Un programa da TVG expón unha muller a reencontrarse cun ex-mozo co que rompera por controlala
O programa 'Land Rober' promoveu o reencontro a petición do ex-mozo e presentouno como unha "sorpresa" a prol do "amor". Tras sinalar a muller que rematara a relación por mor de condutas controladoras, o presentador pediu perdón pola "torpeza" cometida. Colectivos feministas, persoal dos medios públicos, Colexio de Xornalistas e formacións políticas da oposición esixen explicacións á CRTVG e que o acontecido non se repita
A Audiencia da Coruña absolve un acusado de maltratar e raptar a parella porque "tivo a posibilidade de fuxir" e non o fixo
A sentenza condena o home a sete meses por coaccións de xénero, pero absólveo dos malos tratos, extorsión, detención ilegal e lesións que lle imputaba a Fiscalía.
Un videoxogo de dous estudantes da UDC recrea as 'Cantigas de Santa María' de Afonso X
A produción, realizada por dous alumnos da Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol, gañou a game jam 'Afonso X e Galicia' convocada polo Consello da Cultura Galega e máis pola Asociación Galega do Videoxogo. O xurado destacou a "coidada" ambientación musical e visual e os seus toques humorísticos
A refinería de Repsol na Coruña anuncia un ERTE para 212 persoas, que rexeitan os sindicatos
A empresa xustifica a decisión na pandemia, o descenso do consumo pola redución da mobilidade ou a "incerteza" da transición enerxética. CIG e CCOO cualifican a medida de "despropósito" e "inxusta".
O pleno de Celanova acolle un discurso de Abogados Cristianos na defensa dun monumento franquista
O Comité de Memoria Histórica da comarca denuncia que PP e Celanova Decide deron a palabra a este colectivo de ultradereita tras rexeitar debater a moción pola retirada da cruz falanxista do Outeiro da Obra.
33 mil sinaturas levan ao Parlamento a 'iniciativa Xabarín' pola mellora da programación infantil e xuvenil en galego
A iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística que será debatida na cámara, propón unha canle 24 horas de programación infantil e xuvenil, ademais de que as restantes canles e plataformas dirixidas ás crianzas inclúan a opción do idioma galego, dobrado ou subtitulado
Redrum estrea en Ourense 'Un home con lentes de pasta', comedia surrealista sobre as relacións persoais e o narcisismo
A obra escrita polo catalán Jordi Casanovas, un dos dramaturgos con maior proxección no panorama estatal, poderá verse no Teatro Principal os vindeiros días 7 e 8 de maio
Unha sentenza histórica dá a razón aos colleiteiros do Ribeiro fronte ás grandes adegas
Anula un acordo do Consello Regulador que impoñía un prezo maior aos selos dos viños de uva autóctona fronte aos de variedades foráneas, prexudicando os pequenos bodegueiros fronte ás grandes empresas e cooperativas.
O Sergas atende as demandas do persoal da UCI do Clínico de Santiago tras cinco meses de folga
O acordo asinado compromete a reforma da unidade, formación nas novas técnicas e novos aparellos e un plan funcional para regular o funcionamento do espazo.
- Con vídeo Letras Galegas 2021
- Cultura
A Academia amosa nunha serie documental a Xela Arias que "esgazou os clixés establecidos"
Xa se pode ver na rede o primeiro capítulo de Xela Arias. A palabra esgazada, que todas as semanas publicará unha nova entrega. A produción percorre a vida e obra da poeta, tradutora e "traballadoras das palabras"
Despois dun ano de pandemia, o 57% dos fogares galegos chega a final de mes con dificultades
A proporción de familias con problemas económicos é o máis elevado dende o ano 2015. A situación afecta especialmente aos fogares unipersoais, monoparentais e ás parellas con fillos.
'Negro púrpura' abre a Mostra de Cinema Etnográfico, que afonda na memoria histórica con perspectiva de xénero
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego inaugúrase este martes co documental que afonda na historia do "LSD do centeo". O evento combinará ata o vindeiro sábado as proxeccións presenciais e os visionados en liña.