ERC e PNV advirten de que non atrancarán a investidura de Sánchez se hai pacto do PSOE con Podemos
Rufián ve "curioso" que Iglesias se presente como "humillado" polo PSOE mentres ERC accede a evitar a repetición electoral malia estar Junqueras na cadea. Aitor Esteban subliña que os nacionalistas vascos fan "todo o posible" para que a investidura saia adiante
- Con vídeo
- Cultura
'O que arde' estréase en Francia en galego e no dobre de salas que en España
Viendra le Feu proxéctase nun total de 54 cines de todo o país. No Estado español poderá verse a partir do 11 de outubro, pero antes haberá un pase especial en Compostela o vindeiro 1 de outubro, no marco do Curtocircuito.
Folgas en Renfe, Ryanair e Iberia e restricións nas estradas condicionan a operación retorno de agosto
Este xoves, como xa sucedeu en días pasados, a A-8 volveu ser cortada ao tráfico por néboa no alto do Fiouco e as previsións de vento para os próximos días ameazan con repetir a situación
Sánchez presenta un programa de goberno con 300 medidas e desbota unha coalición que Podemos ofrece acordar “en horas”
PSOE e Unidas Podemos seguen apurando o prazo do 23 de setembro no que quedarían convocadas novas eleccións se non se produce unha investidura
Unha concentración reclama na Coruña o “dereito ao refuxio” máis alá do Open Arms, xa en augas italianas
Un tribunal revogou a decisión do Goberno de Italia de prohibir ao barco con 146 rescatados achegarse ás súas costas, pero o buque agarda polo permiso de desembarco
De cerámica a almacén sobre a ría de Vigo: a outra concesión de Costas contra a que loita o Concello de Pontevedra
O goberno local recorre ante a Audiencia Nacional a prórroga de 20 anos outorgada polo Goberno central ao propietario da antiga fábrica de louzas de Pontesa en Pontesampaio, empregada xa só como depósito malia estar asentada en parte sobre marismas. “Consideramos que deben ser terreos para desfrute público ao servizo da veciñanza”, di
15 litros por coche e 1.400 euros de soldo: os servizos mínimos e os motivos da folga de carburantes en Portugal
O Goberno portugués decreta situación de crise enerxética pola folga indefinida de transportistas de materias perigosas que comeza este luns. Coa folga os transportistas de materias perigosas reclaman da patronal diversas melloras laborais en forma de días de descanso ou formación e un progresivo incremento salarial dos 630 euros de soldo base que cobran actualmente
Unha cantante da orquestra Panorama denuncia acoso machista nas redes sociais
"Isto vai para todos os homes que se cren co dereito de falarlle a unha muller como se fose un obxecto: sodes patéticos" , afirmou a cantante e comunicadora Fátima Pego tras divulgar as mensaxes machistas que viña de recibir. "Animo a todas as mulleres a que non se sintan intimidadas e denuncien (...) este tipo de violencia verbal", afirma.
O alcalde de Mazaricos advirte de "chantaxes para mercar terras a prezos baixos" e instalar eólicos
"Utilizan a chantaxe da declaración de utilidade pública e a expropiación para mercar terras a prezos moi baixos", di Juan Blanco (BNG), que vén de poñer en marcha unha reclamación ante a Xunta para reclamar un incremento do fondo de compensación polo impacto dos parques eólicos no municipio
O adeus definitivo de Pemex e as promesas incumpridas en Ferrol poñen en risco o naval galego
Vulcano fará fronte en setembro a un ERE extintivo que afectará a 69 empregos e Navantia asiste ao bloqueo dos proxectos do Estaleiro 4.0 e do encargo do buque de apoio loxístico da armada. Barreras, con encargos, enfronta dificultades polo abandono do capital mexicano, que completa un ronsel de decepcións
Científicos da ONU chaman a cambiar a dieta mundial con urxencia para frear a crise climática
Un panel internacional de expertos sinala que deben recortarse as emisións de gases na produción de alimentos, que supoñen o 25% do total
Inhabilitado oito anos por prevaricación o alcalde socialista de Cerceda por iniciar unha obra antes de adxudicala