A máscara deixa de ser obrigatoria ao aire libre se hai distancia de seguridade case un ano despois
Desde este sábado, non será obrigada a protección no exterior de manterse metro e medio con persoas non conviventes, pero segue a ser necesaria en espazos interiores.
O PP reconstitúe o bipartito con Jácome no Concello de Ourense
Os populares racharan a coalición que constituíran con DO a cambio de manter a Baltar na Deputación esgrimindo as acusacións de irregularidades contra o alcalde de membros do seu propio partido, que quedaron arquivadas o pasado xaneiro. Segundo o anunciado por Jácome, que reclamou diversos investimentos da Xunta para recompoñer o acordo, o PP asumirá sete concellarías no novo bipartito, pero a Xunta de Goberno será paritaria, con tres membros de cada partido
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 5: Historia(s) da internet galega
Desde a cuarta década da internet galega, no quinto episodio do podcast 'Retrocorenta' miramos cara a atrás (e cara a adiante) coas xornalistas María Yáñez, Marta Veiga, Manuel Gago e Rocío Castro. Do IRC a Twitch, de Blogaliza ao Galitwitter pasando polo Fotolog.
- Obituario
- Política
Adeus a Xaquín Álvarez Corbacho, recoñecido economista e primeiro alcalde do Grove tras o franquismo
Catedrático de Economía Aplicada e Facenda Pública ex-conselleiro do Consello de Contas, faleceu aos 79 anos anos na localidade da que foi rexedor polo PCG entre 1979 e 1981.
- Reportaxe
- Acontece
Nas dúas beiras do espello: precariedade, sobrecarga e frustración na intervención social
Profesionais de distintos ámbitos do Traballo Social falan sobre a pandemia e as súas consecuencias en ambos os dous colectivos ligados á intervención social: o persoal e as persoas usuarias. Falta de persoal e de medios deixan en evidencia a febleza dos servizos sociais en Galicia. A precariedade laboral esfarela a experiencia profesional acumulada, subliñan
O Goberno de España aproba os indultos do 'procés' para "responder á profunda crise social e política"
"Tomamos a decisión porque é a mellor para Catalunya, para España e a máis conforme co espírito de concordia e de convivencia da Constitución", di Sánchez. O Govern cre que dan "credibilidade" á vía negociada pero tamén que "é a hora dun referendo pactado co aval internacional".
Pedro Sánchez confirma a concesión dos indultos aos líderes do 'procés' catalán para "buscar a concordia"
O indulto "nin cuestiona nin revoga a sentenza; simplemente é outro plano, xa non o xudicial", defendeu Sánchez nun acto en Barcelona para anunciar a decisión, onde defende que "a confrontación non serviu para resolver ningún problema". "O único que esiximos é que uns e outros nos ateñamos ao pacto constitucional", sinala. Para o Goberno catalán, os indultos son "un paso no camiño do diálogo", pero insuficiente
Movementos pola memoria histórica reivindican en Meirás a apertura do pazo e o freo á "rapina" dos Franco
"Estamos aquí porque a batalla por Meirás non rematou" subliñou o movemento 'Defende Meirás' na primeira marcha tras a sentenza xudicial que ratificou que o pazo é patrimonio público e non dos herdeiros do ditador. A plataforma lamenta que o Estado non permitise celebrar o acto nos xardíns do Pazo: "Nunha democracia normal, as portas estarían abertas", afirman
O PP elixe para o Consello da CRTVG a un antigo xefe de comunicación de Fraga na Xunta
Alfonso Cabaleiro, que tamén foi secretario xeral de Medios con Feijóo, é a única mudanza nos postos do PP no Consello. Nos outros tres seguirán persoas de ampla traxectoria como asesores dos populares mentres Sánchez Izquierdo continúa como director xeral por tempo indefinido. A representante do BNG será Carme Vidal e o PSdeG propón a Irene Viña; ambas son xornalistas, traballaron en medios e mais en postos de comunicación coas respectivas forzas políticas
O Goberno central négase a que a SEPI merque a planta de Alcoa na Mariña e complica a súa venda
O comité advirte de que "é moi importante que a sociedade estatal entre" porque é a súa "garantía" de que a multinacional "non vai facer o mesmo que fixo coa Coruña e Avilés".
- Vídeo
- Mundo
A "travesía pola vida" do Exército Zapatista prevé chegar esta fin de semana a Vigo
A delegación anuncia a súa chegada entre o 19 e o 20 de xuño a Galicia para iniciar unha xira por Europa que a levará a unha vintena de países.
- Con vídeo
- Cultura
"O meu co português foi um match total": docentes procuran o "amor à primeira vista" do alumnado galego coa lingua portuguesa
A asociación Docentes de Português na Galiza busca cunha campaña facer visible entre a mocidade galega a posibilidade de estudar portugués tanto na ESO como no Bacharelato. Fano cun vídeo ateigado de referencias recoñecibles para a xente moza