Novos horizontes para a narración oral: volve o Festival Atlántica cunha edición ao aire libre
Quico Cadaval, Paula Carballeira, Celso Sanmartín, Charo Pita, Thomas Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera e ata 35 artistas participan do 1 ao 11 de xullo no festival de narración oral Atlántica
- Vídeo
- Cultura
O audiovisual traspasa as aulas na edición 10+1 do festival Olloboi
A canteira audiovisual galega demostra o seu pulo nunha nova edición do certame escolar Olloboi de Boiro, que acolleu 142 pezas a concurso. Os realizadores Andrés Goteira, Suso López, J.M. Tubío, Cris de la Torre, Xaime Miranda, Sabela Blanco participaron no xurado desta edición 10+1 adaptada á pandemia da COVID-19
Aumenta en Galicia un 3,4% o número de mulleres que denuncian ser vítima de violencia machista
En Galicia 1.434 mulleres denunciaron ser vítimas de violencia de xénero nos xulgados no primeiro trimestre de 2021, e aumentaron as denuncias un 1,6%. Desde o levantamento do estado de alarma, o pasado 9 de maio, foron asasinadas en todo o Estado 10 mulleres e un menor.
Máis de 500 hectáreas ardidas no Courel e Salvaterra nos primeiros incendios importantes de xuño
A fin de semana saldouse con dous importantes focos en Salvaterra de Miño e Folgoso do Courel, controlados desde a pasada madrugada.
O PP galego maniféstase sen Feijóo contra os indultos aos líderes independentistas cataláns
O número 2 dos populares galegos falou de "centos de milleiros de españois" os que saíron este domingo á rúa para "gritar que o noso país e a nosa democracia non está en venda"
Unha manifestación rexeita a universidade privada que impulsa Abanca por basearse na capacidade económica e non no mérito
A marcha que recorreu as rúas de Santiago criticou que o novo centro, apoiado polo PP, non complementa a oferta das universidades públicas, como establece a lei para a súa apertura
O Tribunal Superior recoñece o dereito dunha traballadora a que Mercadona a cambie de sede para conciliar
A sentenza condena á empresa a indemnizar ademais á muller “polos danos morais causados”
Á feira cun só clic: Son de Lugo xunta a produtoras agroalimentarias da provincia nunha tenda dixital
Dos lácteos ao peixe, das carnes e embutidos ás verduras e a froita. Unha ducia de produtores únense en Son de Lugo para comercializar os seus produtos frescos. A iniciativa nace do impulso da cooperativa A Carqueixa co apoio da área de Medio Rural da Deputación lucense
Defende a Galega pide o amparo da Valedora do Pobo para que inste a CRTVG ao cumprimento da lei de medios
O persoal dos medios públicos mobilizado en Defende a Galega piden o apoio da Valedora do Pobo para lograr a renovación da Dirección Xeral e pór o freo ao "desmantelamento" da CRTVG
A Xunta cifra nuns 74 millóns o seu gasto anual en residencias privadas de maiores
A Xunta revela que o 'Bono Autonomía' para as persoas con dereito a unha praza residencial pública, que son derivadas á privada por falta de dispoñibilidade, custa 25 millóns ao ano
Terceiro gromo de coronavirus nunha granxa de visóns en Galicia, esta vez Carral
Medio Rural manifesta que cinco visóns desta explotación de Carral deron positivo no virus SARS-CoV-2 nun control rutineiro do protocolo de prevención
O Consello Económico e Social chama a ″combater a falsa naturalidade do tratamento do galego como lingua menor″
O órgano consultivo da Xunta reclama aos poderes públicos o desenvolvemento das leis para impulsar o pleno uso do galego tamén no eido económico