- Interactivo
- Lecer
Comproba aquí os teus números da lotaría do Nadal
Un 22 de decembro máis, celebrouse o sorteo da lotaría do Nadal, con poucos premios en Galicia aínda que bastante repartidos. Comproba aquí se os teus números foron premiados
- En actualización
- Acontece
O forte vento da borrasca 'Fabien' provoca numerosas incidencias en toda Galicia
Voos cancelados, liñas ferroviarias cortadas, caídas de árbores, desprendementos en fachadas, desbordamentos de ríos e 27.000 fogares sen luz son algunhas das consecuencias dun novo temporal no país, que provocou máis de 500 incidencias ata as 6 da tarde.
A morte dun home en Santiago, consecuencia máis tráxica dun temporal con case 2.000 incidencias
Un muro do compostelán parque de Bonaval esfarelado pola chuvia e o vento caeu sobre un octoxenario, causándolle a morte. Caídas de árbores e pólas en estradas e asolagamentos en estradas, vivendas e garaxes foron as incidencias máis frecuentes da borrasca Elsa
'Prende!': á procura de mocidade para aprender oficios que "boten raíces" no rural de Lugo
Ata o 9 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para a formación do plan 'Prende!', da Deputación de Lugo e a UE, centrado nos sectores das enerxías renovables, hostalaría e turismo, xestión forestal e mais agricultura e gandaría. Incorporará 60 persoas á formación nestas catro áreas profesionais e, nunha segunda fase, ofrecerá oito meses de experiencia laboral en empresas
A Xustiza da UE sentencia a prol de Junqueras: tiña inmunidade desde as eleccións europeas
O Tribunal de Xustiza da UE resolve as preguntas do Supremo sobre o ex-vicepresidente da Generalitat e considera que era eurodeputado de pleno dereito "desde a proclamación dos resultados" dos comicios. O ditame abre as portas da Eurocámara a Puigdemont e Comín.
A UE suaviza o recorte ás cotas pesqueiras e alivia os temores da frota malia a redución na pescada
O recorte á pescada do Cantábrico, que partía dun 20%, queda nun 5%. "Para a situación de partida na que estabamos coa proposta de Bruxelas, en liñas xerais podemos dicir que mantemos o barco a flote", di a conselleira do Mar, que participou na negociación xunto ao ministro de Agricultura
Fomento presenta un estudo sobre os desprazamentos da poboación a partir dos datos dos seus móbiles
Foi realizado nos meses de xullo, agosto e outubro de 2017 e amosa os fluxos de mobilidade entre unhas provincias e outras. A maior parte das viaxes en Galicia teñen como orixe e destino as restantes provincias galegas, pero tamén Madrid e zonas limítrofes como Asturias, León e Zamora.
Antón Sánchez chama na Asemblea Nacional de Anova a "rematar coa década negra neoliberal de Feijóo"
A formación renovou este sábado en Teo a composición da súa Coordinadora Nacional e Comisión de Garantías, escollendo por unha ampla maioría da militancia (un 85,71% dos e das participantes) a única candidatura presentada, República Galega
O PSdeG inaugura o seu 'Laboratorio de Ideas', o “xermolo dun novo tempo político en Galicia”
"Hai unha Galicia que quere gañar o futuro e o PSdeG está en condicións de darlle un goberno mellor”, dixo Gonzalo Caballero na inauguración da xornada de traballo, na que tamén participaron Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe
Galicia, 2020: unha ollada ás esquerdas galegas ás portas da carreira electoral
Abordamos o escenario político galego cara a 2020 da man de catro analistas este venres, día 13, dende as 19:00 na compostelá Casa do Taberneiro
- Gráficos
- Acontece
O 2019 vai camiño de marcar un novo mínimo histórico de nacementos en Galicia
No primeiro semestre deste 2019 naceron 7.695 nenos e nenas, fronte aos 8.311 do mesmo período do 2018. O número de defuncións (16.121) duplica as cifras de novas inscricións. O noso país é a comunidade autónoma con peor saldo vexetativo.
O 'Blue Star', desencallado por fin tras 18 días embarrancado na costa de Ares
O dispositivo da empresa contratada pola armadora logra desencallar o quimiqueiro con dous remolcadores e despois de case tres semanas varado.