Ourense lanza un SOS masivo na rúa contra a xestión de Jácome e Baltar: "Xa abonda"
Milleiros de persoas desbordan o centro da cidade contra a xestión do Concello e da Deputación: "Este é o principio da fin dos gobernos ourensicidas de Gonzalo Jácome e do Partido Popular".
Cen mil sinaturas e oito concellos gobernados por PSdeG, BNG e PP, contra o primeiro parque eólico da serra da Groba
Representantes de diversas formacións políticas e entidades civís de Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui, A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia escenifican o rexeitamento social
Conexión.gal visita en Alemaña un paramés que ensina a nosa lingua na diáspora
Iván Regueiro conéctase desde Heidelberg neste quinto Conexión.gal. A cidade alemá xa se cruzara no seu camiño antes de converterse na súa segunda casa como migrante. No seu caso, o leva desde 2019 na diáspora da man do noso idioma
- Obituario
- Cultura
Falece Darío Xohán Cabana, figura clave da literatura galega contemporánea
O narrador, poeta e escritor chairego faleceu aos 69 anos logo dunha prolífica e destacada obra.
Tanxugueiras lánzanse en galego ao certame no que TVE escollerá representantes para Eurovisión
A primeira peneira que as pandeireteiras terán que pasar para optaren a representar a Televisión Española en Eurovisión é a preselección da corporación pública para o reformulado Festival de Benidorm, do que sairá o tema gañador
A Academia culmina o ano Xela Arias cun simposio centrado na súa voz como artista "muller, miope e galega"
As poetas Chus Pato e Alba Cid e mais a crítica literaria María Xesús Nogueira conversarán este xoves arredor da vida poética da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021 nun simposio que continúa o día 25 na sede da Real Academia Galega
O Porriño será a saída da nova volta ciclista profesional galega, que a Xunta apoia como "escaparate do Xacobeo"
O vicepresidente Alfonso Rueda asegura que a proba será "un escaparate de primeiro nivel para o turismo e un factor de reactivación da ocupación hoteleira". A Deputación de Pontevedra achega 100.000 euros para que a provincia sexa "anfitrioa" da carreira.
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos pregunta a España pola prohibición da manifestación da CUT do 1º de maio de 2020 en Vigo
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos acolle a demanda da CUT por vulneración de dereitos relativos á liberdade de expresión e manifestación e abre un período para atopar unha solución amistosa entre o sindicato e o Estado español
En galego tamén se constrúe ciencia: a Deputación da Coruña espalla a investigación coa campaña #AsPalabrasdaCiencia
A Deputación da Coruña emprega o cancelo #AsPalabrasDaCiencia para difundir o traballo de científicos e científicas galegas nas redes sociais, con premios para quen comparta os contidos, durante todo o mes de novembro
Da historia ao teatro, do cinema ao queixo: os Premios da Crítica celebran que "non hai idioma abondo para recoñecérmonos"
Os premios deste 2021 distinguiron o traballo de Xesús Fraga, Miguel Anxo Seixas, Viñetas desde o Atlántico, Alejo Amoedo, Manuel Ayaso, Erregueté, Margarita Ledo e ás Queixaría Airas Moniz
Medio cento de colectivos esixe "un verdadeiro plan de restauración" da vella mina de Touro para frear a contaminación da auga
Medio cento de colectivos veciñais, ecoloxistas e profesionais reunidos na Illa advirten de que o plan de drenaxe presentado pola promotora da mina de Touro-O Pino "deixa sen tratar" augas contaminadas que rebordan e pretende dar pasos para volver tentar reabrir a explotación
A Europa multilingüe cítase en Compostela coa Mesa pola Normalización Lingüística como anfitrioa
A presenza do galego, o euskera e o catalán na futura lei audiovisual do Estado será un dos asuntos abordados na asemblea xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), que acolle 35 delegacións internacionais