O Parlamento reclama por unanimidade que se investigue o asasinato en Filipinas de Diego Bello e se restaure a súa honra
O 8 de xaneiro do 2020 este mozo coruñés de 32 anos morreu por disparos da policía filipina, que o acusaba de ser narcotraficante, algo negado de forma rotunda pola súa familia, que esixe unha investigación á que se negan as autoridades do país asiático
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 3: Son Bravú
En Son Bravú o podcast Retrocorenta recupera este fenómeno que xurdiu na aldea de Viana, en Chantada, xunto ás voces de Xurxo Souto, Lola de Ribeira, Pinto d'Herbón e mais Anna Diz, que gravou un documental polo XX aniversario.
Os traballos para abrir o Parque Central de Galicia comezan cortando eucaliptos
A Deputación de Lugo mercou os terreos do centro xeográfico do país en Nugallás (Antas de Ulla) para abrir alí o Parque Central de Galicia, que conservará a súa actual "masa de carballos, bidueiros e piñeiros do país"
Víctor Freixanes, reelixido presidente da RAG, que terá unha executiva de maioría feminina
Margarita Ledo, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre e Henrique Monteagudo acompañarán o reelixido como máximo dirixente da institución no equipo de goberno.
Vinte localidades acollen mobilizacións pola "reversión" dos recortes nun Sergas máis "debilitado" pola COVID
SOS Sanidade Pública xunta centos de persoas en varios municipios reclamando a fin da "precariedade" no sistema sanitario e censurando o uso"político" da pandemia por parte de Feijóo.
Sócrates, ex-primeiro ministro portugués, só responderá por 6 dos 31 delitos que lle atribuía a Fiscalía
O antigo líder socialista carga contra o actual primeiro ministro, António Costa, ao que cualifica como "mandante" das críticas de compañeiros do PS contra el, aos que acusa de "covardia moral"
Queres levar Galicia pegada na pel?
O Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, a Escola Semente de Compostela e a Comisión de História da Gentalha do Pichel presentaron o proxecto '10.000 decalcomanías da Galiza', que busca espallar dez deseños de tatuaxes temporais (calcomanías) que foman parte do imaxinario colectivo
A Audiencia anula a condena que obrigara a Audasa a devolver as peaxes cobradas polos atascos en Rande
Entende que os tribunais civís non poden entrar a valorar as condicións da concesión nin controlar a determinación do prezo e que non existe relación directa entre o pago e as condicións nas que se presta o servizo.
O voceiro do PSdeG en Ourense ofrécese a dimitir para que o PP permita a moción de censura contra Jácome
Rodríguez Villarino propón ao PP "apartarse" e non optar á alcaldía para facilitar o cambio de goberno, tal e como solicitaran os populares para retirar o actual rexedor da alcaldía.
Un milleiro de persoas reivindican en Compostela que "Galiza é unha nación" con dereito á autodeterminación
María Xosé Bravo, da portavocía de Vía Galega, a plataforma convocante, reclamou ferramentas como “a posta en marcha dunha Facenda Galega”, unha Tarifa Eléctrica Galega e unha "verdadeira política de reindustrialización"
As 'escolas de americanos', unha panca para a modernización da Galicia de comezos do século XX
O Consello da Cultura publica a sétima entrega do seu proxecto web “Historias de ida e volta”, que busca visibilizar o fenómeno migratorio coa documentación que atesoura o Arquivo da Emigración Galega. Céntrase na achega dos emigrantes ao fomento de escolas e da educación, clave para a transformación social do país hai un século.
As Irmandades da Fala, un movemento que non se pode entender sen o seu contexto internacional
O Consello da Cultura Galega publica 'As Irmandades da Fala no seu tempo: perspectivas cruzadas', unha obra que sitùa o movemento no seu contexto histórico e internacional, desde a perspectiva peninsular, europea e a dimensión americana da diáspora.