A lei de eutanasia dá o seu primeiro paso no Congreso e o PP insinúa que se quere "aforrar" cos enfermos
O pleno aproba en toma en consideración da proposta do PSOE con ampla maioría da Cámara Baixa, superando os 200 votos. O PP acusa os socialistas de querer aforrar "custos" en Sanidade e Vox fala de "homicidio asistido".
O estatuto electrointensivo aforra 90 millóns á industria, que suma 262 millóns para a factura eléctrica
As bonificacións ás grandes consumidoras súmanselle os 172 millóns en compensacións por custos de CO2 nun real decreto que prevé ser aprobado en marzo.
A oposición ve no adianto electoral unha mostra do "desgaste" de Feijóo e unha oportunidade para o cambio
PSdeG-PSOE, Grupo Común da Esquerda, BNG e En Marea celebran a convocatoria dos comicios e destacan que vén forzada pola mobilización social dos últimos meses.
'Hierro', 'Quen a ferro mata' e 'O que arde' lideran as candidaturas aos Mestre Mateo
A serie de Jorge Coira suma 16 finalistas e os filmes de Paco Plaza e Oliver Laxe 15 e 12, respectivamente. A gala de entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro 7 de marzo na Coruña, presentada por Patricia Vázquez.
A policía detén o mozo da muller acoitelada en Lugo noutro posible caso de violencia machista
A vítima foi asasinada na súa casa o pasado venres e a súa parella foi detida este sábado como presunto culpable da súa morte.
O Estado ofrece non contar como déficit autonómico o mes do IVE non pagado dende a reforma de Rajoy
A ministra Montero insiste na imposibilidade de reintegrar eses 200 millóns a Galicia porque xa foron "gastados" pola comunidade autónoma. O Goberno central propón préstamos e relaxar os obxectivos de déficit para compensar o impago.
Braga asume a presidencia do Eixo Atlántico coa alcaldesa de Lugo como vicepresidenta
O alcalde de Braga, Ricardo Rio, foi elixido por aclamación como presidente do Eixo na súa XXVIII Asemblea Xeral, celebrada en Matosinhos co foco posto no problema demográfico e a necesidade de atraer investimentos á Eurorrexión
- Obituario
- Cultura
A escena galega chora a perda da histórica Pilar Pereira
Marcha "unha compañeira e unha das nosas actrices máis veteranas, digna de toda a admiración", destaca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Braga estrea a capitalidade cultural do Eixo Atlántico cun concerto gratuíto de SondeSeu e Daniel Pereira Cristo
“Queremos que contribúa a aumentar a dinámica cultural de cada unha das cidades que integran esta asociación transfronteiriza”, di o alcalde, Ricardo Río
O Goberno central ultima o estatuto electrointensivo tras recibir o visto e prace da UE
O novo marco enerxético para as empresas grandes consumidoras procura abaratar os custos e garantir a viabilidade de plantas como as de Alcoa na Mariña. A intención é rebaxarlle á industria ata un 85% dos cargos polas renovables.
- Vídeo
- Cultura
'No salón das cereixas': así soa o novo de Xabier Díaz
Xa podes escoitar e ver o vídeo de 'No salón das cereixas', primeiro sinxelo d'As catedrais silenciadas, "un pasodobre que homenaxea as nais e as avoas que conservaron a lírica e a música popular"
Os beneficios de Abanca achéganse aos 3.000 millóns tras gañar 405 durante 2019
O beneficio acumulado nestes seis anos practicamente triplica o desembolso de Banesco para adquirir Novagalicia Banco, entidade resultante do rescate da fusión de Caixa Galicia e Caixanova