As 'Mil Primaveras' para o galego están na música, no xogo, nas redes sociais e nos recursos para crianzas
A CTNL deu a coñecer os proxectos gañadores dos Premios Mil Primaveras, que recoñecen iniciativas de fomento da lingua asociada a valores positivos e en contacto coa mocidade. Do berce á rúa, CantáMOLA en galego, Twitter en galego e Instagram en galego, Somos xogo, Dicionario galego para boomers e Media laranxa foron os escollidos
O BNG reclama "solucións" ao aumento de prezos e un "cambio" para Galicia no adeus de Feijóo
A manifestación convocada polo Bloque ateigou a Praza da Quintana, onde se escoitaron as reivindicacións de transportistas, mariñeiros, gandeiros e pensionistas. Ana Pontón afirma que "o PP é o pasado nunha Galiza que mira cara o futuro"
O nomeamento de Tellado como vicesecretario do PP acelera a celebración dun congreso que decida a dirección do PPdeG
Miguel Tellado, actual secretario xeral do PPdeG, será o novo responsable de Organización do PP. Mar Sánchez pasa a dirixir a Área de Proxección e Imaxe e Marta Varela convértese na Directora de Gabinete de Núñez Feijóo en Madrid.
Centos de persoas protestan en Curtis contra dous proxectos eólicos que afectan a 12 concellos
As instalacións proxectadas afectarían a Aranga, Oza-Cesuras, Curtis, Vilasantar, Abegondo, Frades, Mesía, Ordes e Carral, Sobrado e Guitiriz. Nove alcaldes e alcaldesas asinan un comunicado conxunto de rexeitamento aos novos parques.
- Videos
- Cultura
Xa está aquí o Carballo Interplay: nove anos achegando a 'última hora' da creación máis nova
Na novena edición do festival de contidos dixitais, que se celebrará do 6 ao 9 de abril, o protagonismo repartirase entre os podcast e os proxectos que empregan a rede como unha ferramenta cultural, de humor ou de activismo, ademais do habitual espazo dedicado ás webseries
- Documento Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo incorpora á súa directiva no PP estatal a varios dos principais dirixentes do PPdeG
Diego Calvo, presidente do PP da Coruña, será presidente do comité electoral, e os outros tres presidentes provinciais estarán tamén no comité executivo, no que faltan por coñecerse outras responsabilidades sectoriais
- 📺
- Cultura
Nacer, producir, morrer: o novo disco escuro pero alegre de Grampoder
Grampoder tórnanse algo máis escuros no contido das letras, mais a enerxía, a vitalidade e mesmo a alegría das melodías quizais traizoe as mensaxes de frustración
O PSdeG responsabiliza a Rueda de arriscar o legado da Casa de Galicia de Montevideo : "Preocúpao máis herdar a leiriña"
"Ninguén imaxina que un goberno de Fraga ou de Touriño deixase morrer un legado cultural como o que tiñamos en Uruguai", cre Lage, secretario de organización do PSdeG
Un policía multa un home coa 'lei mordaza' na Coruña porque os seus fillos de 2 e 4 anos xogaban na oficina do DNI
O axente invoca na súa denuncia o artigo da lei que castiga a "alteración grave da seguridade cidadá". O home atopábase no exterior da oficina coa súa bebé de menos dun ano mentres a nai renovaba o carné dos outros dous fillos, de 2 e 4 anos. Considera que padeceu un "claro abuso de autoridade"
Alianza xornalística entre Praza.gal e infoLibre
O obxectivo é colaborar dende unha maneira moi semellante de entendermos o xornalismo nun ecosistema ás veces hostil á liberdade de prensa, que fomenta máis a competición que as alianzas
Márketing e xestión comercial en internet, perfís laborais máis demandados na formación do plan 'Reiníciate' para a mocidade de Lugo
O programa formativo 'Reiníciate' da Deputación de Lugo e a EOI diríxese á mocidade de 16 a 30 anos co obxectivo de "darlles ferramentas para atopar traballo" mediante "formación especializada nos ámbitos que máis se reclaman no mundo laboral"
🔊Fálase | A sanidade de Feijóo e bombas de chocolate
No novo episodio do podcast informativo de Praza, conducido por David Lombao, facemos balance da política sanitario nos 13 anos da presidencia de Feijóo e escoitamos como o ven Manuel Martín, voceiro de SOS Sanidade Pública, e Aurora Magán, das Enfermeiras Eventuais en Loita. Ademais, achegámonos ao que se fala en VINTE cun "non á guerra" en forma de conto infantil