Unha aplicación da USC optimizará a ventilación das aulas para loitar contra a Covid-19 sen pasar frío
A aplicación ofrecerá recomendacións específicas para cada colexio ou instituto, partindo dos datos proporcionados por cada centro de ensino e das informacións actualizadas sobre a velocidade e dirección do vento achegadas por Meteogalicia
Alcoa amósase "disposta" a negociar a venda da planta de aluminio da Mariña á SEPI
Alcoa di ser favorable a "explorar" a venda “co obxectivo de atopar a mellor solución posible" á factoría de San Cibrao e pide ao comité de empresa que poña fin á folga.
Medio Rural da Deputación de Lugo ultima a ampliación do plan 'O que non arde' contra os incendios para 2021
O plan, que naceu coa vocación de "mitigar a orfandade dos concellos" para asumiren os labores de prevención de incendios que lles encomendou a Xunta e para promover as especies leñosas autóctonas, incorporará apoios á "promoción de actividades silvopastorís nas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común". Trece concellos concorreron á primeira edición, que se concretou en convenios con Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro
Carlos Blanco e Touriñán regalan 'Somos Criminais' a todas as residencias de maiores de Galicia
Os actores envían de balde a todos os centros do país unha copia da súa obra para que persoal e residentes "poidan pasar un momento agradable nestas festas".
'Nós', elixida palabra galega do ano 2020 nun chamamento á "implicación colectiva"
O termo, no centenario do nacemento da Xeración Nós, superou na votación a seteiro (que dá nome a unha das constelacións) e a catro vocábulos relacionados coa COVID: gromo, pandemia, máscara e vacina.
A aplicación PassCovid activa a autodeclaración de contactos para as persoas que estivesen en contacto cun positivo
Ademais, a app da Xunta incorpora o rexistro de establecementos con código QR, que permitirá recibir alertas en caso de concentración de contaxios nese lugar. Dende finais de outubro máis de 58.000 persoas descargaron a app
STEG e CIG reclaman solucións para as máis de mil docentes de FP que poderían "perder dereitos" coa LOMLOE
A Consellaría de Educación notificou ao STEG que hai 991 persoas funcionarias de carrreira que non dispoñen de titulación de grao, número ao que habería que sumar 452 persoas interinas na mesma situación. Os dous sindicatos piden cambios para evitar a precarización nas condicións deste profesorado
O acordo do Brexit afonda na incerteza do sector pesqueiro galego
O pacto entre o Reino Unido e a Comisión Europea supón o 25% das cotas europeas e impacta de cheo na frota galega.
A mocidade reclama un maior uso do galego no sector téxtil do país, que ignora o seu vínculo con Galicia
A Mesa e a Deputación de Pontevedra presentaron o estudo A lingua galega no sector textil. Visión, opinión e posición da xeración millenial galega, que analiza o uso do idioma neste ámbito. Das 16 marcas analizadas, só 7 citan o seu vencello con Galicia e en ningún momento fan fincapé coa súa orixe galega.
Os premios Manuel Beiras destacaron as vantaxes da lingua galega para as empresas para distinguirse nun mundo globalizado
Dinahosting, a Revista Pincha e a zapataría Moksín foron as gañadoras dos premios Manuel Beiras na 21ª edición dos galardóns, convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio para recoñecer o uso do galego no ámbito empresarial
A Audiencia Nacional absolve as 12 integrantes de Causa Galiza e Ceivar e di que o independentismo merece "protección constitucional"
A sentenza nega que as dúas organizacións teñan como finalidade o enaltecemento de Resistencia Galega ou a xustificación das accións levadas a cabo por este grupo ou por algún dos seus membros. Ademais, rexeita a súa disolución, como pedía a Fiscalía, deixando sen efecto todas as medidas cautelares impostas contra ambas.
O persoal de Gamesa mantén as mobilizacións ante a incerteza polo futuro da planta das Somozas e corta a autovía AG-64
A pesar do contexto favorable no sector eólico, o comité de empresa denuncia que "a día de hoxe non hai confirmación de novos pedidos. Na actualidade 240 persoas traballan na fábrica, despois da destrución de 59 postos de traballo hai unhas semanas