Sen touradas en Pontevedra por segundo ano consecutivo
Tras anos de devalo, os organizadores da feira taurina víronse obrigados a cancelala en 2020 por mor da pandemia e neste 2021 admiten que as medidas pola COVID converten en "inviable" o evento, que ía ter unha soa xornada. O colectivo 'Touradas fóra de Pontevedra' subliña a súa principal reivindicación tras dous anos sen o evento: a conversión da praza de touros nun centro cultural
Jácome critica a concesión da Medalla de Galicia ao persoal de vacinación e o PP censúrao tras reconstituír o bipartito con el
O alcalde de Ourense cuestiona recoñecer coa Medalla "aos enfermeiros que pican a agulla no brazo aos cidadáns" porque "poñer unha vacina non require unha pericia particular" e "non son voluntarios"
CIG-Ensino alerta de que a redución de docentes en Secundaria que ultima a Xunta "vai máis alá" de retirar reforzos pola COVID
Educación está a comunicar aos institutos os resultados que, en termos de persoal, ten a redución da distancia de seguridade entre estudantes, entre outras medidas. A central sindical, tras consultar con institutos de toda Galicia, recompilou xa unha trintena de centros que perderán "máis de cinco docentes" e outros moitos, mantén, cunha redución de "3 ou 4" no seu plantel
O PSdeG avanza que tras a pandemia toca “o reto de actualizar” o Estatuto de Autonomía
Os socialistas salientan na súa tradicional ofrenda a Castelao en Rianxo o seu “compromiso galeguista e federalista”
Ana Pontón louva á “xente grande” de Galicia que “fai e fará este país máis grande” fronte aos “dogmas do liberalismo e o centralismo”
“Galiza non pode xogar na liga das rexións, nós xogamos na liga das nacións para poder avanzar”, di a portavoz nacional do BNG
As matronas galegas retrucan ao Consello Xeral de Colexios Médicos: "A violencia obstétrica existe"
O Consello Xeral de Colexios Médicos, ante o manexo do termo "violencia obstétrica" por parte do Ministerio de Igualde, afirmou que "non se axusta á realidade" e "criminaliza" o persoal médico. A Asociación Galega de Matronas cita "o incumprimento de recomendacións das taxas recomendadas de cesáreas ou de indución ao parto" como exemplos de violencia obstétrica
Veciñanza de Monfero bótase á rúa tras quedar o seu centro de saúde cunha soa médica
A veciñanza subliña que a dispersión da poboación e a súa elevada idade media fai preciso cubrir a praza do doutor xubilado. "Se hai dúas urxencias, a resposta vai ser a da última vez, que a doutora escolla a prioritaria?", pregúntanse
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 6: Saímos á noite
Neste sexto programa de Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao, imos da verbena á discoteca con Pili Pampín e co novo responsable da sala Hermo, Plenario Veiga. Lembramos as míticas noites do Yguazú en Lugo e saímos de festa por Ordes con Matías Tarrío
Unha ducia de bandas galegas no Festival Noroeste da Coruña
Bala, Baiuca, Ataque Escampe ou Triángulo de Amor Bizarro, no cartel dun Festival Noroeste adaptado ás restricións da pandemia polo que tamén pasarán, do 6 ao 8 de agosto, grupos e artistas como Javiera Mena, Mujeres, Zahara ou Marlango
Migracións concede permisos de traballo e residencia aos dous veciños da Coruña que auxiliaron a Samuel Luiz
Ibrahima e Magatte interviñeron asumindo un dobre risco: o da agresión física, mais tamén o de seren identificados como inmigrantes 'ilegais' implicados nun altercado e expoñérense á expulsión
A Xunta pide que o Estado financie o traslado de ENCE cos fondos europeos de recuperación
O vicepresidente Conde, que a pasada semana ligou a sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga outorgada polo Executivo de Rajoy a decisións políticas de PSOE e BNG, asegura que, por "realismo", pide que o Goberno de España poida financiar "unha alternativa ao peche" da papeleira a través dos fondos europeos de recuperación
O Concello de Ribadeo reclama máis vixilancia á Xunta para evitar que turistas amoreen pedras na praia das Catedrais
En 2014, antes da implantación dos controis de acceso a Augas Santas, o Concello de Ribadeo xa alertara dos efectos da "moda absurda" de amorear pedras e outras prácticas como raiar os cantís con elas. "Hai anos conseguírase poñer fin a estes comportamentos pero, polo que parece, de novo é necesario tomar medidas ao respecto", sinala Fernando Suárez, alcalde ribadense, na carta á Consellería de Medio Ambiente