Estas empresas traballan en galego en Santiago, Ames e Teo
O portal #GalegoEmpresas agrupa os negocios da contorna compostelá que utilizan con normalidade a lingua galega na súa actividade cotiá
O PP asume no Parlamento a colaboración da ditadura franquista co nazismo
Os catro grupos con representación na cámara apoian unha Declaración Institucional en recordo das vítimas do Holocausto que sinala a responsabilidade do Franquismo no envío de milleiros de republicanos españois (uns 200 galegos) aos campos de concentración de Hitler.
Unha nova manifestación reactiva a mobilización polas pensións en Galicia
A CIG reclama a derrogación das reformas laborais para que un maior número de traballadores activos permita manter un sistema de pensións máis forte
A xuíza cita como investigada unha edil da Coruña pola cesión do antigo cárcere que denunciou o PP
O procedemento xudicial ten na súa orixe unha denuncia do PP local contra a cesión de uso do vello cárcere provincial á asociación Proxecto Cárcere, despois asumida pola Fiscalía
A Unión Europea pide eleccións en Venezuela, pero non recoñece como tal ao autoproclamado novo presidente
O presidente dos EUA, Donald Trump, recoñece a Juan Guaidó como presidente interino. Brasil, Colombia, Perú, Ecuador ou Costa Rica tamén apoian o pronunciamento mentres seguidores de Maduro se mobilizan.
O PSdeG reclama que a Xunta colabore na identificación dos 54 galegos mortos na prisión de San Cristovo
En maio Galicia foi un dos catro territorios que rexeitou participar no 1º Encontro da Rede Interautonómica de Memoria Histórica. Navarra pide axuda para recuperar os restos dos centos de presos que perderon a vida, moitos deles galegos
Morre Arturo Lezcano, xornalista durante máis de medio século
Nacido en Ourense, finou na Coruña aos 79 anos de idade. Traballou en La Región, La Voz de Galicia e Ferrol Diario, do que foi director. Foi tamén vicepresidente da Fundación Vicente Risco.
O Supremo obriga a Google a ocultar unha información sobre un garda forestal da Xunta denunciado por caza furtiva
O alto tribunal estima que é a multinacional quen ten que facerse responsable de retirar o contido que co paso do tempo sexa “substancialmente inexacto”
Crise sen precedentes entre o Reino Unido e a UE tras a dura derrota do plan de May para o Brexit
O rexeitamento parlamentario ao acordo formulado por May tornou "na peor derrota dun goberno na historia moderna" do Reino Unido e a Unión admite o incremento do risco dunha saída sen acordo mentres se abren outros escenarios como eleccións xerais ou mesmo un segundo referendo
Naturgy confirma ao Estado que non vai cumprir a normativa ambiental e pechará a térmica de Meirama
A antiga Gas Natural Fenosa pídelle ao Goberno central autorización para pechar a instalación de Cerceda tras non realizar os investimentos necesarios para cumprir cos requisitos medioambientais da UE. Propón un investimento de 80 millóns e a creación dun novo parque eólico.
Dependencia, vivenda e obras, maiores subas do orzamento clave na continuidade do Goberno do PSOE
O Consello de Ministros dá luz verde aos primeiros Orzamentos da etapa de Sánchez, cuxa difícil aprobación é transcendental para a continuidade ou non da lexislatura. Coa entrega do proxecto ao Congreso será público o investimento territorializado, que no caso galego previsiblemente volverá baixar polo remate das grandes achegas para as obras do AVE
Alcoa propón despedir o 70% do persoal e seis meses para atopar unha alternativa ao peche
Os traballadores rexeitan un plan que inclúe prexubilacións, maiores indemnizacións das previstas e algunhas recolocacións por non contemplar proxecto viable ningún para manter a actividade e o emprego.