Pontón reivindica o BNG como "o Partido Galeguista do século XXI" no 90º aniversario da súa fundación
O Bloque declárase "herdeiro do legado" da histórica formación e insiste no "obxectivo" de chegar á presidencia da Xunta e "disputarlle a hexemonía ao PP" nun novo ciclo político.
A unidade interna, principal reto do XIV Congreso do PSdeG, que visibilizará “a outra Galicia dos concellos e deputacións” que goberna
Pedro Sánchez clausura o mércores o conclave que fará secretario xeral a Valentín González Formoso, vencedor en primarias de Gonzalo Caballero, crítico co seu sucesor
Músicas pegadas ao espírito de Nova Orleans para ir despedindo o ano co Outono Códax
Blues, jazz, soul e algo de rock nun Outono Códax que ata o 11 de decembro reúne en Santiago a músicos que recollen a súa inspiración na cidade de Nova Orleans. Theo Lawrence, Néstor Pardo, The Allnight Workers e Aurora Nealand & The Royal Roses son algunhas das propostas do festival
A cota do 6% en galego, vasco ou catalán só atinxirá a plataformas audiovisuais con sede en España e non a Netflix ou HBO
O Goberno central aprobou este martes o proxecto de Lei Xeral de Comunicacion Audiovisual tras o acordo con ERC. As empresas de fóra do Estado non estarán obrigadas a reservar un mínimo de producións en linguas cooficiais.
De volta aos balnearios tras o parón pola COVID, o Lugo Termal agarda "máis inscricións ca nunca"
A Deputación de Lugo busca co programa Lugo Termal, este ano con máis prazas, que lugueses e luguesas se acheguen aos balnearios da provincia, promovendo o benestar social e a reactivación económica do sector
Nova Galega de Danza representa a "andaina vital" a partir da poética de Celso Emilio e do movemento de quen está nunha encrucillada
As paisaxes do Camiño de Santiago e os poemas da 'Longa noite de pedra' de Celso Emilio Ferreiro fusiónanse nos movementos e sons do novo espectáculo de Nova Galega de Danza, 'Credo', que se estrea este venres no auditorio municipal das Pontes
Alcoa ofrece permisos retribuídos para deter a fábrica de aluminio ata 2024 e non despedir en catro anos
Ofrece unha "solución a medio-longo prazo" na Mariña ante os "desorbitados prezos da electricidade" que inclúe cesamentos temporais durante dous anos no caso de conseguir "preacordos de enerxía razoables" para abaratar o seu prezo.
O pleno da Coruña valorará que os veciños que auxiliaron a Samuel impartan un programa educativo nos institutos
Marea Atlántica e BNG impulsan unha moción conxunta na que inclúen a demanda da ONG Ecodesarrollo Gaia para que Ibrahima e Magatte participen en actividades "pola diversidade e a non violencia".
Unha masiva marcha pola "sanidade digna" no oriente ourensán volve alertar da perda de servizos no rural
Milleiros de persoas saen á rúa no Barco contra o "desmantelamento" do hospital comarcal e a falta de recursos sanitarios. O Sergas di "respectar" pero "non entender" a mobilización.
Máis de 170 colectivos convocan varias mobilizacións contra a "invasión eólica" o 11 de decembro
A Coordinadora Eólica Así Non insiste en pedir a "paralización" de todos os proxectos en tramitación e acusa a Xunta de aprobar unha "falsa moratoria que promove a confusión e pretende desmobilizar a sociedade crítica".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia volve superar os 4.000 casos activos pero con tres veces menos ingresos na UCI que a última vez
A presión hospitalaria descende un chisco, con 15 persoas en coidados intensivos fronte ás 43 que había a última vez que pasara a barreira das 4.000 infeccións activas.
Olaxonmario, gran triunfador dos Premios Youtubeiras 2021
Acadou dous dos cinco premios aos que aspiraba por "ser quen de conectar con moita xente dentro e fóra das nosas fronteiras”. A gala de entrega de premios destacou “a existencia dunha comunidade asentada de referencia para Youtube en lingua galega”.