A hospedaría da Casa do Mar da Coruña está pechada desde o inicio da pandemia e non ten data de reapertura
Política Social, en resposta a unha pregunta do BNG, aclara que reabrirá "de manterse a tendencia favorable" nos datos da área sanitaria pero que antes deberán revisarse "a fondo" as instalacións tras un peche "tan prolongado".
Abanca merca a rede española do portugués Novo Banco
A operación da entidade herdeira das caixas galegas únese ás compras da rede de Deutsche Bank en Portugal, a de Caixa Geral en España e á adquisición de Bankoa.
O PSdeG reivindica que "se existe o Estatuto de Autonomía de Galicia é grazas a nós" e pide a súa "actualización"
Os socialistas celebraron no Parque de Bonaval, en Compostela, o 40 aniversario da aprobación definitiva do Estatuto, nun acto no que Gonzalo Caballero estivo acompañado dos ex-presidentes González Laxe e Pérez Touriño. “Necesitamos un novo acordo de país", demandou o líder do PSdeG.
O Consello de Europa insta á Xunta a eliminar "as limitacións para o ensino en galego"
O Comité de expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas alerta de que "o coñecemento xeral do galego parece diminuír" e sinala que "está presente só nunha fracción dos centros de educación infantil". Así mesmo, tamén pide medidas para asegurar que se pode utilizar nos procedementos xudiciais.
Leite Noso amplía o seu negocio coa compra de Queixerías Prado, que asegura o mantemento de todos os empregos
A sociedade propiedade de gandeiros galegos que comercializa directamente e sen intermediarios as marcas Deleite e Muuu uniuse á empresa monfortina Oviganic Ibérica para adquirir esta histórica queixería, que aumentará a súa produción mantendo os actuais acordos con granxas
Os primeiros grandes incendios da primavera queiman máis de 300 hectáreas en Galicia
O rexistrado en Folgoso do Courel queimou xa 200 hectáreas e obrigou a activar a situación 2 pola proximidade do lume ás casas.
O PP négase por segunda vez a retirar as honras e rúas franquistas en Ribeira
Os populares e o Partido Barbanza Independiente rexeitan unha iniciativa do BNG para retirar as homenaxes ao que fora alcalde franquista da localidade, Rodríguez Bautista, e a destacados militantes falanxistas ou da ditadura.
A RAG elixe o historiador Lourenzo Fernández Prieto novo académico de número
Ocupará a vacante que deixou o pasamento da poeta Luz Pozo Garza nunha institución que abre o proceso para elixir unha nova executiva tras o remate do mandato da que viña presidindo Víctor Fernández Freixanes
Pontón ve receptivo a Feijóo en propostas puntuais do BNG pero lamenta que rexeite “un gran acordo de país” fronte á crise
Aumento de competencias para Galicia ou ampliación da loita contra a violencia machista son elementos que a portavoz nacionalista salienta como ben acollidos polo presidente, ao que reclama transparencia sobre os proxectos para os fondos europeos
Caballero ofrece a Feijóo doce grandes acordos para a "reconstrución" do país: "Non son cheques en branco"
Ambos coinciden na importancia de fortalecer o sistema de vacinación ou na mellora da atención á sáude mental. O líder do PSdeG di estar "disposto a apoiar" a transferencia de 30 competencias en mans do Estado.
A multinacional estadounidense dona dos hospitais Povisa e Polusa merca tamén o Juan Cardona de Ferrol
Ribera Salud, controlada por Centene Corporation, faise coa explotación do centro hospitalario ferrolán durante 20 anos logo de comprar os sanatorios vigués e lucense.
Adolfo Domínguez anuncia un ERE co que recortará 300 empregos
A firma téxtil ourensá prescindirá de case un terzo do seu cadro de persoal.