Pablo Costas regresa a Galicia tras 11 meses retido en Iemen entre críticas a Australia e á actuación do Estado español
O mariñeiro aterrou este venres en Madrid e este sábado ao mediodía diríxese dende Casa do Concello de Bueu á cidadanía da vila para agradecer o apoio emprestado. Acusa do seu "secuestro" á actuación do "lobby" australiano pero tamén á "inacción" da anterior ministra de Exteriores, Arancha González Laya
O Estado acusa a Xunta de "mentir e manipular" por negar que fose advertida do baleirado dos encoros
A Consellería de Medio Ambiente abre expediente á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil no mesmo día no que se coñece que a Administración galega obviou os avisos de Iberdrola sobre o baleirado en Cenza e As Portas.
O Parlamento europeo debate o posible dano ambiental dun parque eólico na Costa da Morte
A Comisión de Peticións da Eurocámara mantén aberta a denuncia presentada pola Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo sobre a instalación prevista no Monte das Salgueiras, a carón dunha zona protexida da Rede Natura e que afecta aos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica.
O novo plan para a desescalada na hostalaría permitirá a reapertura das barras nos bares
Xunta e sector negocian un novo protocolo que Sanidade espera que quede aprobado a vindeira semana.
Boas novas no Camiño: Exemplos inspiradores de boa xestión cultural dende Galicia e para o resto do mundo
A iniciativa celebra en Lugo este venres a primeira das súas xornadas co Arde Lucus como proxecto galego seleccionado. Tui, Ribadavia e Betanzos tomarán o relevo nas vindeiras semanas
Liberado Pablo Costas, o mariñeiro de Bueu retido en Iemen dende hai 11 meses acusado de pesca ilegal
Costas ten xa o seu pasaporte e agora debe saír do país, probablemente a través dun voo ao Cairo. A CUT, que liderou as mobilizacións para esixir a súa liberación, celebra a medida, pero lembrou as condicións "insalubres" nas que viviu nos últimos meses, "secuestrado nun país en guerra"
Deleite lanza o leite A2, máis dixerible e polo que as granxas reciben un prezo máis alto
A marca galega, impulsada por gandeiros do país, desenvolveu esta variedade de forma natural, seleccionando vacas que producían leite sen a proteína A1, responsable das molestias dixestivas que sofre unha parte da poboación ao beber leite. É a primeira vez que se comercializa a grande escala no Estado español e unha das primeiras veces en Europa.
Ana Pontón abre un "período de reflexión" para decidir se segue a liderar o BNG
A portavoz nacional do Bloque asegura que a vindeira asemblea nacional de novembro pecha o "ciclo político" da formación nacionalista iniciado en 2016: "Da resistencia, á consolidación e finalizando co despegamento".
Unhas xornadas en Lugo, Ribadavia, Tui e Betanzos buscan afianzar as boas prácticas culturais nos Camiños de Santiago
A iniciativa impulsada pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) componse de conferencias, seminarios, foros e actividades formativas, centradas na música e as artes escénicas, a arquitectura, a xeografía e a etnografía e mais a gastronomía
A Xunta volve negar o reforzo de profesorado que reclama a comunidade educativa
O conselleiro Román Rodríguez xa advirte da "translación ao cadro docente" da redución da distancia interpersoal entre alumnado de 1,5 a 1,2 metros e aclara que só se decidirá sobre se reforzar ou non o persoal cos datos definitivos do curso.
A Xunta centra as súas críticas polo baleirado dos encoros no Goberno central e obvia as eléctricas
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, envía unha carta á ministra para a Transición Ecolóxica na que lle pide que aclare se o seu departamento autorizou o descenso do nivel dos encoros por baixo do 20%.
Fabricantes de coches e os concesionarios propoñen a instalación en Galicia de 16.400 puntos de recarga eléctrica para vehículos
A Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións (ANFAC) e a patronal dos concesionarios (Faconauto) piden que no 2023 os actuais 330 puntos de recarga galegos aumenten ata os 3.155, chegando a 16.426 no ano 2030.