O Museo de Pontevedra faise coa propiedade do 'Álbum Nós' de Castelao
A emblemática obra pasa a formar parte dos fondos da institución provincial en propiedade logo de dispoñer delas en depósito os últimos cinco anos, tras un acordo cos propietarios, dos que non se farán públicos os nomes.
O Sergas designa nova responsable de Epidemioloxía meses despois da xubilación prevista do anterior
Raquel Zubizarreta, ata agora responsable dos programas de cribado de doenzas, substitúe a Xurxo Hervada, que levaba no cargo dúas décadas
Salvemos O Iribio espera que a sentenza que anula o parque eólico sente "precedente xurídico" na defensa de espazos naturais
A plataforma, da que forman parte ADEGA, Fundación Oso Pardo, Petón do Lobo, Sociedade Galega de Ornitoloxía ou Verdegaia, sinala que o ditame podería condicionar a aprobación de novas instalacións proxectadas en espazos da Rede Natura
- Vídeo
- Cultura
De Verónica Boquete a Baiuca ou Andrés Goteira, vídeos que amosan as "novas voces para a lingua"
A Real Academia Galega e a Universidade de Santiago impulsan un proxecto audiovisual protagonizado por mozos e mozas que son exemplo da Galicia con máis talento e que empregan o galego en todos os contextos da vida, da creación e do desenvolvemento profesional
O Goberno central aproba á fin o estatuto para a industria electrointensiva e a Xunta di que "chega tarde"
O documento prevé bonificar a industria de elevado consumo eléctrico ata o 85% dos cargos da factura eléctrica. O Executivo galego critica a tardanza na aprobación e que se fixese "sen consenso".
De 'Lúa Vermella' aos encontros con cineastas: unha ducia de razóns para achegarse a Novos Cinemas
Este martes comeza en Pontevedra unha nova edición do festival Novos Cinemas, que se desenvolverá de forma simultánea no Teatro Principal e o Museo Provincial e online a través de Filmin. Velaquí algunhas das citas máis destacadas do certame, que ata o domingo proxectará 25 filmes e ofrecerá 20 títulos a través da rede
Das paisaxes d'O que arde ao castelo de Doiras: en bici polos tesouros da Montaña lucense
A Deputación de Lugo promove dez rutas de montaña por Navia de Suarna, A Fonsagrada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Pedrafita do Cebreiro, As Nogais e Cervantes
Carvalho Calero recibe a súa homenaxe nun atípico pleno do Día das Letras Galegas celebrado en decembro
A sesión, que comeza ás 12 do mediodía no Paraninfo da Universidade de Santiago, pode seguirse en directo a través de Internet. Nela intervirán Margarita Ledo Andión, Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei
Lugo celebra unha Muralla de Letras para pasar o inverno da pandemia co arrolo de libros e contos
O Centro Cultural do Vello Cárcere acolle dende o venres 11 ao domingo 13 tres días de actividades que conmemoran o 20 aniversario da designación do monumento como Patrimonio da Humanidade e que inclúen presentacións editoriais, contacontos e concertos para os máis pequenos e pequenas
A Coruña lanza un servizo de canguraxe para apoiar familias con crianzas confinadas polo peche de aulas
Os nenos e nenas que teñan que estar en confinamento domiciliario por indicacións de saúde pero que conten cunha PCR negativa poderán acollerse a este servizo impulsado polo Concello, dirixido a crianzas entre os catro meses e os 12 anos de idade.
- Vídeo
- Cultura
Estes son os 12 vídeos gañadores dun Premio Youtubeiras que volveu 'expandir' o uso do galego na rede
A cuarta edición do certame organizado polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, a Deputación da Coruña e as tres universidades do país, anunciou os seus galardóns, nunha edición que rexistrou a maior participación ata o momento, con 536 vídeos inscritos. A serie ‘Os vinte dos XX’ gañou o premio á calidade técnica
Un equipo da USC elabora mapas da risco da COVID para analizar a propagación do virus en cada concello
O proxecto combina os datos do Sergas sobre a eolución da pandemia con outras variables xeográficas ou socioeconómicas para coñecer "como se comporta o virus" e axudar a tomar "as medidas máis axeitadas en cada momento"