O BNG promove unha lei de residencias da terceira idade cun máximo de cen prazas e un mínimo do 90% de cuartos individuais
A iniciativa do Bloque inclúe o reforzo da inspección de servizos sociais mediante un corpo específico para as residencias ou recuperar a xestión directa nas residencias da Xunta con concesións privadas, cuxos contratos chegan ata 2039
- Interactivo
- Lecer Pontevedra
Recuperar o espazo público tamén no monte: Espírito Montuno achega a veciñanza de Pontevedra ao seu "anel verde"
A campaña do Concello de Pontevedra Espírito Montuno busca pór en valor os parques forestais e que a xente da cidade e das parroquias se achegue para gozar do seu tempo de lecer no "gran anel verde" que rodea a cidade. Unha boa maneira, ademais, de colaborar na prevención dos incendios
Nace Vinte Preguntas, o gran xogo de preguntas e respostas da cultura popular galega
VINTE presenta Vinte Preguntas, un xogo en liña con preguntas sobre cultura popular galega de amplo espectro: da música aos deportes, pasando pola historia recente, o cinema ou historias cotiás das nosas vilas e cidades
Chega a xuízo o caso do mozo ao que o fiscal pide cárcere polas protestas contra o desaloxo do Escárnio e Maldizer de Santiago
Chema Naia enfróntase a unha petición de ata catro anos e medio de prisión e 4.000 euros de multa por "atentado a autoridade e lesións a varios antidisturbios". O grupo constituído para apoialo ve a absolución "como único desenlace posible deste caso nun Estado democrático"
A esquerda de Boric gobernará Chile tras vencer ao aspirante da extrema dereita co 55% dos votos
"Estamos ante un cambio de ciclo histórico e non o podemos desaproveitar", advirte o presidente electo, que chega ao poder dez anos despois de ser un dos líderes estudantís das amplas protestas sociais fronte ao goberno dereitista de Piñera. Boric pararaseou a Salvador Allende tras confirmar a súa vitoria fronte ao aspirante da extrema dereita, José Antonio Kast, abertamente adherido ás teses de Pinochet
O BNG propón un monumento na memoria de Ánxel Casal, asasinado hai 85 anos
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a portavoz municipal en Compostela, Goretti Sanmartín, reclaman no 126 aniversario do nacemento de Ánxel Casal unha estatua coa súa figura diante da antiga sede do Concello de Santiago, do que foi alcalde, na praza de Cervantes
O Premio Reimóndez Portela de xornalismo recoñece a "imaxe transversal de 40 anos de autonomía" que vén ofrecendo Praza.gal
A XXVI edición do galardón premia a serie de cinco entrevistas sobre o aniversario do Estatuto publicada por David Reinero no marco das diversas informacións coas que no último ano lembramos a constitución das principais institucións galegas
O sector do mexillón maniféstase na Illa de Arousa contra a normativa "letal" da Xunta sobre a mexilla
Centos de persoas manifestáronse de Vilanova ata a Illa de Arousa en apoio dos mexilloeiros. O Concello da Illa aprobou unha moción que reclama á Consellería do Mar a eliminación da norma que permite o acceso dos percebeiros a zonas para a extracción de semente de mexillón
Mercados, xogos e outros plans para o Nadal
Nestas datas agroman os plans relacionados co Nadal para todas as idades. Os mercados que se espallan polo país achegan a produtores e artistas locais, así como as actividades de lecer para realizar coa rapazada.
Dous mil anos de Lugo termal: dos baños romanos ao spa
As termas da antiga Lucus Augusti, cuxos restos se conservan nas instalacións do actual Hotel Balneario, incluído no programa Lugo Termal da Deputación lucense, eran xa espazo de terapia e lecer
Renfe anuncia que o seu servizo de baixo custo Avlo tamén operará entre Galicia e Madrid pero non concreta data
A empresa pública quere aumentar do 20% ao 50% a cota de uso do tren fronte ao avión coa entrada en servizo a próxima semana da liña de alta velocidade coa Meseta
O incendio no motor dun Feve en Narón vira en enésima chamada de atención sobre o abandono do tren de proximidade
Malia a que todo apunta a que este incidente nunha máquina non especialmente antiga tivo carácter fortuíto, o acontecido volve poñer o foco no tren de proximidade como materia pendente. Mentres que no eixo Ferrol-Narón a antiga Feve circula practicamente unha vez por hora, os servizos esmorecen canto máis ao leste tras anos de progresivo abandono