BNG e outras nove forzas piden no Congreso acabar coa "imposición" do castelán e a "discriminación" do galego
Bloque, Unidas Podemos, Bildu, ERC, PNV Junts, PDeCAT, a CUP, Más País e Compromís defenden unha iniciativa de entidades en defensa das linguas propias para que todas elas gocen do mesmo recoñecemento có español.
Xornalistas Galegas pide aos medios incidir no agravamento da desigualdade de xénero pola COVID
O colectivo demanda "unha maior presenza de voces femininas como protagonistas, fontes expertas e opinadoras". O Colexio de Xornalistas reivindica tamén o papel da muller na ciencia e pide un "periodismo honesto" que "non cuestione a igualdade polo clic".
A folga mantén a reivindicación laboral feminista malia a COVID e a denuncia duns servizos mínimos "abusivos"
O paro convocado por CIG e CUT ten un seguimento desigual segundo sectores nun 8M marcado pola pandemia e a chamada a impedir "que os dereitos das mulleres queden confinados".
8M | O feminismo galego sae á rúa para lembrar que o traballo das mulleres é esencial
Este luns 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, o movemento feminista volve levar a cabo unha folga laboral, de coidados, de consumo e estudantil, acompañada por mobilizacións convocadas por sindicatos e plataformas feministas e que se desenvolverán ao longo de todo o día, coas máximas medidas de seguridade
Investigal pide que Galicia sexa pioneira na lexislación a prol da igualdade de oportunidades na investigación
Este luns 8 de marzo a entidade vai rexistrar no Parlamento un manifesto, apoiado por máis dun milleiro de investigadoras e investigadores para demandar avances legais en igualdade no ámbito da ciencia. "Aínda que se vai avanzando, os cambios son lentos", subliña
Referentes: as mulleres que impulsan a cultura galega poñen voz ás desigualdades que aínda sofren
Na primeira conversa desta iniciativa da Deputación da Coruña, a música Mercedes Peón e a cociñeira estrela Michelín Laura Freitas denuncian un "abuso nas horas traballadas" que dificulta o acceso das mulleres en igualdade de condicións a postos de responsabilidade.
A operación policial na planta da Coruña acurrala Alcoa pola estratexia para desmantelar fábricas en Galicia
A policía rexistra as fábricas coruñesa e asturiana pola suposta "despatrimonialización fraudulenta" que investiga a Audiencia Nacional, na que declaran este venres tres detidos.
Perderse pola Montaña de Lugo en bici: que visitar nas rutas desde A Fonsagrada e os Ancares
A proposta de cicloturismo da Deputación de Lugo permite achegarse a todas as posibilidades culturais da Montaña lucense de forma respectuosa coa natureza
As restricións suavízanse na área sanitaria de Ferrol, mentres só Soutomaior fica no nivel máximo de alerta
A poboación dos concellos ferrolterráns recupera a mobilidade pola maior parte de Galicia. As áreas sanitarias da Coruña e de Pontevedra son as únicas que continúan pechadas, con todos os seus concellos en nivel alto. Fóra delas, tamén se atopan nesta situación Cariño, Guitiriz, Lourenzá, Pobra de Brollón, Tordoia, Porto do Son, Mos, Mondariz, Pazos de Borbén e Boborás.
- Video Letras Galegas 2021
- Cultura
Xela Arias para a rapazada: "demostrou que se pode escribir o mundo cun X maiúsculo"
A Real Academia Galega publicou este martes a súa web Primavera das Letras, que recolle recursos didácticos e lúdicos para o alumnado de Infantil e Primaria sobre a autora homenaxeada no Día das Letras. Presentouna no CEIP Sárdoma-Moledo, onde a poeta e tradutora estudou cando era nena
Madrid e Lisboa habilitan novos pasos fronteirizos temporais pero manteñen só Tui e Verín como permanentes
Malia as reclamacións de maior flexibilidade para o persoal transfronteirizo que chegan desde a raia, os gobernos centrais seguen a restrinxir os movementos pola COVID en cinco puntos a só seis horas ao día
Un equipo da USC desenvolve unha vacina de ARN mensaxeiro contra a COVID que avanza cara ás probas en animais
O proxecto coordinado pola catedrática María José Alonso é un dos dez que o Instituto de Salud Carlos III financia no Estado Español para obter unha vacina fronte á enfermidade. O proxecto está financiado, ademais, polo programa de micromecenado da USC Sumo Valor