Dezanove anos despois, a catástrofe do Prestige non está tan lonxe de repetirse
Ecoloxistas en Acción denuncia que en torno a 38 barcos ao día pasan preto do litoral galego con mercadorías perigosas ademais do combustible, polo que 19 anos despois vén posible outra catástrofe medioambiental como a do Prestige. O colectivo ambientalista prepara un documental sobre o desastre para o seu vixésimo aniversario, centrado no voluntariado que acudira axudar na retirada de chapapote
As Sementeiras: traballo social en clave feminista
O Colexio de Traballo Social impulsa un grupo específico para concienciar en feminismo e "contribuír á construción dun mundo máis amable, máis igualitario e habitable, con maior xustiza social e libre de violencias patriarcais".
A Audiencia de Lugo ordena reabrir o caso das gravacións de mulleres na Maruxaina difundidas en webs pornográficas
O tribunal pide ao xuíz instrutor, que arquivara o caso, que cando menos determine o lugar no que foron colocadas as cámaras e lembra que o Constitucional considera que a intimidade non se limita ao ámbito doméstico
Rodolfo e Priscila, a editora indecisa de Berta Dávila e Carlos Meixide
Os dous títulos cos que nace o novo selo editorial independente das escritoras Berta Dávila e Carlos Meixide chegarán ás librarías o día 23 e presentaránse na feira das industrias culturais, a Culturgal, na mañá do sábado 27 no Pazo da Cultura de Pontevedra
O XXVI Premio Reimóndez Portela galardoa as entrevistas sobre os 40 anos do Estatuto publicadas en Praza.gal por David Reinero
O premio xornalístico en lembranza do médico e político estradense que presidiu a elaboración do Estatuto dos 16 recoñece as conversas con Vázquez Portomeñe, Fernando Salgado, Pilar Rojo, Teresa Táboas e Agustín Hernández publicadas durante o pasado agosto
A futura ampliación do período de cálculo das pensións axita as mobilizacións dos actuais pensionistas
O compromiso do Estado coa UE de "aumentar o período de cotización para o cálculo das pensións" é público dende hai máis de medio ano e agora fica ratificado na nova documentación de seguimento dos fondos de recuperación. "É falso e perverso dicir que as nosas reivindicacións poñen en risco as pensións do futuro" porque "estamos falando de consolidar e garantir un sistema público e universal de pensións para as xeracións futuras", resaltan as organizacións de pensionistas que se volven manifestar este 13 de novembro
O Supremo rebaixa a condena do cura que roubou en igrexas de Ribadeo e Trabada porque devolveu parte do substraído
A condena do ex-crego queda finalmente en dous anos de medio de prisión. Inicialmente, para explicar a desaparición de imaxes relixiosas ou mobles, aseguraba que os enviara a restaurar
A Xunta saca a concurso a licenza de TDT privada á que renunciou V Televisión
As dúas licenzas de televisión autonómica privada foran adxudicadas polo Goberno de Fraga en funcións en xullo de 2005 ao Grupo Voz e a Popular TV. Ambas canles pecharon antes de chegaren a cumprir as condicións das concesións, que a Xunta evitou rescatar por dúas veces mediante senllas prórrogas
A Xunta promove que o seu persoal evite a bolería industrial tras mofarse o PP do ministro Garzón por limitar a súa publicidade
O plan inclúe a iniciativa 'Reunións en ruta' para fomentar que encontros de "20 ou 30 minutos" durante a xornada laboral se desenvolvan camiñando polo recinto da Consellería de Sanidade
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 8: Historias de autobús
Estas catro décadas de memoria colectiva nas que se centra o podcast Retrocorenta non se poden entender sen as historias de autobús. Neste oitavo episodio participan o escritor Carlos Meixide, a xornalista Marta Veiga e o actor Antonio Durán ′Morris′
O Tribunal Superior de Galicia decreta que o nacemento dun fillo morto conta para calcular a pensión de xubilación da nai
O TSXG di que a “situación de discriminación” laboral das mulleres por ser nais que xustifica o plus na pensión “producíase xa desde o momento do embarazo, con independencia de se chegaba a bo termo”
Media ducia de curtas galegas do Festival Intersección
Analizamos media ducia de pezas experimentais amosadas no certame que vén de rematar na Coruña, con filmes situados entre a arte contemporánea e o cinema de vangarda