Ana Miranda será a cabeza de lista do BNG na alianza con ERC e EH-Bildu para as europeas
O trixésimo venres negro intenta que Feijóo se pronuncie persoalmente sobre o deterioro da CRTVG
O presidente galego vén desentendéndose da aplicación da lei que debera mellorar a independencia dos medios públicos galegos que el mesmo impulsou en 2011
O número de libros publicados en galego volve descender e segue en mínimos
O número de títulos é un 53% inferior ao de 2008. Despois dunha leve recuperación en 2014 e 2015, os dous últimos anos amosan unha nova tendencia negativa, ficando a cifra total en 972, fronte aos 2.070 de hai unha década.
Unha ducia de entidades piden unha RISGA "suficiente" para resolver as necesidades básicas
Vigo, A Coruña e Compostela acolleron a presentación da campaña Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito, que reclama un incremento da actual contía da renda de inclusión social (403 euros mensuais) e unha tramitación sen "burocratizacións innecesarias". A Xunta aprobará con máis de catro anos de atraso o decreto que a regula.
O persoal de Alcoa advirte ao Goberno central de que as súas medidas non van chegar a tempo
Asegura que as iniciativas son "a seis meses" e que as plantas da Coruña e Avilés, ameazadas de peche "non teñen tanto tempo". Traballadores das factorías galega e asturiana convocan unha folga e mobilizacións conxuntas para o vindeiro día 19.
A corrupción cústalle 90.000 millóns de euros anuais ao Estado
Un informe do grupo Os Verdes / ALE cifra en máis de 900.000 millóns de euros o custo das prácticas corruptas na UE e destaca España como un dos Estados máis afectados, onde as perdas de cartos públicos supoñen dúas veces os investidos en educación.
Persoal da CRTVG reclama medios públicos "sen inxerencias políticas" no 29º venres negro
Os profesionais centran as súas protestas na demanda dunha televisión e radio públicas "plurais, que informen e formen con independencia do partido que estea no Goberno".
Sada mobilízase ante o peche dunha escola unitaria en pleno curso
A Consellería de Educación decidiu cerrar o centro de Carnoedo á volta das vacacións de Nadal pola escaseza de alumnado. Familias, cidadanía e todos os grupos da corporación sadense critican a medida e lamentan que nin tan sequera se espere a xuño para botar o feche.
Un informe desvela que a mineira de Touro usou unha balsa como vertedoiro irregular durante anos
Un informe da UDC achegado pola empresa a requirimento da Xunta confirma que a corta de Vieiro acolleu durante anos materiais que supoñen máis de 110.000 metros cúbicos, segundo desvela Adega.
Os médicos de familia denuncian "o deterioro" da Atención Primaria en Galicia
A AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria) sinala que o gran problema é "a falta de financiamento" e di que "a lamentable situación dos PAC e da pediatría son unha mostra máis da falta de planificación da organización sanitaria". "Non estamos en tempos de comisións, estamos en tempo de decisións", conclúen.
O BNG critica a “patraña da descentralización" e pide soberanía “para mellorar a vida das persoas"
Ana Pontón reclama nun acto celebrado na Praza do Obradoiro "un novo status político" para Galicia que a recoñeza "como nación". Afirma que "esta é a Constitución dos herdeiros do franquismo reconvertidos a demócratas"
350 persoas participaron nas accións das Brigadas deseucaliptizadoras
Ao longo do ano estes grupos traballaron eliminando especies invasoras en 500 hectáreas de terreo en Corcubión, Lousame, Cenlle, Dodro, Cerdedo-Cotobate, Ponteareas ou Pazos de Borbén, onde terá lugar a unha nova actividade o 12 de xaneiro