- Vídeo
- Cultura
Un entroido 'na casiña' con folións virtuais e disfraces para que a COVID non deteña a festa
Concellos de toda Galicia organizan concursos de disfraces online e outras actividades en rede para 'entroidar' dende a casa e substituír unhas celebracións que tiveron que ser suspendidas por mor da pandemia.
O independentismo alarga a maioría en Catalunya co PSC como forza máis votada
O soberanismo supera o 50% dos votos e suma 4 escanos máis nuns comicios nos que os socialistas son primeira forza co mesmo número de escanos (33) que ERC e un máis que JxCAT. A ultradereita de Vox irrompe con 11 escanos e obtén máis do dobre de votos que o PP; Ciudadanos sofre unha desfeita e perde 30 escanos. O bloque independentista contaría con 74 escanos para unha eventual investidura, os mesmos que sumarían os socialistas con Esquerra e En Comú.
O BNG propón mobilizar máis de 14.000 millóns das axudas europeas para "saír da crise por unha porta nova"
O plan do Bloque aposta por un futuro máis "sustentable, social e feminista" e baséase na transición ecolóxica e ambiental e tecnolóxica e dixital, a economía verde, os coidados ou a igualdade.
O PP apoia a alcaldesa de Boimorto malia darse de baixa do partido e evita a súa dimisión tras vacinarse contra a COVID
Os cinco edís populares no Concello votaron en contra da reprobación e renuncia impulsada por PSdeG e BNG e evitaron así a súa marcha da alcaldía.
Un mapa interactivo informa a diario da situación da COVID nos concellos galegos e portugueses das dúas beiras do Miño
A web COVID-Miño está impulsada pola Deputación de Pontevedra e informa na incidencia acumulada en cada localidade e das medidas e restricións en vigor en cada lugar. As localidades dunha e doutra beira da raia demandan a apertura de todos os pasos na fronteira para os e as traballadoras
PSdeG e Ribeiro en Común pactan gobernar Ribadavia en coalición e desbancarán o PP cunha moción de censura
Tras o desacordo que permitiu ao PP gobernar na vila tras as municipais de 2019, socialistas e Ribeiro en Común acordan que Noelia Rodríguez, que fora número catro na candidatura socialista, sexa a nova alcaldesa da vila con Paula Rodríguez, da 'marea' local, como tenente da Alcaldía. Os populares atribúeno á súa "ambición polo poder"
A xustiza reitera a obriga de ENCE de pedir licenza municipal para realizar obras, "como todas as empresas"
O xulgado do contencioso-administrativo de Pontevedra desestima o recurso presentado pola empresa ante a paralización no ano 2018 por parte do Concello dunha actuación que a compañía estaba a realizar sen permiso. O Goberno local insta a ENCE a “que cumpra a normativa como a teñen que cumprir todas as empresas”
A CIG mobilizouse "por unha saída xusta da crise" e unha maior intervención pública na economía
O sindicato levou a cabo manifestacións e concentracións en 18 cidades e vilas galegas, actos nos que reclamou a derrogación das dúas últimas reformas laborais e das pensións e propuxo a participación da Xunta en proxectos empresariais clave ou a nacionalización das plantas de Alcoa ou Alu Ibérica.
Un Día dos Medios en Galego con "moito que sachar" para normalizar o uso da lingua
Este domingo celébrase do Día dos Medios en Galego, que conmemora o aniversario do primeiro número de O Tio Marcos d'A Portela, primeira cabeceira de masas publicada en galego. O IGE amosa que existe unha importante demanda de máis contidos na lingua propia do país, pero a realidade idiomática do consumo de medios é moi distinta.
O 'illamento solitario', un "cárcere dentro do cárcere" que Esculca esixe eliminar
Dende hai semanas o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades vén impulsando unha campaña pola abolición do confinamento solitario en prisión, que sofren un milleiro de persoas no Estado e que provoca grandes prexuízos físicos e sobre todo psicolóxicos.
Naturgy centraliza en Madrid o control da rede eléctrica galega e destrúe 28 empregos na Coruña
A eléctrica só ofrece aos traballadores afectados a alternativa de trasladarse á capital do Estado e xustifica a decisión no "avance das novas tecnoloxías e a dixitalización" que "permiten dar cobertura a toda a rede desde un único punto".
- Con vídeo
- Ciencia e tecnoloxía
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías impulsa un novo detector para o CERN na procura de partículas aínda non descubertas
O IGFAE, centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, co-lidera o proxecto de instalación dun novo instrumento, CODEX- b, co obxectivo de achar as denominadas partículas de longa vida, que poderían achegar nova información sobre a estrutura da materia ou a orixe do Universo.