A Xunta presenta un plan para coordinar a loita contra a velutina nove anos despois do inicio da praga
A Administración autonómica "centraliza" a retirada de niños, que hoxe en día depende de varios sistemas e métodos diferentes segundo o concello onde se localicen
Medio millón de persoas viven por debaixo do limiar da pobreza en Galicia
Case un de cada cinco galegos e galegas ten ingresos inferiores aos 8.871 euros anuais por persoa. A taxa de pobreza medrou unha décima no último ano e afecta sobre todo ás xeracións máis novas e ás familias monoparentais, que dependen sobre todo das mulleres.
Disturbios tras as manifestacións contra a sentenza do procés levan o Goberno central a falar de "violencia xeneralizada"
Os incidentes desencadeáronse tras unha protesta pacífica de Òmnium e ANC contra a sentenza, secundada por milleiros de persoas. Contra a media noite, cando se repetían as imaxes das fogueiras e disturbios en Barcelona, Moncloa emitiu un comunicado no que falaba de "violencia xeneralizada", pero matizando que a "coordinación" cos Mossos é "moi positiva"
Un dos feridos perde un ollo tras as protestas pola sentenza do 'procés', que seguirán toda a semana
As mobilizacións continuarán nos vindeiros días e xa hai convocada unha folga xeral o venres. Os antidisturbios da Garda Civil permanecerán en Catalunya todo o mes e o Govern defende as cargas dos mossos
Sen culpables dous anos despois polo incendio de Nigrán no que morreron dúas mulleres durante a vaga de lume
O xulgado vén de arquivar a causa logo de que a Garda Civil non fose quen de identificar ningún responsable duns feitos que son considerados delitivos
Unha nova morte dun paciente que tardou en ser atendido pon o foco na "falta de recursos" do Sergas
Unha ambulancia do 061 tardou máis de tres cuartos de hora en asistir un home que acabaría falecendo en Dozón. O PP vetou a comparecencia do conselleiro solicitada pola oposición, que insiste na escaseza de medios
O futuro dos presos independentistas cataláns: sen as primeiras condicionais ata 2023 e pendentes dos permisos
As medidas de semiliberdade quedan en mans das autoridades penitenciarias catalás. Contra o criterio da Fiscalía, a sentenza non pon límites á concesión de beneficios, que poderían empezar a reclamarse de maneira inmediata
A mobilización contra a sentenza do 'procés' atranca varias das principais infraestruturas catalás
O aeroporto de El Prat, onde xa se cancelaron uns vinte voos, convértese no epicentro da protesta contra o ditame do Supremo tras mobilizacións en varias localidades catalás que tamén cortaron estradas e vías de ferrocarrís
Hai futuro no LGx15: os 15 minutos de charla que recargan as baterías do galego
Teo acolle o 9 de novembro a quinta edición do evento no que persoas de moi diversos ámbitos profesionais achegan experiencias arredor da lingua
Pedro Sánchez defende o "cumprimento íntegro" da sentenza do procés e Casado pide leis máis duras
O presidente do Goberno de España en funcións defende que "ninguén" foi "xulgado polas súas ideas" nunha comparecencia na que tenta afastar a posibilidade de que o Goberno de España conceda indultos aos líderes cataláns condenados
Os líderes independentistas cataláns, condenados por sedición e malversación con ata 13 anos de cárcere
O Supremo condena a 13 anos de cadea a Junqueras; a 12 a Romeva, Turull e Bassa; a 11 e medio a Forcadell; a 10 e seis meses a Forn e Rull e a nove a Jordi Cuixart e Jordi Sánchez. Son penas máis altas das solicitadas pola Avogacía do Estado
As filtracións da sentenza do 'procés' apuntan a condenas por sedición de ata 15 anos
Varios medios adiantan que o ditame será feito público o luns e que o Supremo condenará de maneira unánime os líderes independentistas por sedición e malversación pero non por rebelión