “preséntase absolutamente fóra dos parámetros probatorios”
O Colexio de Psicoloxía galardoa a reportaxe sobre a tensión familiar pola COVID na infancia publicada en Praza.gal por Ana G. Liste
O Premio de Comunicación Xoán Vicente Viqueira recoñece a divulgación da profesión na sociedade e salienta da reportaxe “a súa abordaxe do impacto psicolóxico na poboación máis nova da pandemia, recorrendo a fontes expertas para expoñer a necesidade de recursos”
O PSdeG propón unha lei do xogo para substituír á de hai case 40 anos e afastar as casas de apostas dos colexios
Formoso recorda que a regulación do xogo en Galicia data de “cando Fraga aínda non se presentara ás eleccións", denuncia a "inoperancia" do PP e da Xunta ante unha "lacra" que provoca "casos dramáticos" en Galicia.
- 📺 Ao vivo
- Cultura
As censuras e os silencios na prensa de Galicia e alén, a debate no Consello da Cultura
Marcos Pérez Pena, xornalista de Praza.gal, abre a xornada co relatorio 'A(s) censura(s) na prensa galega'
SATSE denuncia que 8 de cada 10 enfermeiras de Galicia sufriron algunha agresión de pacientes ou familiares
Máis da metade sufriu cinco agresións ou máis. Nos últimos dous anos, marcados pola pademia de COVID, o 66% dos e das profesionais galegas atopáronse neste tipo de situacións. O sindicato destaca que o ambiente laboral nos centros sanitarios e sociosanitarios e a relación cos pacientes empeorou dende o 2020.