Xornalistas de todos os medios galegos recibirán formación en igualdade de xénero
O convenio entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Xunta promove esta formación para atallar "as prácticas inadecuadas que perpetúan a normalización da desigualdade entre homes e mulleres" desde os medios de comunicación
Conexión.gal chega a Malí para coñecer unha galega que loita contra as minas antipersoa
A compostelá Aida Ariño cóntanos dende a República de Malí moitas das súas experiencias tras preto de vinte anos emigrada. Desde as Nacións Unidas, optou por estar onde pasan as cousas e ir alí onde se desenvolven programas tan destacados como o que traballa pola erradicación das minas antipersoa
Pedro Sánchez revalida a secretaría xeral dun PSOE que di apostar por unha “cultura federal” do Estado
A executiva do partido seguirá contando coa presenza da galega Pilar Cancela, secretaria de Estado de Cooperación Internacional
Feijóo nomea conselleiro de Facenda tras a morte de Valeriano Martínez a Miguel Corgos, ata agora director de Orzamentos
O presidente opta por ascender á persoa que desde 2009 se encargaba da elaboración das contas públicas en pleno proceso para a aprobación das do próximo ano
- Galería
- Movementos sociais
As rúas de Oviedo berran pola oficialidade do asturiano e do galego en Asturias no novo Estatuto do Principado
O lema "oficialidá" presidiu as principais pancartas e espallouse polas redes sociais
- Entrevista | Lara Alonso
- Cultura
"O panorama audiovisual é un mundo masculino no que os homes tenden a pechar tratos entre eles"
Lara Alonso é a directora do documental Onde estamos nós, sobre as mulleres cineastas en Galicia, que vén de pasar pola Semana do Cine de Lugo
Condena firme da xustiza ao alcalde do PP que chamou á presidenta da Deputación de Pontevedra "chacha para todo"
A Audiencia de Pontevedra desestima o recurso do alcalde de Vilanova de Arousa e considera que os ataques do edil do PP a Carmela Silva obedecen á súa condición de muller. O deputado Carlos Font reclama ao PP que aparte a Gonzalo Durán do partido
O Estado desbota o plan apadriñado pola Xunta para que Ence esquive a sentenza que anulou a súa permanencia na ría
Transición Ecolóxica subliña que "non é viable" legalmente adscribir a fábrica ao porto de Marín, posibilidade que a propia Ence nin menciona na información aos seus accionistas sobre os posibles escenarios tras a sentenza. O Ministerio anuncia o encargo dun informe sobre posibles lugares alternativos para a fábrica e subliña que o Estado estaría disposto a "acompañar financeiramente" un novo proxecto de Ence en Galicia fóra da ría "con valor engadido"
Chega á sede danesa de Vestas o traballador de Viveiro coa carta contra o peche: "A fábrica é produtiva e dá ganancias"
Alejandro Paleo, ciclista e traballador da eólica Vestas en Viveiro, chega á sede da multinacional en Dinamarca para trasladar aos directivos da empresa a necesidade de manter os 115 postos de traballo na Mariña: "Traballamos con seguridade e con calidade". Conversamos con el
Fenosa é condenada por facturar consumos estimados de xeito reiterado e cobrar igualmente o alugueiro do contador
A sentenza da Audiencia da Coruña chega tras unha demanda da Fiscalía en defensa dos consumidores
A vacinación contra a gripe comeza o luns co persoal sanitario e o día 25 coas persoas maiores de 65 anos e en residencias
A Xunta dispón este ano de 885.000 doses, unhas 40.000 máis que o ano pasado, cando foi inmunizado o 70% da poboación obxectivo de 60 ou máis anos
A falta de profesorado e os recortes erguen as mobilizacións das ANPA de Vigo
Foanpas, que aglutina máis de 80 asociacións de nais e pais de centros educativos da cidade e comarca, inicia este xoves mobilizacións ante a escaseza de docentes, sobre todo na atención a alumnado con necesidades especiais.