Os resultados dun experimento do CERN con participación galega cuestionan o Modelo Estándar de física de partículas
Os resultados céntranse na posible violación da universalidade do "sabor" do leptón (unha das partículas elementais) que, de confirmarse, requiriría un novo proceso físico, como a existencia de novas partículas ou novas interaccións fundamentais. O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías colabora activamente no experimento LHCb, no que se realizaron as medicións.
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 2: Fume no pavillón
O segundo episodio de Retrocorenta recupera os éxitos deportivos das pioneiras e pioneiros galegos. Pili Neira, TIto Díaz e Ángeles Araújo lembran connosco os campos de fútbol e ás canchas de baloncesto onde xogaron naqueles anos, facemos memoria dos comezos das retransmisións deportivas en galego e rememoramos os anos en que afección se afixo a ter tres equipos galegos en Primeira
O pleno de Pontevedra volve pedir o traslado de ENCE e declara "persona non grata" ao seu presidente
BNG e PSdeG acusan a Colmenares de "dirixir e permitir" o "escrache violento" sufrido polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e o PP de "conivencia" por "asumir as teses da empresa como dogmas de fe".
Só un de cada catro aspirantes obtén praza para a formación de profesorado nas universidades galegas
Tres de cada catro solicitantes do Mestrado de Formación do Profesorado queda sen praza nas universidades galegas, segundo un estudo do sindicato Erguer difundido pola CIG. Hai 775 vacantes para 3.300 solicitudes.
Un peche e unha cadea humana intensifican a mobilización para evitar o peche do colexio de Baamonde
As familias realizaron unha cadea ao redor da escola e a Xunta de Persoal Docente de Lugo encerrouse no edificio da Xunta na cidade. A ANPA do centro demanda unha xuntanza coa Consellería de Educación sen atopar resposta
Iberdrola confirma o peche do centro de control da Rúa e a destrución de doce empregos en Valdeorras
A enerxética traslada o Centro de Operación de Cuenca (COC) do Sil a Salamanca e únese a decisións como a de Naturgy, que centraliza en Madrid o control da rede eléctrica galega que facía desde A Coruña.
As persoas con Síndrome de Down reivindican con calcetíns desparellos a riqueza da diversidade
Este domingo celébrase o Día Mundial da Síndrome de Down, no que Down Galicia levará a cabo un acto virtua que incluirá as actuacións musicais de Tanxugueiras e da Orquesta Cinema e no que se dará a coñecer o “Decálogo pola Inclusión”, coas principais demandas e reclamacións do colectivo.
A viaxe de Raül Refree á cerna da tradición galega: as posibilidades creativas dun encontro musical
O produtor catalán, responsable do primeiro disco de Rosalía, da reinterpretación do fado da portuguesa Lina ou do encontro entre modernidade e tradición do álbum de Rodrigo Cuevas, está a desenvolver unha residencia artística en Galicia coa colaboración de Luneda e o Concello da Coruña para "empaparse" da música galega de raíz
O Goberno central estuda recorrer a reforma sanitaria da Xunta no Tribunal Constitucional
O Consello de Ministros acordou solicitar ao Consello de Estado un ditame sobre a posible inconstitucionalidade de varios apartados da norma, que segundo o Executivo desenvolve aspectos reservados a unha Lei Orgánica e que, polo tanto, só poden ser regulados polas Cortes Xerais do Estado.
Oliver Laxe filma a "gandería heroica" dos Ancares, imprescindible para manter a vida rural desta comarca
A campaña audiovisual, impulsada pola cooperativa A Carqueixa, busca promocionar a comercialización directa da carne de máxima calidade que alí se produce. "Con todo en contra, estes gandeiros coidaron dos Ancares con esas invisibles vacas libres que salpican a paisaxe", destaca o director
CSIF denuncia outro enchufe, agora dun ex-alcalde, na mesma axencia da Xunta na que obtivo un cargo un ex-deputado do PP
Despois de que a Axencia de Desenvolvemento Rural aproveitase unha excepción legal para nomear subdirector a Moisés Blanco, agora o sindicato revela que o ex-rexedor de Fisterra José Manuel Traba ocupa alí un posto de “asesor”
- Video
- Cultura
O muralismo no rural galego: a arte que se mistura coa contorna
A cooperativa audiovisual Xarda dedica ao muralismo no rural galego o terceiro vídeo da súa serie 'Lugar de' sobre problemas, movementos e iniciativas do rural galego. Viaxa a Tordoia, Os Peares e Compostela para entrevistar aos e ás muralistas Novenoel, Doa Oa e Cestola (Miguel Peralta e Xoana Almar).