O BNG recoñece a poboación neofalante como exemplo de “empoderamento lingüístico”
A formación nacionalista celebra o Día das Letras sinalando o “motivo de esperanza” que supoñen as persoas que se incorporan ao galego fronte á súa desprotección por parte da Xunta
'O equilibrio dos tigres': músicas para (de) Xela Arias
Eloi Caldeiro presenta o libro-disco no que pon música a dez poemas da autora homenaxeada co Día das Letras Galegas deste 2021, coa súa tese da 'Xeración rock' como pano de fondo
A CIG advirte á Xunta con mobilizacións se mantén o "indecente" plan de pagar a bancos por poñer caixeiros onde xa non hai oficinas
A Xunta ultima unha orde para subvencionar a bancos que instalen caixeiros en concellos sen oficinas e axudar a operar neles dúas horas á semana. O sindicato subliña que ante a exclusión financeira "non caben ocorrencias e, aínda menos, incentivar o peche de oficinas, a redución de servizos e a destrución de emprego mediante a transferencia de diñeiro público a entidades con beneficios millonarios"
As traballadoras da limpeza levan as súas fregonas amarelas ante a sede da Xunta en demanda dun "convenio digno"
O persoal da limpeza da provincia da Coruña levou a cabo este mércores unha terceira xornada de folga cunha manifestación que rematou ante a sede da Xunta en San Caetano "porque o Goberno galego ten moito que dicir neste conflito".
Condenan o Sergas pola morte dun paciente que tardou catro horas en ser atendido nas Urxencias do Hospital de Ourense
Na triaxe inicial advertiuse que o seu estado era grave, con presión arterial moi elevada e visión dobre, pero aínda que cada vez se foi poñendo peor, non foi atendido, falecendo tres días despois. A sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Ourense condena o Sergas a indemnizar con 86.366 euros á filla do doente
Un incendio na conserveira Jealsa en Boiro activa o Plan de Emerxencias de Galicia e mobiliza bombeiros de varias vilas
Efectivos de salvamento do Estado e de gardacostas da Xunta tamén son mobilizados por un lume visible desde quilómetros de distancia
A folga do persoal de H&M en Ourense contra o ERE na empresa esténdese á Coruña e Lugo
A CIG subliña que só dúas das oito tendas galegas da multinacional sueca quedan "de momento, libres das consecuencias do ERE". O sindicato reclama a negociación do expediente de regulación de emprego "por territorios, non estatal", a comezar pola "retirada dos despedimentos nos centros de traballo que nin sequera teñen perdas"
Xunta e Deputación de Lugo lanzan bonos de desconto para fomentar as compras no pequeno comercio
Dende este luns poden descargarse os cupóns de 30 euros de desconto do programa Bono Activa Comercio, posto en marcha polo Goberno galego. Ademais, o ente provincial lucense abre o prazo para que os establecementos se adhiran aos Bonos Impulso, que ofrecerán 17.000 descontos de 30 euros á cidadanía.
O Colexio de Xornalistas reclama medios con "liberdade para falar", enfrontados ao poder e que conten "o que hai que contar"
A entidade publica o seu Manifesto polo Día Internacional da Liberdade de Prensa, que destaca o traballo de investigación de Manuel Rico e o labor de Roberto Fraile e David Beriain, asasinados en Burkina Faso. Asínao Isabel Quintairos, despedida hai anos da COPE por homosexual e nacionalista
Alcoa acepta desbloquear a venda da planta de San Cibrao e o persoal esixe un comprador industrial e non un fondo voitre
A multinacional cede no relativo á cláusula de indemnidade, que limitaba a súa responsabilidade trala venda. O Comité de Empresa felicítase polo avance e urxe á SEPI que adquira a factoría para despois vendela a un terceiro actor, lembrando que hai "compradores interesados", encabezados por Liberty.
O Sergas, condenado polo dano neurolóxico sufrido por unha muller tras unha incorrecta aplicación da epidural
O TSXG ordena indemnizar con 70.000 euros á vítima, que no ano 2013 pariu no Complexo Hospitalario de Santiago, e que posteriormente sufriu o denominado 'síndrome de cola de cabalo', un dano neurolóxico nun grupo de nervios que determina a sensación e o funcionamento da vexiga, intestinos e pernas
A loita antifascista de mulleres pontevedresas cóntase en TikTok para chegar á mocidade
O Concello de Pontevedra publicará este ano oito vídeos nesta rede social dentro do programa 'A memoria das mulleres', coa “teima de achegalo ás xeracións máis novas”. As pezas, a primeira sobre Virxinia Pereira, serán realizadas polas tiktokers galegas Laura Franco, Leti da Taberna e María Rúa.