O peche de Gamesa dá outro golpe á economía e ao emprego de Ferrolterra e o norte de Galicia
O despedimento colectivo afecta 215 traballadores na planta das Somozas.
A Xunta activa parte da matrícula do vindeiro curso para esquivar preceptos da nova lei educativa
Educación adianta a reserva de praza en centros adscritos para os alumnos que cambian de etapa, que podería realizarse desde este luns e ata o 8 de febreiro.
Portugal acudirá ás urnas en pleno confinamento, que empeza este xoves ante o duro impacto da COVID
A cidadanía portuguesa está chamada ás urnas o vindeiro domingo 24 para elixir presidente da República, só dez días despois do inicio do novo confinamento, semellante ao do pasado mes de marzo.
Concellos e Xunta reforzan os dispositivos de protección ante o frío días despois da morte dunha persoa sen fogar en Vigo
En Ferrol un equipo de Protección Civil percorre o municipio en busca de persoas que dormen na rúa para ofrecerlles aloxamento, bebida quente, comida e mantas. E na Coruña o Concello abriu o pasado xoves o Centro Cívico municipal dos Mallos para acubillar as persoas sen teito
O 'Álbum Nós' de Castelao, adquirido polo Museo de Pontevedra por 650.000 euros, era propiedade da familia Lino
A Deputación comprometérase cos propietarios a non facer público o seu nome nin a mencionar o alcance económico da operación ata formalizar a compra, que se completou este venres. Os 49 orixinais que compoñen a colección foron un agasallo do autor á familia, coa que tiña amizade
O comité pide a Alcoa garantías para o mantemento da planta e incluír a SEPI nas negociacións
Os representantes do persoal ofrecen paz social durante sete semanas e a multinacional pide a suspensión da fogla e atribúe a imposibilidade de acordo ás "esixencias adicionais" dos traballadores.
"Xema e Clara", unha granxa de galiñas para crear emprego para persoas con problemas de saúde mental
A Asociación Entrelampo está a crear en Chantada unha explotación que dará traballo a cinco persoas, tres delas con diversidade funcional de tipo psíquico. Para financiar o proxecto lanzou unha campaña de micromecenado, que remata este venres
'Ons' pódese ver dende este venres nos cines das sete cidades galegas
O filme, dispoñible nas salas comerciais da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Caldas de Reis e O Barco de Valdeorras, estreouse o pasado 18 de decembro e colocouse como a segunda película máis vista nas salas de cine galegas, só superada por Wonder Woman 1984
A intención do municipio berciano Candín de denominarse Ancares ergue a polémica en Galicia
O concello do Bierzo acorda iniciar o proceso para mudar a súa denominación entre a oposición de Navia de Suarna ou Cervantes.
A terceira onda do coronavirus impacta de cheo en Galicia con case 600 novos positivos
Os efectos das celebracións do Nadal provocan que a media diaria de casos novos na última semana rolde xa os 450 en Galicia, onde as áreas da Coruña e Santiago son as máis afectadas.
Unha aplicación da USC optimizará a ventilación das aulas para loitar contra a Covid-19 sen pasar frío
A aplicación ofrecerá recomendacións específicas para cada colexio ou instituto, partindo dos datos proporcionados por cada centro de ensino e das informacións actualizadas sobre a velocidade e dirección do vento achegadas por Meteogalicia
Alcoa amósase "disposta" a negociar a venda da planta de aluminio da Mariña á SEPI
Alcoa di ser favorable a "explorar" a venda “co obxectivo de atopar a mellor solución posible" á factoría de San Cibrao e pide ao comité de empresa que poña fin á folga.