Cruz Vermella alerta da vulnerabilidade social nas zonas despoboadas e pon como exemplo a comarca de Viana
Idade, pobreza, xénero ou dependencia son vulnerabilidades, di a organización, que “non se superpoñen, senón que se tecen, dando lugar a condicións de vida especialmente difíciles”
O San Froilán de Lugo olla cara á normalidade cun cento de actividades festivas
As festas patronais lucenses recuperan finalmente neste 2021 tamén o recinto feiral, as barracas, aínda que cun dispositivo de seguridade especial por mor das normas da COVID. Bandas e artistas como Grande Amore, Baiuca, Guadi Galego, Ángel Stanich, El Drogas, Maria Arnal e Marcel Bagès, Tanxugueiras ou Manel destacan no programa festivo xunto a múltiplos grupos locais e outras actividades culturais e deportivas
Gonzalo Caballero acusa de "convivencia" co PP a Formoso, que reivindica a xestión municipal do PSdeG
O actual secretario xeral dos socialistas culpa do "retroceso" do partido na provincia da Coruña ao presidente da Deputación, que aposta pola "fórmula" dos concellos gobernados polos socialistas para a Xunta.
Queimas simbólicas de facturas eléctricas protestan contra a suba da luz en 24 cidades e vilas galegas
Os actos foron convocados pola CIG, que reclama políticas que garantan "uns prezos xustos", e tamén a recuperación da xestión pública das centrais hidroeléctricas e a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega.
O festival de Galicreques recupera as funcións escolares presenciais grazas á mellora da situación sanitaria
No 2020 as funcións escolares tiveron que ser realizadas de xeito online, pero nesta ocasión haberá sete representacións para centros de ensino en distintas salas compostelás. O festival de marionetas retoma unha das súas vocacións: "o achegamento ás novas xeracións" e a "creación de novos públicos"
Unha nova mobilización masiva en Viveiro esixe a continuidade dos postos de traballo de Vestas
A marcha reclamou a paralización do ERE anunciado pola empresa e que podería afectar a 115 traballadores, agudizando a crise industrial da Mariña. Entre 3.500 e 4.000 persoas participaron na manifestación, segundo as cifras da Policía Local.
Unha investigación sitúa o nacemento de Rosalía no 23 de febreiro e non no día 24, como ata agora
A filóloga Sagrario Abelleira localizou no Archivo Histórico Diocesano de Madrid un documento inédito, achegado pola nai da poeta, que fixa no 23 de febreiro de 1837 o seu nacemento, como adianta La Voz de Galicia. A Fundación Rosalía de Castro indica que este documento "trae máis luz ao que coñecemos da vida" da autora e anuncia que "a vindeira semana daranse a coñecer aínda máis datos de interese dos seus primeiros anos"
A cultura galega recupera aos poucos a súa actividade anterior á COVID, agás as artes escénicas
Dúas de cada tres empresas culturais desenvolven a súa actividade "con normalidade" e o 82% ten todo o seu cadro de persoal activo, segundo as cifras que publica o Observatorio do Consello da Cultura Galega. Porén, o 75,7% das empresas enquisadas segue a facturar menos que en 2019 e un terzo delas detalla perdas de máis do 50% con respecto a aquel ano.
Outro berro masivo en Vigo pide máis medios para unha Atención Primaria "en perigo extremo"
Unhas 20.000 persoas maniféstanse en defensa da sanidade pública e reclaman máis persoal nuns centros de saúde "ao bordo do colapso".
A suba do prezo da luz dispara a inflación ao 4%, o nivel máis alto nos últimos trece anos
O encarecemento da electricidade e, en menor medida, dos carburantes, disparan a inflación a taxas non vistas desde 2008.
Volven os Premios Youtubeiras co obxectivo de consolidar a comunidade creadora de contidos en galego
Os galardóns inclúen 12 categorías e 7.500 euros en premios. Nesta ocasións haberá que presentar un mínimo de cinco vídeos. O certame está organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.
Unha mostra virtual sobre 'Muller e Videoxogos' reivindica o papel das creadoras galegas e internacionais nesta industria cultural
O Museo do Videoxogo de Galicia, con sede en Cangas, bota a andar a exposición coincidindo co inicio dunhas xornadas na Universidade da Coruña que durante o vindeiro mes incluirán conferencias, obradoiros e encontros virtuais