Os Premios Follas Novas do Libro Galego estrean denominación e anuncian finalistas no ano máis difícil para o sector
Os galardóns, organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, entregaranse o 15 de maio en Compostela, nunha gala que podería ser presencial se a situación sanitaria mellora nese momento.
Xornalistas de longa traxectoria e activistas pola liberdade de prensa, nas candidaturas ao Premio Couso
A mexicana Lydia Cacho, as bielorrusas Daria Chultsova e Katerina Bakhválova, a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información e Manuel Rico, director de investigación de InfoLibre son as catro opcións polas que agora votarán os colexiados/as e asociados/as do Colexio de Xornalistas de Galicia e do Club de Prensa de Ferrol
- Vídeos
- Cultura
O Día de Rosalía reivindica a poeta como "muller de vangarda" e destaca a actualidade da súa obra
O Día de Rosalía, que neste 24 de febreiro celebra o aniversario do nacemento da poeta en Santiago de Compostela en 1837, está cada ano máis consolidada e máis estendida por toda Galicia. Actividades a cargo de centros de ensino, entidades culturais e asociacións desenvólvense ao longo de toda a semana
O Estado rexeita de vez condonar a débeda do Porto da Coruña nun cumio que enterra os convenios de 2004
O Goberno central mesmo pon en dúbida a conexión ferroviaria con Punta Lagosteira tras unha reunión que non resolve os principais atrancos para deseñar a futura fachada marítima da cidade.
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 1: As movidas de Vigo
No primeiro Retrocorenta revisitamos a "explosión" creativa da Movida viguesa con algúns dos seus protagonistas. Nicolás Pastoriza, Menchu Lamas, Pablo Novoa, Mara Costas, Fernando Franco, Rosa Costas, Teo Cardalda e María Monsonís contan o que viviron no Vigo dos oitenta
O impacto da pandemia na saúde mental, a debate durante tres días nunha nova edición de 'Tempo da psicoloxía'
A terceira edición destas xornadas afondan entre o 22 e o 24 de febreiro no "impacto no plano psicolóxico de inéditas dimensións" que provoca a COVID.
- Video Escola pública
- Acontece
A loita polo ensino no rural: "co desmantelamento de servizos foméntase que a xente marche"
A cooperativa audiovisual Xarda vén de publicar o segundo vídeo da súa serie sobre os problemas e iniciativas sociais do rural galego, desta volta centrado no ensino. A peza audiovisual viaxa ata o Courel, Mazaricos ou Brión para entrevistar a familias e traballadores afectados polo peche de escolas ou a supresión de servizos de transporte
Erguer chama á folga no 8M "por un ensino público, laico e feminista"
A organización estudantil denuncia que o machismo "segue presente" nas aulas e que o ensino telemático obrigado pola pandemia na universidade incrementou a fenda entre homes e mulleres. Así mesmo, reclama "perspectiva de xénero" nos contidos e acceso ao mercado laboral en igualdade de condicións.
Empresarios de Ribeira esgrimen a pandemia para opoñerse a que unha rúa deixe de homenaxear un alcalde franquista
O BNG suxire denominacións como Xosé Neira Vilas ou Heroínas de Sálvora para remudar o alcalde franquista no rueiro de Ribeira: "Nunha sociedade democrática non pode haber cabida para honras e distincións a quen tanta represión provocou"
450 castiñeiros para implicar a veciñanza de Lugo fronte á mudanza climática
As primeiras 450 persoas que se subscriban á 'newsletter' do novo proxecto 'Lugo, cidade viva' recibirán un castiñeiro do "novo bosque urbano", ligado ao barrio multiecolóxico que impulsa o Concello. Faino ao fío dun plan sinalado recentemente pola Comisión Europea como un dos exemplos de "experiencias positivas" desenvolvidas na UE no marco da "recuperación" fronte á crise do coronavirus
"Xeliña fala galego" noutro día da lingua materna para pular pola transmisión interxeracional do idioma de Galicia
A RAG recupera o relato co que o pai de Xela Arias, o mestre e tradutor Valentín Arias, contaba a finais dos anos 60 do século pasado a experiencia de criar en galego á súa filla
Xunta e PP sinalan por non entregar listas de vacinación a varios concellos que xa cumpriran cos trámites
Sanidade sinalou por non enviar a relación de profesionais dos servizos de atención ao fogar a varios municipios que xa os remitiran e logo de que o PP denunciase a situación en varios plenos. A Fegamp denuncia que eses "erros informativos" crearon "confusión e tensións" nas localidades.