Un xulgado condena a CRTVG por sancionar un traballador como represalia por mobilizarse nos 'venres negros'
O xulgado anula a sanción contra Carlos Jiménez, ao que a corporación pública acusaba de incorrer nunha incompatibilidade, e conclúe que lla impuxo como "resposta" á ducia de procesos xudiciais que lle gañou e mais á súa participación nas protestas dos Venres Negros
O persoal de Alcoa aproba en referendo o peche da planta de aluminio de San Cibrao dous anos a cambio de manter os empregos
A decisión implica que nos anos 2022 e 2023 non se producirá aluminio primario na factoría, co compromiso da multinacional de reiniciar o 100% das cubas no 2024. O 70% dos traballadores apoiaron a proposta, cunha participación do 76% do cadro de persoal. Os empregados das empresas auxiliares opuxéronse. O acordo entre Comité e empresa asinarase este mércores.
- Vídeo
- Deportes
Figuras do deporte amosan nun vídeo o seu apoio ás seleccións galegas
No documental, realizado por Vía Galega dentro da campaña “Galiza, un Pobo, unha selección”, participan Fernando Vázquez, Xulia Vaquero, Caetano Horta, Eva Castro, Alba Cuba ou Gustavo César Veloso
O festival de Cans deixa atrás a pandemia e regresa ás súas datas habituais na primavera
O certame celebrará a súa XIX edición entre o 18 e o 21 de maio de 2022. A pesar da COVID, puido levar a cabo as dúas últimas entregas, desprazadas aos meses de agosto e setembro, mantendo calidade e éxito de público, con 7.500 persoas asistentes neste 2021.
A música imponse á pandemia: Tanxugueiras, palabra galega do ano
O vocábulo, un microtopónimo presente en varios lugares do país e que dá nome á formación musical, foi o máis votado na escolla que realiza o Portal das Palabras da RAG e a Fundación Barrié. Superou a varios termos relacionados coa COVID, como resiliencia, vacinódromo e gromo
Adeus ao xugo e as frechas da Falange en lavadoiros e espazos públicos de sete concellos pontevedreses
A Deputación de Pontevedra outorga 23.000 euros en subvencións para a retirada de simboloxía franquista
O Goberno de España pacta a reforma laboral con CC.OO, UGT e a patronal CEOE
O texto reverte parte da reforma de Rajoy en aspectos como a primacía dos convenios sectoriais para os salarios ou a non caducidade dos convenios ata que se pacte un novo, acouta a contratación temporal e consolida mecanismos como os ERTE. Yolanda Díaz defende o pacto como "histórico": "É a primeira reforma na que traballadoras e traballadores gañan dereitos", asegura
'Xogamos pola igualdade': consellos dende Lugo para agasallar con xoguetes alén dos clixés
A Casa da Muller do Concello de Lugo promove, nestas datas de Nadal, unhas pautas para fomentar que os xogos e xoguetes que agasallamos ás nenas e nenos "amosen unha visión do mundo baseada na igualdade, o respecto e a liberdade"
- 🔊Podcast 40 anos do Estatuto Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 10: Especial Nadal
Hai dez programas comezamos a facer memoria sobre as últimas catro décadas de Galicia. Iso levounos aos anos 80, aos anos 90 e aos primeiros 2000. E, que é o que facían calquera programa cun mínimo de prestixio naqueles anos? Efectivamente: un especial de Nadal! Cunha entrevista exclusiva e moitas sorpresas no contestador despedimos o podcast Retrocorenta
- 📺 Vídeos
- Política
PP e BNG publican os seus vídeos de Nadal no inicio do derradeiro pleno parlamentario do ano
A montaxe dos populares, divulgada en versións galega e castelá, está locutada por Feijóo e di pretender dar "a benvida á Galicia do mañá" dende "a Galicia de hoxe". O vídeo do Bloque, con Pontón e outros membros do seu grupo parlamentario, comparte experiencias ligadas ás festas e anima a "coidarse, porque o importante e celebrar moitos nadais xuntos e xuntas"
Un Xulgado do Mercantil da Coruña denega a apertura da fase de liquidación de Alu Ibérica
A xuíza non descarta dar ese paso no futuro pero de momento limítase a pedir máis informes
Alumnado de Integración Social de Vigo achégase a coñecer a rapaces migrantes de Senegal ou Costa de Marfil a través dun podcast
Viaxando polos continentes é o proxecto do alumnado do segundo curso do ciclo superior de Integración Social do colexio San José da Guía da man da asociación Provivienda, que os puxo en contacto cun grupo de rapaces migrantes acabados de chegar a Vigo