O Goberno de España entra na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e admite o "notable impulso" galego para logralo
"Cabe reseñar o notable impulso" de Galicia á candidatura, sinala o Ministerio de Exteriores, que lembra que a Academia Galega da Lingua Portuguesa e o Consello da Cultura Galega xa son observadores consultivos da CPLP. A Xunta, que tamén participou na cimeira, agarda que a incorporación de España como observador asociado permita que o Goberno galego "teña unha presenza directa nos órganos" da CPLP
O Supremo confirma que o Estado debe indemnizar con 182.000 euros á familia de José Couso por non darlle protección diplomática
O tribunal censura que España dese “por boas as reducidas explicacións” de Estados Unidos do seu ataque ao hotel no que estaba o cámara galego e non buscase “unha valoración obxectiva dos feitos, coas consecuencias que resultaran procedentes”
A Culturgal regresa en novembro de forma presencial e reivindica a acción cultural ao vivo e o contacto co público
A feira, que se celebrará en Pontevedra entre o 26 e o 28 de novembro, reclama o papel da cultura para "superar a crise" e como "punto de encontro". Ábrense as convocatorias de reserva de stands e de programación de eventos.
Migracións aprobará a regularización administrativa dos mozos que tentaron evitar a agresión a Samuel Luiz
Amigas de Samuel Luiz ratificaron que os dous mozos, de orixe senegalesa, "tentaron afastalo de onde se estaba producindo a agresión, pero eran eles contra unha manda". A Secretaría de Estado de Migracións ratifica que traballa na regularización dos dous mozos para aprobala "nun prazo moi breve" e o delegado do Goberno de España en Galicia sinala o permiso de traballo como posible vía para facelo
O protocolo COVID no ensino para o vindeiro curso relaxa as medidas de seguridade e recorta os reforzos de persoal
O alumnado poderá compartir o material, elimínase a posibilidade do ensino semipresencial no Bacharelato e permítese que os grupos de convivencia estable interaccionen con outros grupos do mesmo curso, sobre todo ao aire libre. Porén, CIG-Ensino denuncia que "haberá menos persoal" e que se eliminan a maior parte dos desdobres e reducións de ratios.
Pedro Sánchez prescinde de Carmen Calvo e eleva a Nadia Calviño nunha profunda remodelación do seu Goberno
Marchan tamén Arancha González Laya, José Luis Ábalos, Isabel Celaá, Juan Carlos Campo, Pedro Duque e José Manuel Rodríguez Uribes. Os cambios, que non afectan ás carteiras de Unidas Podemos, buscan conformar un Executivo máis "político" que enfronte o proceso de recuperación económica e a confrontación con PP e VOX
A Casa-Museo de Rosalía fai 50 anos e abre as fiestras para visitala dende calquera lugar do mundo
O inmoble foi rehabilitado e aberto ao público o 15 de xullo de 1971. A Fundación Rosalía de Castro prepara un ano enteiro de actividdes para conmemorar o medio século de historia do espazo que inclúe unha ferramenta para percorrelo de forma virtual, ademais de concertos ou diálogos literarios
A xuíza envía a prisión a tres dos acusados do asasinato de Samuel por risco de fuga e destrución de probas
A xuíza considera que estas catro persoas poden ser autoras dun delito de "homicidio ou asasinato", o cal será definido no transcurso da instrución. A cuarta imputada maior de idade queda en liberdade, pero con obriga de comparecer no xulgado. A decisión foi adoptada escasas horas despois de dúas novas detencións, de dous varóns menores de idade, aos que a Policía considera tamén autores do crime
A Policía acusa de homicidio aos catro detidos por matar a Samuel Luiz e a un deles, tamén de apropiación indebida
O cuarto detido é acusado de homicidio e tamén de apropiación indebida por quedar co teléfono móbil da vítima. "Todas as liñas de investigación continúan abertas", asegura a Delegación do Goberno de España en Galicia, que agrega que seguen sen desbotarse novas detencións
Psicólogos clínicos do SERGAS critican a "errática e precaria" aplicación do Plan Galego de Saúde Mental nun contexto agravado pola pandemia
A asociación que agrupa estes profesionais alerta de grandes diferenzas no acceso aos distintos programas e servizos segundo o concello de cada persoa usuaria. Esta fenda maniféstase especialmente entre os ámbitos rural e urbano
A Policía detén tres persoas acusadas de mataren a Samuel
As persoas detidas teñen entre 20 e 25 anos e residen na Coruña. A Delegación do Goberno de España en Galicia e a Policía especifican que a operación segue aberta e "non se descartan" máis detencións nas próximas horas
- Con vídeo
- Movementos sociais
Adolescentes que emigran en solitario amosan a súa realidade no proxecto audiovisual 'A Tribo': "estas curtas son a nosa voz"
22 mozos en mozas galegas en situación de vulnerabilidade, protexidos por exemplo polo sistema de vivendas de acollida e tutela, gravaron catro curtametraxes nunha iniciativa impulsada polas ONGD Agareso e Igaxes.