Baleirado económico da fábrica coa compra de 'bitcoins': o último capítulo da trama na antiga Alcoa
Os xestores de Alu Ibérica pagaron máis de medio millón de euros a unha comercializadora de viños en criptomoedas, segundo un informe da UDEF que revela novas "manobras defraudatorias" no desmantelamento da planta de aluminio da Coruña.
A cámara fai visible a fundamental e diversa muller rural da Pastoriza
O Concello da Pastoriza organiza por terceiro ano consecutivo un concurso fotográfico que busca visibilizar ás mulleres, mozas e nenas da localidade. A imaxe gañadora darase a coñecer este venres, co gallo do Día Internacional da Muller Rural
- Enquisa
- Política
Sen vitoria clara de monarquía ou república nun eventual referendo aínda que a maioría ve a Casa Real como anacrónica
No conxunto do Estado, algo máis do 43% da poboación sería partidaria dun referendo sobre monarquía ou república, segundo a enquisa do Instituto 40dB. para a Plataforma de Medios Independentes. Nesa eventual votación, a opción republicana estaría lixeiramente por diante no conxunto do Estado e en Galicia ambos modelos roldarían o empate técnico
Paulo Carril, reelixido á fronte da CIG, chama a "consolidar" a central como primeira forza sindical de Galicia
O secretario xeral anima no congreso do sindicato nacionalista a "ampliar" o seu liderado "en representatividade, afiliación e capacidade de mobilización" e critica o diálogo social por "xustificar os incumprimentos programáticos do Goberno de España".
Pedro Sánchez anuncia un plan de saúde mental dotado con 100 millóns
O xornalista galego Anxo Lugilde, que presenta un libro sobre a súa loita contra a depresión, intervén no acto da Moncloa, alerta da falta de psicólogos, reclama máis recursos e pide maior atención ás persoas que viven soas.
As zonas verdes nas urbes galegas: da escaseza da Coruña á abundancia de Santiago e Pontevedra
Un estudo do Instituto de Salud Global de Barcelona sinala que máis do 66% da poboación da urbe coruñesa vive en áreas con menos espazos verdes dos recomendados pola OMS, fronte ao 28,5% de Pontevedra ou o 25,4% de Santiago, das mellores situadas no ránking europeo.
O Estado ultima unha demanda polos bens de Patrimonio Nacional en Meirás, que acolle unha homenaxe ás vítimas do franquismo
O Goberno central aclara que a Avogacía do Estado apoiará o Concello de Sada na súa petición de estender a reclamación da titularidade pública a máis bens do Pazo.
Os Premios Martín Códax da música galega anuncian finalistas e miran xa á gala de entrega que volve acoller Pontevedra
En total, 51 proxectos e artistas optan ás 17 categorías dos galardóns, que se entregarán o vindeiro 27 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Este mércores celebrouse o tradicional Encontro de Finalistas
Endesa prepárase para volver queimar carbón nas Pontes no tempo engadido da central térmica
A multinacional compra mineral e inicia os preparativos para poñer de novo en funcionamento en caso de o solicite Red Eléctrica ante vagas de frío, a suba imparable do prezo da luz e as ameazas de restricións no mercado gasista.
Xosé Monteagudo gaña o Premio Repsol de Narrativa Breve cunha novela que funde a precariedade laboral co mundo dixital
A obra gañadora, Eternity, que será publicada pola Editorial Galaxia, convida a unha reflexión sobre o futuro da sociedade, destacou o xurado. O galardón, que chegou á súa 15ª edición, está dotado, ademais, con 12.000 euros.
- 🔊Podcast Retrocorenta
- Cultura
Retrocorenta 7: A tele que vimos medrar
No sétimo Retrocorenta falamos da televisión en Galicia, porque a tele funciona como un espello da sociedade e do país. Tanto a TVG como a delegación de Televisión Española en Galicia teñen un papel fundamental no día a día destes corenta anos de memoria colectiva e disto e moito máis conversamos con Tareixa Navaza, Xosé Ramón Gayoso e Belén Regueira.
As claves do plan de vivenda do PSOE e Podemos: dos límites a grandes propietarios á axuda de 250 euros
A lei de vivenda pactada polos socios do Goberno de España definirá como grandes propietarios a quen posúan 10 ou máis vivendas. Para eles, contemplará medidas de limitación de prezos e, segundo PSOE e UP, tamén menos beneficios fiscais. O "bono" de alugueiro anunciado por Pedro Sánchez durará dous anos e poderán pedilo persoas de entre 18 e 35 anos que ingresen ata 23.725 euros anuais